Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32878

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (314/2014).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 314/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesusa Varela Vázquez contra a empresa Servanza, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución.

Estimo a demanda formulada por María Jesusa Varela Vázquez, asistida polo letrado Sr. Nouche Ferreira, contra a empresa Servanza, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre despedimento e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante, efectuado pola demandada por falta de chamamento da traballadora para a prestación de servizos, e condeno a entidade demandada a que opte, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ben por readmitir a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a presente sentenza, a razón de 34,79 euros diarios, ben pola extinción da relación contractual, con aboamento dunha indemnización de 6.418,76 euros.

Advírtese a Servanza, S.L. que, no caso de non optar pola readmisión ou pola indemnización, entenderase que procede a primeira.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o disposto no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes esta resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014

A secretaria xudicial