Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25536

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 4 de xuño de 2014 polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca o primeiro concurso público para a elaboración de listas de espera de persoal docente para o curso académico 2014/15.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en adiante LOU; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados por Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público nas seguintes categorías:

LA1401. Listas de espera.

A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario-Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, rúa Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica http://persoal.uvigo.es/, Servizo de Persoal Docente e Investigador, premendo en «emprego», «convocatorias de concurso». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e deben dirixilas ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos na convocatoria.

Vigo, 4 de xuño de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo