Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28013

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 24 de febreiro de 2014, pola que se convocan axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia para o ano 2014.

No Diario Oficial de Galicia número 46, do 7 de marzo de 2014, publicouse a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 24 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2014

María Camino Triguero Salas
Directora xeral de Mobilidade

ANEXO
Subvencións concedidas a asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou ás federacións destas, para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia para 2014 (aplicación orzamentaria: 2014.07.04.512A.481.1)

Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polas beneficiarias:

NIF

Entidade

Importe

G15624281

Anetra

25.536,36 €

G15086358

Fegatramer

131.457,33 €

G36627719

Asetranspo

70.397,85 €

G70037544

Galeval

3.603,92 €

G32400293

Fegatrans

46.576,40 €

G70209234

Fegatravi

39.917,72 €

G15640808

Transgacar

46.198,84 €

G70231121

Urbanos

10.949,06 €

G32345670

Fetram

54.573,67 €

G15353543

Fegataxi

45.788,85 €

Total: 475.000,00 €