Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31458

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 4 de xullo de 2014 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2014.

O día 24 de xaneiro de 2014, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicou a Orde do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2014.

No seu artigo 17 precísanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas e sinálase que as dotacións iniciais se poderán incrementar.

A súa dotación orzamentaria ascende á cantidade de 3.000.000,00 de euros para o ano 2014. Coa finalidade de poder amparar todas as solicitudes de axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común, no marco das axudas ao desenvolvemento rural en Galicia e, posto que esta dotación resulta insuficiente, cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria para a concesión das mencionadas axudas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Ampliar a dotación orzamentaria asignada no 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2014, con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 12.20.551B.770.0 por importe de 350.000,00 euros na anualidade 2014. Ascendendo o total do importe económico previsto para o financiamento das axudas sinaladas a 3.350.000 euros.

Esta dotación poderá ser incrementada con fondos comunitarios, do Estado, ou da Comunidade Autónoma.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file