Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28015

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 11 de xuño de 2014 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2012/13, convocados pola Orde do 18 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 28 de febreiro).

A Orde do 18 de febreiro de 2014 (DOG do 28 de febreiro), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2012/13, establece as bases e o procedemento para a súa concesión.

Unha vez realizada polo xurado de selección designado por Resolución do 10 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2012/13 (DOG do 20 de marzo) a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións obtidas polos candidatos e candidatas, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección nomeado por Resolución do 10 de marzo de 2014 (DOG do 20 de marzo) e a correspondente proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2012/13, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios
de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2012/13

Sol.

Apelidos e nome

Familia

Cód. C.

Centro estudos

Importe

1614

Fernández Lage, David

Actividades físicas e deportivas

15005233

IES Agra do Orzán

850 €

2831

Calvo Varela, Paloma

Administración e xestión

15023314

IES de Sabón

850 €

2398

González López, José

Agraria

27015891

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

850 €

1398

Ferreiro Abeijón, Alba

Artes Gráficas

36006419

IES Montecelo

850 €

3007

Pérez Sanlés, María Beatriz

Comercio e márketing

15005257

IES Ramón Menéndez Pidal

850 €

3497

García López, Eva María

Edificación e obra civil

15024513

CIFP Someso

850 €

1799

Torreira Pais, Martín

Electricidade e electrónica

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

850 €

1597

Fernández Campo, Eva

Enerxía e auga

32015050

CIFP A Farixa

850 €

2895

Trinidad Porta, Silvia

Fabricación mecánica

15006754

CIFP Ferrolterra

850 €

2609

Vázquez Rodríguez, Víctor

Hostalaría e turismo

15005221

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

850 €

1619

Quiñoá Piñeiro, Lara María

Imaxe e son

27020756

CPR TIC

850 €

3495

Blanco Mejuto, Rocío

Imaxe persoal

15024513

CIFP Someso

850 €

2399

Porto Carracedo, Manuel

Industrias alimentarias

36007552

CIFP A Granxa

850 €

2298

Ferreiros Miranda, Fidel

Informática e comunicacións

15021482

IES San Clemente

850 €

2109

Villar Naya, María Amparo

Instalación e mantemento

15005749

IES Universidade Laboral

850 €

2824

López Pérez, Borja

Madeira, moble e cortiza

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

850 €

1925

González Freire, Pedro Francisco

Marítimo-pesqueira

36020209

IGAFA Instituto Galego de Formación en Acuicultura

850 €

1595

Estévez Anido, Ramón

Química

27016509

IES Marqués de Sargadelos

850 €

2811

Graña Liste, Raquel

Sanidade

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

850 €

2996

Hernández García, David

Servizos socioculturais e á comunidade

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

850 €

1503

Álvarez Núñez, Ana

Téxtil, confección e pel

15027897

CIFP Paseo das Pontes

850 €

1905

Palomanes Paz, Daniel

Transporte e mantemento de vehículos

32009131

IES Universidade Laboral

850 €