Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22223

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 30 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos/ás titulares de obradoiros artesanais para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN201G).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.17º, atribúelle á nosa Comunidade Autónoma competencias exclusivas en materia de artesanía. A Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia, establece o marco legal de actuación do sector artesán, en virtude das citadas competencias e establece a creación do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, de carácter público e voluntario, como instrumento que permite coñecer a dimensión de cada grupo artesanal e o alcance da acción administrativa circunscrita ao ámbito xeográfico da nosa comunidade.

O Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, indica que lle corresponde á Dirección Xeral de Comercio a planificación, coordinación e control das competencias da Consellería en materia de artesanía.

A importancia das actividades artesanais en Galicia reside non só nun plano social ou cultural, co que se adoitan identificar, senón que constitúen actividades con capacidade de xeración de emprego e riqueza desde o punto de vista económico. Abranguen, ademais, unha lista longa de oficios que se traduce nunha oferta produtiva moi diversificada que pode responder de xeito eficaz ás exixentes demandas do mercado actual.

A Consellería de Economía e Industria consciente da importancia social, cultural, patrimonial e económica da artesanía galega aposta por un sector artesán forte e capaz de adaptarse ás novas tendencias do mercado, motivo polo cal elaborou o Plan de artesanía de Galicia 2014-2016, que ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento dunha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector.

O plan configúrase como unha estratexia específica para a artesanía de Galicia e na súa elaboración contouse coa participación do propio sector que fixo achegas sustantivas para sinalar a mellor folla de ruta que se seguirá. O Plan, ademais de desenvolver liñas de acción concretas para un período de tres anos, recolle unha visión a máis longo prazo, imprescindible para acadar un sector artesán sólido e sutentar no tempo.

Entre as liñas de acción do plan, destaca o fortalecemento da comercialización da artesanía galega, que require entre outras actuacións, o acceso a novos mercados, tanto nacionais como internacionais, á apertura a clientes potenciais e a mellora da capacitación das empresas artesás a través da formación específica.

Así mesmo, a Xunta de Galicia, mediante o desenvolvemento do Plan Impulsa-Lugo, do Plan Impulsa-Ourense, do Plan Ferrol, Eume e Ortegal e do Plan Revive Costa da Morte pretende impulsar o crecemento e a creación de riqueza nos concellos comprendidos nos devanditos plans. Dado que as provincias de Lugo e Ourense e os concellos de Ferrolterra e da Costa da Morte se viron afectados con especial incidencia pola desaceleración no desenvolvemento das empresas existentes, así como unha menor implantación de novas iniciativas empresariais, considérase fundamental que a Dirección Xeral de Comercio, a través das súas liñas de axudas, favoreza as iniciativas comerciais implantadas nestas áreas xeográficas coa finalidade de estimular o seu desenvolvemento económico e social e mellorar o seu tecido comercial.

Cómpre, polo tanto, proceder á convocatoria de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para os obradoiros artesanais co obxecto de impulsar accións de formación especializada e de promoción comercial a través da participación en feiras e certames para o fortalecemento da comercialización da artesanía galega.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Economía e Industria en materia de artesanía, no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán.

2. Así mesmo, por medio desta orde, convócanse as devanditas subvencións para o ano 2014.

3. Para a concesión destas subvencións destínase un crédito de 320.000,00 € que será imputado á aplicación orzamentaria 08.02.751A.770.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2014. Esta cantidade poderase incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, cando o aumento veña derivado do:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 2. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

2. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante Lei 30/1992), utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

5. A Consellería de Economía e Industria velará polos datos de carácter persoal que serán obxecto de tratamento, e para tal efecto, procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter Persoal, adoptándose tanto as medidas de seguridade técnicas como organizativas.

A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.

Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros; non obstante, a Consellería de Economía e Industria revelará ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e se requira, de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso.

Decláranse recoñecidos e poderán exercerse os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición por escrito e enviando identificación abondo ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou ben mediante o procedemento habilitado para o efecto e que poderá encontrar na guía do cidadán da páxina web da Xunta de Galicia.

Artigo 3. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas, de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate de presentación de solicitudes.

Artigo 4. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN201G, poderase obter información na Dirección Xeral de Comercio e na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Consellería de Economía e Industria:

(http://economiaeindustria.xunta.es), na súa epígrafe de axudas ou www.artesaniadegalicia.org

b) Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo
https://sede.xunta.es

c) Nos teléfonos 881 99 91 78 da Dirección Xeral de Comercio.

d) Nos teléfonos 881 99 91 71 ou 881 99 91 75 da Fundación Centro Galego da Artesanía e Deseño.

e) Nos enderezos electrónicos cei.dxc.axudas@xunta.es e centro.artesania@xunta.es

f) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

Artigo 5. Recursos

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1º. Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2º. Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposicións derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Comercio para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2014

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos/ás titulares de obradoiros artesanais para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán (código de procedemento IN201G).

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega, a través do apoio aos obradoiros artesanais.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder dos límites cuantitativos de 200.000 euros nun período de tres anos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013,L352/1).

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en diante Lei 9/2007, consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

4. En concreto, considéranse actuacións subvencionables as desenvolvidas por titulares de obradoiros artesanais que a continuación se especifican, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2014 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2013 exixidos en concepto de anticipo para a participación en eventos expositivos realizados en 2014.

Serán subvenciónables os gastos que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata, seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira ou certame.

Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións.

a) Participación como expositor en feiras e certames profesionais nacionais ou celebradas no extranxeiro nos que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.

– A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 1.800 euros de subvención por certame, impostos excluídos.

b) Participación como expositor en feiras e certames non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da Comunidade Autónoma, que se celebren nos mercados nacionais ou internacionais.

– A porcentaxe subvencionable acadará o 80% do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por certame, impostos excluídos.

c) A participación en accións de formación especializada directamente relacionados cun oficio ou actividade artesá ou que contribúa a mellorar a capacitación e modernización da súa actividade.

Será subvencionable unha única acción de formación e exclusivamente para gastos de matrícula. A porcentaxe subvencionable acadará o 90% do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención.

5. Actuacións e gastos non subvencionables:

a) Gastos derivados da asistencia a feiras: construción das casetas, transporte do material, montaxe e desmontaxe, seguros non obrigatorios, vixilancia, contratación de persoal de atención ao público, de intérpretes, dietas de manutención, desprazamentos, aloxamento, publicidade e publicacións.

b) Gastos derivados de accións formativas: desprazamentos, aloxamento, manutención e material didáctico.

c) Os impostos recuperables ou repercutibles polo/a beneficiario/a e os investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro.

d) Aquelas que non estean directamente vinculadas coa realización da actuación subvencionable, e/ou directamente relacionada coa cualificación do/a artesán/á no RXAG.

Artigo 2. Financiamento e concorrencia

1. Para a concesión destas subvencións destínase un crédito de 320.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.751A.770.3, proxecto de investimento 2014.00337 Promoción e Comercialización da Artesanía de Galicia, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

2. O importe da subvención regulada nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do investimento subvencionable.

3. As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables.

4. O importe máximo de subvención, para o conxunto de todas as actuacións subvencionables, non poderá superar os 5.000 euros, IVE excluído, por entidade beneficiaria.

Artigo 3. Beneficiarios/as

1. Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os/as titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.

b) Figurar o obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia no momento da presentación da solicitude de axuda.

Artigo 4. Solicitudes

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e prazo que se indica na convocatoria.

2. Xunto coa solicitude, anexo II, deberá presentarse a documentación que se refiere a continuación.

2.1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante, orixinal ou copia compulsada, que deberá estar en vigor:

– Se é unha persoa física: só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade ou numero de identificación de estranxeiro.

– No caso de persoa xurídica:

– Número de identificación fiscal.

– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

– Só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade e documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración do representante legal da entidade solicitante.

– No caso de comunidades de bens:

– Número de identificación fiscal.

– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

– Deberán constar expresamente (anexo IV) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que será aplicado por cada un, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse un representante único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

2.2. Certificacións emitidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, no caso de ter iniciada a actividade.

As certificacións indicadas só se deben presentar no caso de que a entidade solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para que a solicite de oficio. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o devandito documento sen compulsar.

2.3 Documentación xustificativa. Memoria de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención, que incluirá a súa descrición, obxectivos e valoración das actuacións que se pretenden executar.

2.4. Facturas ou, no seu defecto, facturas proforma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas polo solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto, nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.

2.5. Para a participación nos eventos feirais, folla de solicitude de espazo da feira onde se especifiquen os servizos contratados e, así mesmo, no caso de certames e feiras non profesionais de artesanía, certificación dunha asociación profesional de artesáns de Galicia, acreditativa da solvencia do evento respecto do seu arraigo e indubidable interese comercial.

2.6. A participación en accións de formación especializada acreditarase mediante a solicitude de inscrición acompañada, se é o caso, da programación do curso.

2.7. Para os efectos sinalados no artigo 9 destas bases achegarase, se é o caso, a seguinte documentación que, en ningún caso, será obxecto de requirimento:

– Certificado/s da/s entidade/s bancaria/s onde figure que a persoa solicitante posúe medios de pagamento electrónicos.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Artigo 5. Consentimento e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras.

De conformidade co artigo 20.3 da Lei 9/2007, as solicitudes das persoas interesadas acompañarán os documentos e as informacións determinados na norma ou convocatoria, agás que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso a entidade solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia nos que foron presentados (para estes efectos, de ser posible, indicarase o código do procedemento) ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.

No suposto de imposibilidade material de obter a documentación conforme o punto anterior ou que se constatase a súa invalidez, o órgano competente poderá requirir o solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Igualmente, de conformidade co mesmo artigo 20.3º da Lei 9/2007, se o solicitante indica que certa documentación que se deba usar neste procedemento xa consta no poder da consellería, a presentación da solicitude implica a autorización ao órgano instrutor para acceder a esa documentación.

2. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

3. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 6. Órganos competentes

A Dirección Xeral de Comercio será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, así como para realizar a proposta de resolución ao conselleiro, correspondendo ao conselleiro de Economía e Industria ditar a resolución que corresponda, sen prexuízo da delegación noutros órganos.

Artigo 7. Instrución dos procedementos

1. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que subministre cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 8. Comisión de valoración

1. A Comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos/ás interesados/as.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

Presidencia: a persoa titular da Subdirección Xeral de Comercio.

Vogais:

– O xefe do Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía.

– Un/a xefe/a de sección da Dirección Xeral de Comercio.

– Secretaría: Un/a funcionario/a da Dirección Xeral de Comercio.

Se por causa xustificada, no momento en que a Comisión de avaliación teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puidese asistir, será substituída pola persoa que para o efecto designe o órgano competente para resolver.

3. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de forma individualizada os/as solicitantes propostos/as para obter a subvención, especificándose a avaliación que lles corresponde, segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada un deles/as ata esgotar o crédito dispoñible.

4. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para seren atendidos ben co crédito que quedase libre de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben co incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 9. Criterios de valoración

Os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención, serán os seguintes:

1. Feiras profesionais nacionais e celebradas no extranxeiro: asistencia a un certame, 1 punto, asistencia a dous ou máis, 2 puntos.

2. O titular do obradoiro sexa artesán mozo, ata os 35 anos inclusive, ou muller, 2 puntos.

3. Estar adherido o obradoiro ao Sistema arbitral de consumo, 2 puntos.

4. Exercer a actividade nun municipio de menos de 5.000 habitantes, 2 puntos.

5. Posta á disposición dos clientes de medios de pagamento electrónicos: 1 punto.

6. Se o obradoiro se atopa ubicado nos seguintes concellos: 1 punto.

• Concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal: Concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Ares, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño.

• Concellos da Costa da Morte: A Laracha, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo, Zas.

• Concellos da provincia de Lugo.

• Concellos da provincia de Ourense.

Unha vez esgotado o crédito dispoñible, no caso de que máis dunha solicitude obtivese a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1º. Participación en feiras profesionais.

2º. Exercer a actividade en concellos de menos de 5.000 habitantes (segundo a relación detallada no anexo VII).

3º. Menor contía da subvención solicitada.

Artigo 10. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase de manifesto ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Porén, poderase prescindir do trámite ao que se refire o punto anterior, cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada.

Artigo 11. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o instructor formulará a proposta de resolución que se elevará a través do órgano instrutor ao conselleiro de Economía e Industria.

2. O conselleiro de Economía e Industria, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvencionará e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía ou, se é o caso, a causa de denegación.

En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá superar o custo da actividade que desenvolverá a persoa beneficiaria ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable legalmente establecida.

3 O prazo máximo para resolver e notificar a resolución á persoa interesada será de cinco meses contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4.Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992.

Nesa notificación comunicarase o importe previsto da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, e o seu carácter de axuda de minimis, en aplicación do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24 de decembro de 2013, L352/1).

As resolucións de inadmisión ou desestimación de solicitudes notificaranse individualmente, con indicación das súas causas.

Artigo 12. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 13. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, o obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión das subvencións poderá acordar a modificación da resolución por instancia da persoa beneficiaria debendo cumprir os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade da presente orde.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e as circunstancias que motiven a modificación, de concorrer na concesión inicial, non supuxeran a denegación da axuda ou subvención.

3. A persoa beneficiaria deberá solicitar esta modificación mediante instancia dirixida ao conselleiro de Economía e Industria, xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de vinte días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento subvencionado. Non facelo dará lugar á perda da totalidade da subvención na parte afectada pola modificación, sen prexuízo de que tamén poderá implicar a perda da totalidade da subvención concedida no caso de variación substancial do proxecto, tramitándose, se é o caso, o correspondente procedemento de reintegro.

4. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo conselleiro de Economía e Industria logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lle dará audiencia á persoa interesada no termos previstos no artigo 10º destas bases.

Artigo 14. Aceptación e renuncia

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución de concesión, de conformidade co disposto polo artigo 21.5 da Lei 9/2007, transcorridos dez días hábiles desde a notificación ou publicación desta sen que a persoa interesada comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e desde ese momento adquirirá a condición de persoa beneficiaria.

2. A renuncia á subvención, debidamente motivada, poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992.

3. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o conselleiro de Economía e Industria ditará a correspondente resolución no termos do artigo 42.1º da mesma lei.

Artigo 15. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o disfrute da subvención.

3. Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo ao que fai referencia o artigo 1.2 destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención.

5. Acreditar con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

6. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da devandita lei.

7. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos incluídos os documentos electrónicos en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

Artigo 16. Obrigas específicas de publicidade

Adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007.

As persoas beneficiarias deberán dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3º da Lei 9/2007. En concreto, as entidades beneficiarias de axudas deberán facer constar o cofinanciamento das actuacións con fondos da Xunta de Galicia. Para isto empregarán adhesivos ou distintivos similares coa lenda «Proxecto cofinanciado pola Consellería de Economía e Industria», acompañado do escudo normalizado da Xunta de Galicia.

Artigo 17. Subcontratación

Enténdese que unha persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúa o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

Será de aplicación o disposto nos artigos 27 da Lei 9/2007 e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007.

Faise especial indicación de que as persoas ou entidades subcontratadas non poderán estar vinculadas coa entidade solicitante salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª. Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª. Que se solicite e conceda logo de autorización (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

Artigo 18. Xustificación da subvención

1. O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, nos lugares sinalados no artigo 2 da convocatoria, en orixinal ou copia compulsada da documentación xustificativa da realización do investimento que fose obxecto de subvención, tendo de prazo ata o 31 de outubro de 2014.

2. Documentación xustificativa:

a) Xustificantes dos investimentos: facturas dos provedores e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil e con eficacia administrativa nos termos que se establezan regulamentariamente (importe sen IVE e importe total), en relación cos gastos subvencionables, emitidas dentro do período comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite de xustificación do proxecto.

b) Xustificación dos pagamentos: acreditarase a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento comprendido entre data de inicio do proxecto e a data límite da xustificación do proxecto. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da devandita entidade bancaria.

c) A xustificación de asistencia a feiras ou programas formativos farase efectiva mediante a certificación expresa de participación no certame no período prefixado, emitida pola institución ou entidade organizadora. Para a participación en accións formativas, o solicitante deberá entregar, así mesmo, a formalización da inscrición e a programación do curso, só no caso de non dispor desta na fase de solicitude.

d) No caso de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor, certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o dito documento sen compulsar.

e) Anexo III da orde de convocatoria debidamente asinado.

f) Enquisas de valoración recollidas no anexo V e/ou anexo VI.

g) Calquera outro documento que se requira na resolución particular de concesión da axuda.

Os órganos competentes poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes.

Artigo 19. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, e antes de proceder ao seu pagamento, os órganos competentes da consellería poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. O importe da subvención aboarase nun único pagamento, mediante transferencia bancaria á entidade financeira, ao número de conta designado polo beneficiario.

3. O pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada, calculada en función da porcentaxe subvencionada do custo final da actividade sempre que se xustifique un mínimo do 40 por 100 do importe establecido na resolución de concesión. No caso de concorrer con outras axudas aplicarase o disposto no artigo 2.2 destas bases.

Artigo 20. Incumprimento, reintegros e sancións

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no titulo II da Lei 9/2007.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, a Dirección Xeral de Comercio poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro.

Cando se trate de condicións referentes a contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables e, se é o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 50% da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

4. As entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007 e no título VI do seu regulamento.

Artigo 21. Control

1. A Consellería de Economía e Industria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Á parte do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007.

3. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 22. Publicidade

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía e Industria.

Artigo 23. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases se aplicará o previsto na Lei 9/2007; no Regulamento desta lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; na Lei 30/1992; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro e modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro; na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade no Regulamento (CE) nº 1407/2013 da Comisión e no resto da normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII
Concellos con menos de 5.000 habitantes (cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro de 2013)

A Coruña

Lugo

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Aranga

2051

Abadín

2721

Baña, A

3849

Alfoz

1946

Boimorto

2154

Antas de Ulla

2171

Boqueixón

4370

Baleira

1420

Cabana de Bergantiños

4716

Baralla

2798

Cabanas

3287

Barreiros

3061

Capela, A

1366

Becerreá

3048

Cariño

4337

Begonte

3231

Carnota

4504

Bóveda

1570

Cerdido

1258

Carballedo

2465

Cesuras

2131

Castroverde

2840

Coirós

1751

Cervantes

1563

Corcubión

1654

Cervo

4430

Curtis

4112

Corgo, O

3761

Dodro

2934

Cospeito

4954

Dumbría

3216

Folgoso do Courel

1136

Fisterra

4907

Fonsagrada, A

4059

Frades

2509

Friol

4071

Irixoa

1442

Guntín

2980

Laxe

3267

Incio, O

1822

Lousame

3493

Láncara

2839

Mañón

1507

Lourenzá

2348

Mazaricos

4141

Meira

1769

Mesía

2849

Mondoñedo

4074

Moeche

1335

Monterroso

3888

Monfero

2109

Muras

723

Oza dos Ríos

3204

Navia de Suarna

1299

Paderne

2534

Negueira de Muñiz

217

Pino, O

4708

Nogais, As

1270

Rois

4818

Ourol

1123

San Sadurniño

3020

Palas de Rei

3613

Santiso

1785

Pantón

2772

Sobrado

2016

Paradela

2004

Somozas, As

1249

Páramo, O

1520

Toques

1265

Pastoriza, A

3362

Tordoia

3817

Pedrafita do Cebreiro

1175

Touro

3919

Pobra do Brollón, A

1894

Trazo

3343

Pol

1757

Val do Dubra

4136

Pontenova, A

2610

Vilarmaior

1247

Portomarín

1654

Vilasantar

1362

Quiroga

3552

Zas

4983

Rábade

1637

Ribas de Sil

1033

Ribeira de Piquín

609

Riotorto

1417

Samos

1502

Saviñao, O

4202

Sober

2469

Taboada

3173

Trabada

1228

Triacastela

739

Valadouro, O

2100

Vicedo, O

1898

Xermade

2071

Xove

3497

ANEXO VII
(Continuación)

Ourense

Pontevedra

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Amoeiro

2257

Agolada

2745

Arnoia, A

1048

Arbo

2967

Avión

2323

Barro

3712

Baltar

1028

Campo Lameiro

1982

Bande

1890

Catoira

3421

Baños de Molgas

1727

Cerdedo

1865

Beade

465

Cotobade

4359

Beariz

1136

Covelo

2800

Blancos, Os

908

Crecente

2314

Boborás

2737

Cuntis

4913

Bola, A

1361

Dozón

1241

Bolo, O

1060

Forcarei

3820

Calvos de Randín

1028

Fornelos de Montes

1864

Carballeda de Avia

1438

Lama, A

2862

Carballeda de Valdeorras

1727

Mondariz

4800

Cartelle

3037

Mondariz-Balneario

656

Castrelo de Miño

1675

Moraña

4400

Castrelo do Val

1138

Neves, As

4192

Castro Caldelas

1412

Oia

3094

Cenlle

1278

Pazos de Borbén

3113

Chandrexa de Queixa

560

Pontecesures

3113

Coles

3171

Portas

3033

Cortegada

1231

Rodeiro

2844

Cualedro

1876

Agolada

2745

Entrimo

1311

Arbo

2967

Esgos

1208

Barro

3712

Gomesende

895

Campo Lameiro

1982

Gudiña, A

1508

Catoira

3421

Irixo, O

1685

Cerdedo

1865

Larouco

557

Cotobade

4359

Laza

1487

Covelo

2800

Leiro

1724

Crecente

2314

Lobeira

855

Cuntis

4913

Lobios

2130

Dozón

1241

Maceda

3025

Forcarei

3820

Manzaneda

971

Fornelos de Montes

1864

Maside

2920

Lama, A

2862

Melón

1396

Mondariz

4800

Merca, A

2119

Mondariz-Balneario

656

Mezquita, A

1169

Moraña

4400

Montederramo

854

Neves, As

4192

Monterrei

2875

Oia

3094

Muíños

1744

Pazos de Borbén

3113

Nogueira de Ramuín

2271

Pontecesures

3113

Oímbra

2019

Portas

3033

Paderne de Allariz

1545

Padrenda

2135

Parada de Sil

642

Peroxa, A

2030

Petín

986

Piñor

1280

Pobra de Trives, A

2319

Pontedeva

644

Porqueira

961

Punxín

776

Quintela de Leirado

671

Rairiz de Veiga

1527

Ramirás

1712

Riós

1751

Rúa, A

4685

Rubiá

1518

San Amaro

1202

San Cibrao das Viñas

4906

San Cristovo de Cea

2497

San Xoán de Río

657

Sandiás

1316

Sarreaus

1365

Taboadela

1603

Teixeira, A

406

Toén

2527

Trasmiras

1500

Veiga, A

1000

Verea

1112

Viana do Bolo

3163

Vilamarín

2121

Vilamartín de Valdeorras

1826

Vilar de Barrio

1528

Vilar de Santos

923

Vilardevós

2062

Vilariño de Conso

660

Xunqueira de Ambía

1620

Xunqueira de Espadanedo

862

Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes. Extraído de: htt://www.ine.es