Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25466

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2014 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación mediante poxa, de concesións demaniais para a explotación de postos de venda vacantes no mercado municipal de Frei Juan de Navarrete.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Michelena 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: licitación pública das concesións demaniais para o uso privativo dos postos vacantes no mercado municipal de Frei Juan de Navarrete.

3. Tramitación: ordinaria, aberto e poxa.

4. Taxa ou canon da concesión: variable segundo o tipo de posto a que se opte, recollido na cláusula 3ª do prego de condicións.

5. Garantía:

Provisional: non se prevé a constitución de garantía previa segundo a cláusula 5 do prego de condicións.

Definitiva: establecida na cláusula 13.1.c) do prego de condicións.

6. Obtención de documentación e información: na web do Concello de Pontevedra www.pontevedra.eu, na epígrafe perfil do contratante, e Administración Municipal de Mercados, situada na avenida de Bos Aires, s/n. Pontevedra 36002. Teléfono: 986 85 18 04.

7. Presentación de ofertas:

Lugar: Rexistro Xeral do Concello (cláusula 7 do prego de condicións).

Prazo: 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último boletín que apareza (BOP e DOG).

Documentación: cláusula 8 do prego de condicións.

8. Apertura das ofertas e criterios de adxudicación: cláusulas 11 e 12 do prego.

Coa publicación deste anuncio procédese á apertura do prazo de exposición pública do expediente no seu conxunto, incluído o citado prego de condicións, e abrirase o prazo para a licitación e presentación de ofertas polos interesados, por igual prazo. Advírtese expresamente que, para o suposto de que se presenten alegacións, o procedemento de licitación e os seus prazos quedarán en suspenso ata a súa resolución.

De non practicarse ningunha alegación no prazo anteriormente estipulado, darase por aprobado definitivamente o citado expediente e prego de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares que rexerán o procedemento.

Pontevedra, 7 de maio de 2014

Antonio Louro Goyanes José Carlos Castiñeira Piñeiro
Alcalde accidental Secretario da Administración Municipal