Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28056

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2014 pola que se adxudican as bolsas para estadías de investigación no estranxeiro e en centros españois fóra de Galicia, reguladas na Resolución do 13 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 36, do 21 de febreiro) pola que se convocan as axudas para estadías correspondentes a investigadores e técnicos contratados en centros tecnolóxicos de Galicia e en organismos públicos de investigación con centros radicados en Galicia, alleos ao Sistema universitario de Galicia (SUG), ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015.

A Resolución da Axencia Galega de Innovación do 13 de febreiro de 2014 (DOG nº 36, do 21 de febreiro), aprobou as bases que rexeron a convocatoria de bolsas para estadías correspondentes a investigadores e técnicos contratados en centros tecnolóxicos de Galicia e en organismos públicos de investigación, alleos ao SUG.

No artigo 2 (Requisitos dos solicitantes e duración máxima da estadía) da mencionada resolución de convocatoria determínanse os requisitos que deberán cumprir os candidatos ás axudas correspondentes ao programa de bolsas para estadías de investigación no estranxeiro e en centros españois fóra de Galicia. Pola súa banda, no artigo 12 (Avaliación e selección das solicitudes) establécese que a avaliación das solicitudes admitidas faraa a comisión de valoración indicada no artigo 11 das bases da resolución de referencia, conforme os criterios de selección establecidos no artigo 12.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión que tivo lugar o 27 de maio de 2014 pola comisión de selección establecida no artigo 11 das bases da resolución do 13 de febreiro de 2014, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

Primeiro. Conceder as bolsas para estadías de investigación no estranxeiro e en centros españois fóra de Galicia aos solicitantes que se relacionan no anexo da presente resolución, para a realización de investigación nos destinos que se sinalan, durante o período de tempo e na contía que se indica en cada caso.

Segundo. As axudas concedidas que se financian con cargo á aplicación orzamentaria 08.A3.561A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, correspóndense coa distribución que se indica na táboa seguinte:

Tipo de axuda

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2014

Bolsa para estadías fóra de Galicia

(*) 08.A3.561A.480.0

197.370 €

(*) A aplicación orzamentaria 08.A3.561A.480.0 está dotada con Fondo Social Europeo (FSE). As bolsas terán un cofinanciamento do 80 % e integraranse no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 3.74.

Terceiro. Todas as solicitudes para as cales se propón o seu financiamento cumpren os requisitos establecidos nas correspondentes bases da convocatoria.

Cuarto. En relación coa aceptación, renuncia e obrigas dos beneficiarios, estes ateranse ao disposto nos artigos 17 e 22 das bases da resolución de convocatoria, así como ao disposto nos artigos 18, 19 e 20 da mencionada resolución sobre xustificación, pagamento da bolsa, compatibilidade e publicación dos resultados obtidos.

Quinto. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Concedidos convocatoria 2014
Aplicación orzamentaria 08.A3.561A.480.0

Expte.

Nome

NIF

Destino

Meses

Total meses bruto

Axuda viaxe

Total bruto

5/2014

Almécija Pereda, Clara

17757241E

Taipei
Taiwan

3

6.000

1.000

7.000,00

18/2014

Blanco Salgado, Lourdes

34968401Y

Enschede
Paises Bajos

2

3.400

600

4.000,00

4/2014

Carracedo Segade, Lidia

47371924C

Brest
Francia

3,6

6.120

600

6.720,00

40/2014

Carrera Mouriño, Mónica

76903786C

San Jose
EEUU

2

4.000

1.000

5.000,00

30/2014

Conde Pardo, Paula

34989515Y

Massachusetts
EEUU

2

4.000

1.000

5.000,00

19/2014

Coto Moretti, María Ivette

36153355T

Talence
Francia

2

3.400

600

4.000,00

33/2014

Criado Boado, Felipe

32443314C

Oxford
Reino Unido

2,5

4.250

600

4.850,00

1/2014

Dasilva Alonso, Gabriel

44490671T

New Jersey

EEUU

5

10.000

1.000

11.000,00

32/2014

Domínguez Petit, Rosario

77585775J

Port Aransas EEUU

1

2.000

1.000

3.000,00

26/2014

Freire Piñeiro, Lorena

36100422J

Madrid

2

2.800

400

3.200,00

29/2014

Fuente Martínez, María de la

76778991T

Ultuna
Suecia

1,5

2.550

600

3.150,00

39/2014

Gago Montaña, Pilar

44820359Y

Montpellier
Francia

3

5.100

600

5.700,00

10/2014

Gago Piñeiro, Jesús

35457164L

Lisboa

1,5

2.100

400

2.500,00

12/2014

García Tato, Isidro

10168302W

Madrid

1

1.400

400

1.800,00

37/2014

González Fernández, Ana Mª

44075818K

Tasmania
Australia

2

4.000

1.000

5.000,00

25/2014

Grandal González, Tania

76907873J

Londres
Reino Unido

2

3.400

600

4.000,00

34/2014

Iglesias Estevez, José

35979778G

Veracruz
México

2

3.400

1.000

4.400,00

24/2014

Iglesias Reiriz, Paula

53177919X

Delft
Paises Bajos

3

5.100

600

5.700,00

2/2014

Irisarri Cal, Jade

39456327B

Valdivia
Chile

2,7

4.590

1.000

5.590,00

28/2014

Jiménez Esquinas, Guadalupe

45740938X

Sevilla

1,4

1.960

400

2.360,00

36/2014

Lamas González, Olaya

47379253N

Lisboa

1

1.400

400

1.800,00

15/2014

Leira Iglesias, Cristina

32708116T

Barcelona

2

2.800

400

3.200,00

27/2014

López Gómez, Mª del Carmen

34722503R

Seattle
EEUU

3

6.000

1.000

7.000,00

31/2014

Martín Míguez, Belén

25462315G

La Rochelle
Francia

2

3.400

600

4.000,00

9/2014

Martínez Romero, Marcos

35573062C

Stanford
EEUU

6

12.000

1.000

13.000,00

11/2014

Mirás Avalos, José Manuel

53163296S

Montevideo

Uruguay

1

1.700

1.000

2.700,00

16/2014

Montealegre Aguado, Mª Ángeles

04184682Q

Hannover
Alemaña

3

5.100

600

5.700,00

13/2014

Otero Piñeyro Maseda, Pablo

33345441H

Madrid

1

1.400

400

1.800,00

7/2014

Otero Ramudo, Nerea

53169598S

Birmingham
Reino Unido

2

3.400

600

4.000,00

8/2014

Palleiro Palmou, Clara

36173033J

Bremen
Alemaña

2

3.400

600

4.000,00

6/2014

Pascual Formoso, Ana

36120801Z

Aarhus
Dinamarca

2

3.400

600

4.000,00

14/2014

Pazos Palmeiro, Manuel

32683744P

Cambridge

Reino Unido

5

8.500

600

9.100,00

21/2014

Pereiro González, Patricia

44833257R

Bodo
Noruega

3

5.100

600

5.700,00

38/2014

Prieto Lage, Miguel Ángel

76909816R

Dublín
Irlanda

6

10.200

600

10.800,00

20/2014

Rábade Uberos, Sonia

36097327T

Xixón/Gijón

1

1.400

400

1.800,00

22/2014

Saborido Rey, Juan Fco.

33500516G

Thuwal
Arabia Saudí

4

8.000

1.000

9.000,00

35/2014

Samayoa López, Luis Fernando

Y0025357W

Texas
EEUU

2

4.000

1.000

5.000,00

23/2014

Santiago Carabelos, Rogelio

44077564L

León

1

1.400

400

1.800,00

41/2014

Vandervorst, Philippe

Y1454885B

Saltillo-Coahuila México

2

3.400

1.000

4.400,00

3/2014

Varas García, Elena

09037374F

Oeiras
Portugal

3

4.200

400

4.600,00

197.370,00