Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25534

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014.

Mediante Resolución desta dirección xeral do 8 de xaneiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia, nº 13, do 21 de xaneiro) convocouse concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde.

Por Resolución do 20 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia, nº 43, do 4 de marzo) procedeuse á corrección de erros dos anexos III e IV da antedita resolución, coa reapertura nas categorías de médico/a de familia e pediatra de atención primaria dun prazo dun mes para a presentación de solicitudes, que finalizou o pasado 4 de abril.

Rematado este último prazo e de conformidade coa base 11.1 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados para a provisión de prazas básicas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014.

Segundo. As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías convocadas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base 11.2 da convocatoria as persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación á que dirixisen a solicitude de participación no concurso.

As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A estimación ou desestimación das emendas solicitadas entenderanse implícitas na resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as para participar neste concurso e que fará públicas as puntuacións e destinos provisionalmente asignados.

As persoas solicitantes que dentro do prazo indicado nesta resolución non emenden os defectos motivo da exclusión, serán definitivamente excluídas da participación neste proceso.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos