Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 29994

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2014 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia, sobre a base da convocatoria anticipada de subvencións realizada pola Resolución do 23 de decembro de 2013 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia número 18, do 28 de xaneiro de 2014).

Antecedentes.

1. Mediante Resolución do 23 de decembro de 2013 establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria anticipada de subvencións de aforro e eficiencia enerxética, para proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia, con financiamento en parte procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 4, medida 43, actuación 2, que se refire ao programa de axudas públicas para o uso racional da enerxía.

2. Transcorrido o prazo para a presentación das solicitudes de axuda, mediante Resolución do 15 de abril, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 82, do 30 de abril, leváronse a cabo os requirimentos de emenda da documentación daqueles expedientes que así o precisaron.

3. Rematado o período de emenda, a comisión de valoración como órgano colexiado encargado da análise e estudo da totalidade de solicitudes viables desde o punto de vista técnico e económico-financeiro realizou o baremo de cada un dos expedientes atendendo aos criterios sinalados no artigo 14 das bases reguladoras.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Xerencia do Instituto Enerxético de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións, e corresponde ao director deste organismo ditar as diferentes resolucións que deriven del (artigo 11 das bases reguladoras).

2. No artigo 15.2 das bases establécese que o prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento de concesión das axudas será de catro (4) meses, contados desde a data en que rematou o prazo de presentación de solicitudes (27 de febreiro de 2014).

3. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Con carácter xeral, non se enviarán notificacións postais e, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, no caso das resolucións de concesión da subvención poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Inega (www.inega.es). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da axuda outorgada. Coa publicación no DOG poderá remitirse os beneficiarios a que consulten a información detallada da resolución a través do taboleiro electrónico de anuncios habilitado para estes efectos na referida páxina web.

4. Neste procedemento só se teñen en conta aqueles feitos, alegacións ou probas aducidos polos propios interesados.

5. Para determinar e cuantificar o investimento elixible sobre o que aplicar a porcentaxe de axuda correspondente, das actuacións proxectadas polos solicitantes, tívose en conta o disposto nos artigos 8 e 9 das bases reguladoras.

De acordo con todo o anterior, dentro do prazo fixado pola norma reguladora da convocatoria, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 08.A2.733A.761.0 que figuran no anexo desta resolución.

Segundo. A información detallada dos requisitos e condicións de cada axuda estará á disposición dos respectivos interesados no taboleiro electrónico, ao deberán acceder a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe «Axudas concellos iluminación exterior 2014».

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 18.1 das bases reguladoras se transcorren dez (10) días hábiles desde a publicación desta resolución no DOG sen que os interesados que figuran no anexo comuniquen expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que aceptan, e desde ese momento adquirirán a condición de beneficiarios.

Cuarto. Aquelas solicitudes que resulten seleccionadas e cuxos importes de axuda sexan aceptados expresa ou tacitamente polos beneficiarios, pasarán a formar parte da lista pública prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) núm. 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, que fixa as normas de desenvolvemento do Regulamento 1083/2006 de disposicións xerais relativos aos Fondos Europeos, e do Regulamento 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L 371, do 27 de decembro de 2006).

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, de acordo co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, pódese interpor recurso administrativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes contado do mesmo xeito, tal e como dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO
Subvencións concedidas

Procedemento: IN417P-Renovación de instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE).

P.O. Feder Galicia 2007-2013: Actuación 4.43.2 (Axudas públicas para o uso racional da enerxía).

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.761.0.

Código expediente

Agrupación concellos

Investimento elixible (€)

Contía subvención (€)

IN417P/14A8

Paradela, Bóveda, Monforte de Lemos, Sarria, A Pobra do Brollón, Quiroga, Folgoso do Courel

348.900,00

296.565,00

IN417P/14A10

Bande, Verea, Muíños, Ramirás, A Merca, Lobios, Lobeira, Celanova, Quintela de Leirado

540.000,00

459.000,00

IN417P/14A13

Melide, Toques, Palas de Rei

138.446,39

117.679,43

IN417P/14A21

Boimorto, Vilasantar, Curtis, Sobrado

239.989,57

203.991,14

IN417P/14A23

Cerdido, Cedeira, As Somozas, As Pontes de García Rodríguez, Valdoviño

249.882,09

212.399,78

IN417P/14A25

A Arnoia, Beade, Leiro, Cortegada, Cenlle

270.091,69

229.577,94

IN417P/14A31

A Pontenova, Lourenzá, Barreiros, Mondoñedo, Trabada, Alfoz, Xove, Burela, Foz, Cervo

223.034,75

189.579,54

IN417P/14A34

Campo Lameiro, Cerdedo, Cotobade, Moraña, Cuntis

300.000,00

255.000,00

IN417P/14A35

Vilagarcía de Arousa, Catoira, Caldas de Reis, Pontecesures, Meis, Meaño, Ribadumia, Poio, Sanxenxo

538.575,13

457.788,86

IN417P/14A36

Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros, Sada, Betanzos, Bergondo, Abegondo

326.767,40

277.752,29

IN417P/14A38

Oza-Cesuras

26.367,45

22.412,33

IN417P/14A41

As Neves, Crecente, A Cañiza, Melón

199.326,70

169.427,69

IN417P/14A42

Cerceda, Oroso, Mesía, Tordoia

72.989,97

62.041,48

IN417P/14A44

Rodeiro, Agolada, Lalín, Vila de Cruces, Silleda

90.612,91

77.020,97

IN417P/14A45

Marín, Vilaboa, Pontevedra

150.000,00

127.500,00

IN417P/14A47

Mos, Ponteareas, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salceda de Caselas

235.631,02

200.286,37

IN417P/14A49

Santa Comba, Ames, A Baña, Brión, Mazaricos, Val do Dubra

87.713,74

74.556,68

IN417P/14A50

Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, O Valadouro, Ourol

135.992,80

115.593,88

IN417P/14A51

Guntín, O Páramo, O Corgo, Triacastela, Baralla, Nogais, Friol, Láncara

152.528,61

129.649,32

IN417P/14A52

A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Boiro, Rianxo, Padrón, Dodro, Rois

259.565,96

220.631,07

IN417P/14A56

Trazo, Ordes, Frades

180.000,00

153.000,00

IN417P/14A57

Cabanas, Mugardos, Ares, Fene, Neda, A Capela, Pontedeume, Miño, Paderne

210.559,46

178.975,54

IN417P/14A59

Boborás, Beariz, Piñor, Carballeda de Avia, Ribadavia

85.874,20

72.993,07

IN417P/14A61

Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Camariñas, Vimianzo

231.449,05

196.731,69