Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a modificación de estatutos da Federación Gallega de Transporte de Viajeros (Fegatravi).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse certificación da asemblea xeral extraordinaria onde se reflicte o acordo acadado, que consiste na inclusión dun novo punto no artigo 4.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2014

Odilo Martiña Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social