Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 30 de xuño de 2014 Páx. 29374

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2014 polo que se convocan cursos de formación continua para o persoal dos corpos da Policía Local dos concellos de Galicia

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2014 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor, na súa xuntanza do 27 de decembro de 2013, de acordo co establecido no artigo 9.2.b) da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, convócanse os cursos de formación continua dirixidos os/as policías locais de Galicia, correspondentes ao segundo semestre do ano 2014, cuxas bases, características e contido se especifican nos anexos desta resolución.

A Estrada, 12 de xuño de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Destinatarios

Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas convocadas, polo que, de producirse esta situación, os/as interesados deberán comunicalo a Agasp de xeito inmediato, no caso de non facelo serán penalizados coa non participación en accións formativas da Agasp nun ano contado desde o día seguinte a que se teña coñecemento do feito, no caso de estar realizando efectivamente un curso, non se emitirá diploma ningún.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal, cando esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

No caso de quedar prazas vacantes poderán acceder aos cursos, persoal das forzas e corpos de seguridade pública que traballen en Galicia.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp resérvase a facultade de anular a actividade formativa.

Segunda. Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (htpp://agasp.xunta.es), non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións, no suposto de non ser correctos ou exactos os ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normativizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. No caso de atoparse nalgún dos supostos que a continuación se indican, o/a solicitante deberán remitir á Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación: (non será preciso, se tal documentación xa consta en poder da Agasp, neste caso, deberán comunicalo na propia solicitude).

a) Profesionais que estean gozando ou gozaran nos dous últimos anos, dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares.

5. Cando o curso para o que presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por fax (886 20 61 22) por correo electrónico (formación.agasp@xunta.es) ou de acordo co establecido no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

7. O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 5.

No caso de que unha mesma persoa, presente máis solicitudes das permitidas, a Agasp fará a selección correspondente, e no momento que unha persoa complete a realización de 5 cursos, será excluída da selección de máis cursos no período de formación que abrangue esta convocatoria.

8. Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o/a alumno/a non poderá participar noutros cursos durante un ano desde que se detecte este feito.

Terceira. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se indican, sen prexuízo dos requisitos específicos que determinados cursos inclúen, neste caso indicarase na ficha de cada acción formativa.

1. Menor número de cursos realizados na Agasp nos dous últimos anos.

2. Por orde de inscrición.

Terán preferencia na selección os/as candidatos/as que estean gozando ou gozaran nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución da xornada ou dunha excedencia para o coidado de familiares, sempre que cumpran cos requisitos obxectivos para ser destinatarios do curso.

Ademais, de conformidade co establecido no artigo 37 bis da Lei 7/2004, para a igualdade de homes e mulleres, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega, reservarase un 50 % das prazas a mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria, que accederán á quenda reservada só se non houbesen suficientes solicitudes de participación de mulleres.

Cuarta. Admisión

1. A Agasp publicará na súa páxina web a relación de persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas con, polo menos, 10 días naturais antes do inicio de cada curso.

O prazo de presentación de alegacións será de tres días hábiles desde a súa publicación.

Os/as alumnos/as seleccionados serán informados da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica, todos/as aqueles/as que non figuren na relación, non foron seleccionados/as, ben por que ocupan un posto máis afastado na listaxe de reservas, ben por que foron excluídos/as por algún motivo dos expresados nesta convocatoria, todo de acordo co previsto no artigo 59.6.b) da LRXPAC.

A Agasp resérvase o dereito de solicitar aos concellos de procedencia todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

2. O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificada ou necesidade do servizo sempre que se acredite documentalmente o feito alegado polo xefe/a do corpo da policía local do concello no que traballe ou persoa responsable deste.

No caso de cambios de cadrante ou quendas de traballo, deberán quedar acreditados suficientemente os motivos destes e que se coñeceron con posterioridade a solicitude de inscrición no curso.

A renuncia debe ser comunicada por escrito a través do modelo que figura na páxina web da Agasp e cunha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A renuncia non xustificada ou a non acreditación documental da causa que a produce suporá a exclusión da persoa seleccionada nos seguintes 10 cursos que sexan convovados polo servizo de formación en Seguridade Pública da Agasp e nas que a persoa figurase como posible destinataria destas, sen contar edicións repetidas, cursos xa realizados e que, cando menos, teñan a mesma carga horaria, do curso polo que foi penalizado.

Quinta. Asistencia aos cursos

1. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos.

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto, podendo realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e, en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma, no caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o servizo de formación en seguridade pública, poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior, en todo caso, para poder valorar esta posibilidade non poden transcorrer máis de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou falta de acreditación documental da causa alegada dará lugar á perda do dereito ao diploma do curso, senón tamén a penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contados desde o día seguinte ao da finalización do curso.

2. O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non facelo, e non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitirá diploma nin certificado acreditativo ningún.

3. O alumnado en ningún caso, estará en posesión da arma regulamentaria dentro da Agasp, nín a portará en calquera actividade lectiva, extralectiva ou complementaria organizada (agás nas prácticas e cursos de tiro, para os cales deberán cumprir de forma estrita as normas e instrucións que se impartan ao respecto).

4. O alumnado que se solicite cursos na modalidade de teleformación deberá dispoñer dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

a) Ordenador con conexión a internet.

b) Calquera navegador web co plugin de flash.

c) Sistema operativo Windows 7.

No caso dos cursos de teleformación de contido informático, o/a alumno/a deberá posuír o programa informático do que se vai impartir no curso, non será xustificación suficiente de renuncia ao curso unha vez seleccionado, non posuílo, e tal circunstancia será penalizada coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contado desde a data da renuncia.

Sexta. Certificación

1. Para poder superar os cursos o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se levará a cabo ao remate destes.

2. No caso dos cursos de teleformación ou mixtos, para poder superalos, é obrigatorio cumprir os seguintes requisitos:

a) Asistencia as sesións presenciais que se determinen.

b) Correcta realización das actividades que o/a titor/a propoña no prazo que se determine.

c) Lectura detallada dos contidos do curso.

d) Superación das probas finais que se establezan e que se realizarán sempre nunha sesión presencial na Agasp.

Sétima. Desenvolvemento dos cursos

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.

ANEXO II

Denominación

Prazas

Horas

Data de comezo

Data de remate

Horario

141093

Condución de motocicletas

16

8

16.9.2014

16.9.2014

Das 9.00 ás 19.00 horas

141094

Condución evasiva

16

8

23.9.2014

23.9.2014

Das 9.00 ás 19.00 horas

141095

Condución evasiva

16

8

24.9.2014

24.9.2014

Das 9.00 ás 19.00 horas

141096

Condución 4x4

20

20

1.10.2014

3.10.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30/das 9.30 ás 13.30 horas

141098

Básico de técnicas de tiro policial para protección de persoas

20

8

6.10.2014

13.10.2014

Das 15.30 ás 19.30 horas

141099

Básico de técnicas de tiro policial para protección de persoas

20

8

20.10.2014

27.10.2014

Das 15.30 ás 19.30 horas

141100

Básico de técnicas de tiro policial para protección de persoas

20

8

10.11.2014

17.11.2014

Das 15.30 ás 19.30 horas

141101

Documentoscopia en materia de tráfico

30

21

21.10.2014

23.10.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30/das 9.00 ás 14.00 horas

141102

Criminoloxía viaria

30

21

13.10.2014

15.10.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30/das 9.00 ás 14.00 horas

141134

Microsoft office aplicado á función policial

30

21

8.10.2014

5.11.2014

Das 15.30 ás 19.30 horas

141103

Operadores de radar

20

20

30.9.2014

2.10.2014

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30 horas

141104

Operadores de radar

14.10.2014

16.10.2014

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30 horas

141105

Delitos contra a seguridade viaria

25

12

18.11.2014

19.11.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30/das 10.00 ás 14.00 horas

141106

Operativa policial no ámbito da lei de estranxeiría

25

20

10.11.2014

12.11.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30/das 9.00 ás 14.00 horas

141107

Elaboración de atestados de tráfico

25

15

6.11.2014

20.11.2014

Das 9.30 ás 14.30 horas

141131

Competencias xerais dos concellos en materia de ambiente, na Lei de montes e na Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia: réxime de actuación dos corpos da policía local

25

20

12.11.2014

14.11.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30/das 9.00 ás 14.00 horas

141135

Internet e as novas redes de comunicación

25

20

3.11.2014

5.11.2014

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30/das 9.00 ás 13.00 horas

141132

Funcións da policía local en materia de urbanismo

25

21

8.10.2014

10.10.2014

Das 10.00 ás 19.30 e das 9.00 ás 14.00 horas

1141108

Animais domésticos e especies protexidas

25

12

10.12.2014

11.12.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30/das 10.00 ás 14.00 horas

141136

Internet, anonimato e seguridade nas comunicacións

25

20

5.11.2014

7.11.2014

Das 15.30 ás 19.30 e das 9.00 ás 14.00/das 15.30 ás 18.30 horas

141137

A policía local como policía xudicial

25

16

27.10.2014

28.10.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30 horas

141138

A policía local como policía xudicial

25

16

3.11.2014

4.11.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30 horas

141139

Calidade dos servizos policiais

18

12

27.11.2014

28.11.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30/das 10.00 ás 14.00 horas

141115

O testemuño policial en sede xudicial

20

12

26.11.2014

27.11.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30/das 10.00 ás 14.00 horas

141116

O testemuño policial en sede xudicial

20

12

11.12.2014

12.12.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30/das 10.00 ás 14.00 horas

141117

Transportes de mercadorías perigosas

20

8

20.10.2014

20.10.2014

Das 9.30 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.30 horas

141118

Transportes de mercadorías perigosas

20

8

21.10.2014

21.10.2014

Das 9.30 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.30 horas

141119

Transportes escolar e de menores

20

8

28.10.2014

28.10.2014

Das 9.30 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.30 horas

141120

Transportes escolar e de menores

20

8

29.10.2014

29.10.2014

Das 9.30 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.30 horas

141121

Transportes de produtos perecedoiros

20

8

24.11.2014

24.11.2014

Das 9.30 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.30 horas

141122

Transportes de produtos perecedoiros

20

8

25.11.2014

25.11.2014

Das 9.30 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.30 horas

141123

Resolución de problemas e toma de decisións

15

8

23.10.2014

23.10.2014

Das 9.30 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.30 horas

141124

Resolución de problemas e toma de decisións

15

8

12.11.2014

12.11.2014

Das 9.30 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.30 horas

141125

Falar en público

8

12

22.10.2014

29.10.2014

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30/das 10.00 ás 14.00 horas

141126

Asertividade e xestión de conflitos

15

8

8.10.2014

8.10.2014

Das 9.30 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.30 horas

141127

Compromiso e profesionalidade: servizo ao cidadán

15

8

10.12.2014

10.12.2014

Das 9.30 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.30 horas

141128

A inspección ocular

20

16

18.11.2014

19.11.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30 horas

141022

Intervención da policía local en materia de ruídos e molestias xeradas en inmobles privados.

20

21

25.11.2014

27.11.2014

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30/das 9.00 ás 14.00 horas

141130

Mediación de ruídos

15

12

6.11.2014

7.11.2014

Das 9.30 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.30/das 10.00 ás 14.00 horas

Teleformación

141109

Microsoft Word

50

30

8.9.2014

3.10.2014

Teleformación

141110

Microsoft Excel

50

50

8.9.2014

31.10.2014

Teleformación

141111

Microsoft Access

50

50

6.10.2014

28.11.2014

Teleformación

141112

Microsoft Power Point

50

30

6.10.2014

7.11.2014

Teleformación

141113

Sistema operativo, busca da información: internet e intranet e correo electrónico

50

20

27.10.2014

21.11.2014

Teleformación

141114

Autocad

50

50

29.9.2014

28.11.2014

Teleformación