Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32357

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 14 de xullo de 2014 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 19 de decembro de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais do período 2007-2013, cofinanciadas polo Feader, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2014.

missing image file

A Orde do 19 de decembro de 2013 (publicada no Diario Oficial de Galicia do 26 de decembro) establece as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais do período 2007-2013, cofinanciadas polo Feader, e convoca as do exercicio orzamentario de 2014.

No seu artigo 24. Financiamento, relativo ao financiamento destas axudas, detállanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para elas, así como a posibilidade de incrementar as cantidades fixadas anteriormente nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia.

Á vista do elevado número de solicitudes e do investimento presentado, considérase necesario ampliar a dotación orzamentaria inicialmente consignada.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 19 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais do período 2007-2013, cofinanciadas polo Feader, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2014, nos seguintes importes e aplicacións dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:

Concepto
orzamentario

Código de proxecto

Taxa de cofinanciamento do Feader

Anualidade
2014 (€)

Anualidade
2015 (€)

12.20.741A.770.0

200700448

75 %

3.113.066

0

201100798

75 %

500.000

0

201100769

90 %

75.926

0

12.20.713D.770.0

201100767

75 %

182.864

0

Consonte iso, a dotación orzamentaria total para o financiamento desta orde é a seguinte:

Concepto
orzamentario

Código de proxecto

Taxa de cofinanciamento do Feader

Anualidade
2014 (€)

Anualidade
2015 (€)

12.20.741A.770.0

200700448

75 %

8.863.066

11.231.996

201100798

75 %

1.000.000

600.000

201100769

90 %

175.926

100.000

12.20.713D.770.0

201100767

75 %

782.864

892.500

Disposición adicional única

Esta ampliación orzamentaria non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na dita Orde do 19 de decembro de 2013.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar