Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31460

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga, por medio desta resolución dáse publicidade á relación dos convenios subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2014 pola Consellería do Medio Rural e do Mar que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Convenio e obxecto

Importe €

Data de sinatura

Convenio marco de colaboración entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estatística, ano 2014-2016.

Sen custo económico

2.1.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Escola Galega de Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Sen custo económico

3.1.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Fundación Galicia Europa.

5.000

27.2.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Fundación Semana Verde de Galicia para continuar coa promoción e divulgación das actuacións do programa de recuperación, conservación e fomento dos recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia en perigo de extinción, cofinanciado co fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

308.000

13.3.2014

Acordo interadministrativo de colaboración acadado entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e a Consellería de Economía e Industria (Instituto Galego de Promoción Económica) sobre o traspaso ao Igape das cantidades transferidas á dita consellería por parte do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través da Conferencia sectorial en concepto de subvención dos préstamos acollidos á Orde APA/165/2008, do 31 de xaneiro, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas aos titulares de explotacións gandeiras para sufragar o custo dos avais concedidos pola sociedade anónima estatal de caución agraria.

263.497,23

14.3.2014

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Medio Rural e do Mar para reforzar o persoal de gardacostas na loita contra o furtivismo na comunidade autónoma.

60.000

14.3.2014

Acordo de colaboración interadministrativo entre a Consellería de Economía e Industria, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a Consellería de Medio Rural e do Mar e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) sobre o traspaso do Inega a Agader do crédito correspondente ao Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) e o seu cofinanciamento.

Sen custo económico

17.3.2014

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), polo que se regulan as condicións nas que se lle concede unha subvención prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos da nosa comunidade autónoma para a realización, durante o ano 2014, de actividades de dinamización das embarcacións patrimoniais.

10.500

26.3.2014

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar e a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), polo que se regulan as condicións nas que se lle concede unha subvención prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos da nosa comunidade autónoma para a realización durante o ano 2014, de actividades de dinamización e fomento da carpintaría de Ribeira.

Sen custo económico

27.3.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Televisión de Galicia.

149.000

4.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (BOAGA) para continuar coa execución de determinadas actividades definidas no programa de recuperación, conservación e fomento dos recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia en perigo de extinción, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

605.000

9.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para continuar coa execución “ex situ” de determinadas actividades do programa de recuperación, conservación e fomento dos recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia en perigo de extinción destinadas ás razas ovella galega, cabra galega e porco celta, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

140.000

9.4.2014

Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería do Medio Rural e do Mar (Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro) para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado e profesorado do IGAFA.

15.000

25.4.2014