Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 32973

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 30 de abril de 2014 pola que se convocan para o ano 2014 as axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2014, a través da Resolución do 30 de abril de 2014 (DOG número 86, do 7 de maio), axudas e subvencións destinadas a entidades locais para a promoción da igualdade, que se desenvolverán a través dos seguintes programas:

a) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (procedemento SI435A).

b) Programa de fomento da conciliación (procedemento SI435B).

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (procedemento SI427B).

As partidas orzamentarias con cargo ás cales se financian estas axudas teñen un cofinanciamento do 80 % do FSE no programa operativo de Galicia 2007-2013, no eixo 2, tema prioritario 69, e no eixo 4, tema prioritario 80.

O artigo 21 da Resolución do 30 de abril de 2014 establece o prazo de presentación das solicitudes, así como a forma, indicando que a presentación das solicitudes se realizarán unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Por outra banda, os artigos 22, 23 e 24 determinan a documentación específica para cada programa que se xuntará ao anexo de solicitude correspondente.

A Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade, como órgano encargado da instrución dos procedementos, revisou as solicitudes presentadas en prazo na sede electrónica da Xunta de Galicia ao abeiro da dita resolución e identificou tanto aquelas que non conteñen erros e dispoñen da documentación preceptiva, como aquelas outras que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, por conter erros, ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 27 da citada Resolución do 30 de abril de 2014 establece, de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se a solicitude non reúne algún dos requisitos establecidos na convocatoria, o órgano instrutor requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fan, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59, 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, os citados requirimentos de emenda poderanse facer ben a través de notificación individualizada, ou ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada, e tamén se publicitarán na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación xúntase como anexo I –solicitudes suxeitas a emenda de documentación– desta resolución, con especificación dos expedientes requiridos en cada procedemento.

2. Publicar no anexo II desta resolución a relación de documentos preceptivos para emenda das solicitudes, de conformidade cos requisitos e prazos establecidos na convocatoria, con descrición dos documentos requiridos para o programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (procedemento SI435A) e para o programa de fomento da conciliación (procedemento SI435B).

3. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo I –solicitudes suxeitas á emenda de documentación– de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade, preferentemente a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.es ou ben por calquera dos medios dispostos no artigo 40 da resolución de convocatoria.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2014

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

a) Relación de solicitudes suxeitas á emenda de documentación do procedemento SI435A (Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero).

Código expediente

Solicitante

NIF

Documentos reclamados

SI435A 2014/001

Mancomunidade Terra de Celanova

P8202502D

3 un por cada liña solicitada (debidamente cubertos); 18

SI435A 2014/002

Concello de Meis

P3602800I

3 un por cada liña solicitada (debidamente cubertos)

SI435A 2014/005

Concello do Vicedo

P2706400E

18

SI435A 2014/007

Concello de Mondoñedo

P2703000F

3 (un por cada liña solicitada); 6 (para a liña 2)

SI435A 2014/009

Concello de Arzúa

P1500600J

2 (debidamente cuberto); 3 (debidamente cuberto); 4 (debidamente cuberto); 6; 7

SI435A 2014/010

Mancomunidade I. V. do Ribeiro

P3200021H

7; 18

SI435A 2014/011

Concello de Poio

P3604100B

12

SI435A 2014/014

Concello de Bueu

P3600400J

3 (un por cada liña solicitada debidamente cuberto); 4 (deben utilizar o modelo publicado no DOG do 7.5.2014); 18

SI435A 2014/015

Concello de Ribadeo

P2705100B

7; 18

SI435A 2014/016

Concello de Dodro

P1503300D

8; 9

SI435A 2014/017

Concello de Vigo

P3605700H

3 (un por cada liña solicitada debidamente cubertos); 4 (debidamente cuberto); 7; 18

SI435A 2014/018

Concello de Xinzo de Limia

P3203300C

2 (debidamente cuberto); 3 (un por cada liña solicitada); 12 (para a liña 2)

SI435A 2014/019

Concello de Fene

P1503600G

2; 19

SI435A 2014/020

Concello de Moaña

P3602900G

3 (debidamente cuberto); 6 (existen incongruencias na identificación do PIOM para o que solicitan a subvención); 8; 9

SI435A 2014/022

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

2; 3 (un por cada liña solicitada); 7

SI435A 2014/023

Concello da Baña

P1500700H

3 (a temporalización excede o período subvencionable)

SI435A 2014/024

Concello de Barreiros

P2700500H

3 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/025

Concello da Peroxa

P3206000F

2 (debidamente cuberto); 3 (un por cada liña solicitada); 7; 18

SI435A 2014/026

Concello do Pereiro de Aguiar

P3205900H

3 (deben desagregar os orzamentos por conceptos e importes); 6 (a duración do obradoiro “Convivindo en igualdade” excede o período subvencionable); 7

SI435A 2014/028

Concello de Santiso

P1508000E

6 (Deben indicar a epígrafe do plan de igualdade en vigor en que están recollidas as accións para as cales solicitan a subvención)

SI435A 2014/029

Concello de Xove

P2702500F

3 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/030

Concello de Paderne

P1506500F

6 (deben achegar unha memoria segundo o indicado no art. 22.3.3 das bases reguladoras; 7.

SI435A 2014/032

Concello de Monforte de Lemos

P2703100D

2 (debidamente cuberto); 3 (un por cada liña solicitada e debidamente cuberto); 18

SI435A 2014/035

Concello de Ribadavia

P3207000E

2 (debidamente cuberto); 3 (a temporalización excede o período subvencionable)

SI435A 2014/036

Concello do Porriño

P3603900F

2 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/037

Concello de Mos

P3603300I

3 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/039

Concello da Bola

P3201500J

2 (debidamente cuberto); 18

SI435A 2014/040

Concello de Palas de Rei

P2704000E

2 (debidamente cuberto e asinado)

SI435A 2014/041

Concello de Maside

P3204600E

3 (as datas indicadas para o desenvolvemento da actuación exceden o período subvencionable); 11; 18

SI435A 2014/042

Concello de Pedrafita do Cebreiro

P2704500D

2 (debidamente cuberto); 19

SI435A 2014/043

Concello de Calvos de Randín

P3201700F

2 (acreditar o nomeamento da secretaria accidental do concello)

SI435A 2014/044

Concello de Ortigueira

P1506200C

2 (debidamente asinados); 3 (para a liña 1, o período de contratación excede o período subvencionable); 12

SI435A 2014/045

Concello de Viveiro

P2706700H

2 (acreditar o nomeamento da secretaria accidental do concello)

SI435A 2014/048

Concello de Coirós

P1502700F

2 (debidamente cuberto); 7 (para a liña 2)

SI435A 2014/049

Concello da Cañiza

P3600900I

2 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/051

Concello de Irixoa

P1504000I

2; 12

SI435A 2014/052

Concello de Santa Comba

P1507800I

3 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/053

Concello de Ourense

P3205500F

2; 6 (a temporalización indicada excede o período subvencionable); 7; 11; 12; 18

SI435A 2014/054

Concello de Cortegada

P3202800C

3 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/055

Concello de Cerdedo

P3601100E

7

SI435A 2014/056

Concello de Carballedo

P2700900J

3 (debidamente cuberto); 18

SI435A 2014/057

Concello de Barbadás

P3200900C

3 (a data fin da temporalización e do período de contratación son incorrectas)

SI435A 2014/058

Concello da Guarda

P3602300J

6 (liña 2: a temporalización indicada excede o período subvencionable); 18

SI435A 2014/059

Concello de Redondela

P3604500C

3 (un por cada liña solicitada)

SI435A 2014/060

Concello de Arteixo

P1500500B

3 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/061

Concello do Pino

P1506700B

3 (un por cada liña solicitada)

SI435A 2014/063

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

3 (debidamente cuberto); 11

SI435A 2014/064

Concello de Vilamarín

P3208800G

3 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/065

Concello de San Sadurniño

P1507700A

2 (debidamente cuberto); 3 (un por cada liña solicitada)

SI435A 2014/066

Concello de Vilalba

P2706500B

7

SI435A 2014/067

Concello de Muxía

P1505300B

3 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/068

Concello de Ponteceso

P1506900H

2; 3 (un para cada liña solicitada debidamente cubertos); 18

SI435A 2014/069

Concello de Lugo

P2702800J

3 (un por cada liña solicitada debidamente cubertos); 6 (liñas 1 e 2: o cronograma indicado excede o período subvencionable); 7

SI435A 2014/071

Concello de Toén

P3208200J

3 (un por cada liña solicitada debidamente cuberto)

SI435A 2014/072

Concello da Estrada

P3601700B

3 (debidamente cuberto); 19

SI435A 2014/073

Concello de Ferrol

P1503700E

3 (debidamente cuberto); 11; 12

SI435A 2014/074

Concello de Agolada

P3602000F

2 (debidamente cuberto); 12 ; 13 ; 18

SI435A 2014/075

Concello do Carballiño

P3202000J

2 (debidamente cuberto); 3 (un por cada liña solicitada)

SI435A 2014/076

Concello de Baños de Molgas

P3200800E

2; 3 (debidamente cuberto); 9

SI435A 2014/077

Concello de Ribas de Sil

P2705200J

3 (debidamente cuberto para cada liña solicitada); 6; 7

SI435A 2014/078

Concello de Ares

P1500400E

3 (un para cada liña debidamente cuberto); 7 (para a liña 2); 19

SI435A 2014/080

Concello de Vilamartín de Valdeorras

P3208900E

3 (para as dúas liñas debidamente cubertos); 6 (para as dúas liñas. A temporalización das accións excede o período subvencionable e deberán desagregar o orzamento por actuacións); 7

SI435A 2014/081

Concello de Salceda de Caselas

P3604900E

2; 18

SI435A 2014/082

Concello de Lobios

P3204300B

1 (debidamente cuberto); 3 (un por cada liña solicitada debidamente cubertos); 7

SI435A 2014/083

Concello de Bande

P3200700G

2; 18

SI435A 2014/084

Concello da Rúa

P3207300I

7

SI435A 2014/085

Mancomunidade Intermunicipal Conso-Frieiras

P3200016H

2 (debidamente cuberto); 3 (debidamente cuberto); 6 (deben xustificar e facer unha desagregación por conceptos e importes dos gastos indicados no anexo III continuación)

SI435A 2014/086

Concello das Neves

P3603400G

2; 8

SI435A 2014/087

Concello da Mezquita

P3204900I

18

SI435A 2014/088

Concello de Camariñas

P1501600I

7 (para a liña 2)

SI435A 2014/090

Concello de Baiona

P3600300B

3 (debidamente cuberto para cada liña solicitada)

SI435A 2014/092

Concello de Castroverde

P2701100F

19

SI435A 2014/093

Concello de Esgos

P3203200E

2 e 3 (debidamente cubertos); 7

SI435A 2014/094

Concello do Grove

P3602200B

2 (debidamente cuberto); 3 (un por cada liña solicitada debidamente cubertos); 7 (para a liña 2)

SI435A 2014/095

Concello da Laracha

P1504200E

2 (debidamente asinado); 3 (un para cada liña solicitada debidamente cubertos)

SI435A 2014/096

Concello de Nigrán

P3603500D

3 (un para cada liña solicitada debidamente cubertos)

SI435A 2014/097

Concello da Lama

P3602500E

3 (un para cada liña solicitada debidamente cubertos)

SI435A 2014/098

Concello de Teo

P1508300I

1 (debidamente cuberto); 3 (un para cada liña solicitada debidamente cubertos); 6 (deben indicar con claridade o cronograma e as datas da súa realización. A temporalización das accións excede o período subvencionable)

SI435A 2014/099

Concello de Vilarmaior

P1509200J

3 (un para cada liña solicitada debidamente cuberto)

SI435A 2014/100

Concello de Muíños

P3205200C

2; 3 (un por cada liña solicitada. A temporalización das accións excede o período subvencionable); 7

SI435A 2014/101

Concello de Portas

P3604000D

12

SI435A 2014/103

Concello de Xunqueira de Ambía

P3203700D

2 e 3 (debidamente cubertos); 18

SI435A 2014/105

Concello de Sober

P2705900E

3 (debidamente cuberto); 7; 18

SI435A 2014/106

Concello de Cariño

P1509500C

8; 9; 18

SI435A 2014/107

Concello de Guitiriz

P2702200C

3 (un para cada liña solicitada debidamente cubertos); 7

SI435A 2014/108

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

2 (debidamente cuberto); 6; 8; 9

SI435A 2014/109

Concello do Saviñao

P2705800G

6; 7

SI435A 2014/110

Concello de Vilagarcía de Arousa

P3606000B

3 (debidamente cuberto); 8; 18

SI435A 2014/111

Concello de Silleda

P3605200I

3 (un para cada liña solicitada); 7

SI435A 2014/112

Concello de Carnota

P1502000A

3 (un para cada liña debidamente cubertos); 12; 18

SI435A 2014/113

Concello de Melide

P1504700D

3 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/114

Concello de Mazaricos

P1504600F

2 (debidamente cubertos; 6 (aclarar incongruencias nas datas de realización das actuacións)

SI435A 2014/115

Concello de Crecente

P3601400I

3 (Indicar cales dos gastos reflectidos corresponden a persoal propio e cales a persoal externo ); 8

SI435A 2014/116

Concello de Mugardos

P1505200D

3 (debidamente cuberto); 6 ; 7

SI435A 2014/117

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

1 e 2 (debidamente cubertos); 3 (un para cada liña solicitada debidamente cubertos)

SI435A 2014/118

Concello de Soutomaior

P3605300G

3 (debidamente cuberto); 7 (para a liña 2); 12; 19

SI435A 2014/120

Concello de Outes

P1506300A

6 (para a liña 1: existen contradicións nas accións a desenvolver)

SI435A 2014/121

Concello de Cangas

P3600800A

2 (debidamente cuberto); 3 (un para cada liña solicitada debidamente cubertos); 7 (para a liña 2); 8 (para a liña 1)

SI435A 2014/122

Concello de Porto do Son

P1507200B

1 (debidamente cuberto); 3 (deben desagregar o gasto en material de oficina); 6 (deben axustarse ás bases reguladoras artº. 22.3.3 e a temporalización das accións excede o período subvencionable)

SI435A 2014/123

Concello de Cervo

P2701300B

3 (un para cada liña solicitada debidamente cubertos)

SI435A 2014/124

Concello da Pastoriza

P2704400G

3 (un para cada liña solicitada debidamente cubertos); 12

SI435A 2014/126

Concello de Manzaneda

P3204500G

8

SI435A 2014/127

Concello de Ames

P1500200I

2 (debidamente cuberto); 3 (debidamente cuberto); 7

SI435A 2014/128

Concello de Quiroga

P2705000D

2 (debidamente cuberto); 3 (un para cada liña solicitada debidamente cubertos); 18

SI435A 2014/129

Concello de Pontedeume

P1507000F

3 (debidamente cuberto); 7; 18

SI435A 2014/131

Concello da Veiga

P3208400F

3 (un por cada liña solicitada debidamente cubertos); 7; 18

SI435A 2014/132

Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes

P1500003G

2 (debidamente cuberto); 3 (un por cada liña solicitada); 7

SI435A 2014/133

Concello de Cabanas

P1501500A

2 (debidamente cuberto); 3 (un por cada liña solicitada debidamente cuberto); 13

SI435A 2014/134

Concello de Cerceda

P1502400C

2 (debidamente cuberto); 3 (deben desagregar o orzamento por conceptos e importes); 11; 19

SI435A 2014/135

Concello de Nogueira de Ramuín

P3205300A

2 (a actuación para a que solicitan a subvención non coincide coa reflectida na memoria achegada ); 14; 18

SI435A 2014/136

Concello de Ribeira

P1507400H

3 (un por cada liña solicitada debidamente cuberto); 7; 12 (para a liña 1)

SI435A 2014/137

Concello de Aranga

P1500300G

2 (debidamente asinado); 3 debidamente cuberto); 7; 18

SI435A 2014/138

Concello de Cee

P1502300E

2 (debidamente cuberto); 3 (debidamente cuberto); 8; 9, 18

SI435A 2014/139

Concello de Carballo

P1501900C

3 (debidamente cuberto); 6

SI435A 2014/141

Concello de Cambre

P1501700G

2 (debidamente asinado); 18

SI435A 2014/142

Concello de Samos

P2705500C

3 (debidamente cuberto); 9

SI435A 2014/143

Concello de Caldas de Reis

P3600500G

2 e 3 (debidamente cubertos); 7

SI435A 2014/146

Concello da Pobra do Caramiñal

P1506800J

2 (debidamente asinado); 6; 18; 19

SI435A 2014/147

Concello de Entrimo

P3203100G

3 (debidamente cuberto); 18

SI435A 2014/148

Concello de Bóveda

P2700800B

3 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/149

Concello de Outeiro de Rei

P2703900G

12 (e se é o caso enviar corrixidos os anexos que procedan); 18

SI435A 2014/150

Concello de Cualedro

P3202900A

7

SI435A 2014/151

Concello de Monterrei

P3205100E

2 e 3 (debidamente cubertos); 18

SI435A 2014/152

Concello de San Cristovo de Cea

P3207700J

3 (debidamente cuberto); 7

SI435A 2014/153

Concello de Pontevedra

P3603800H

2 (debidamente cuberto); 11

SI435A 2014/154

Concello de Lalín

P3602400H

18

SI435A 2014/155

Concello de Meaño

P3602700A

7

SI435A 2014/157

Concello de Burela

P2706800F

2 e 3 (acreditar a representación do alcalde en funcións para asinar estes anexos)

SI435A 2014/158

Concello de Pontecesures

P3604400F

8; 9; 18

SI435A 2014/159

Concello de Xermade

P2702100E

3 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/160

Concello de Oleiros

P1505900I

2 e 3 (debidamente cubertos)

SI435A 2014/161

Concello de Betanzos

P1500900D

7; 12

SI435A 2014/162

Concello de Taboada

P2706000C

3 (debidamente cuberto); 6

SI435A 2014/163

Concello de Chantada

P2701600E

2; 3 (debidamente cuberto); 7

SI435A 2014/164

Concello de Tui

P3605500B

2; 3 (un por cada liña solicitada debidamente cubertos); 4 (debidamente cuberto); 18

SI435A 2014/167

Concello de Cuntis

P3601500F

2 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/168

Concello de Coles

P3202700E

8; 9; 18

SI435A 2014/169

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

8; 9; 18

SI435A 2014/170

Concello de Begonte

P2700700D

12

SI435A 2014/171

Concello de Padrón

P1506600D

3 (un por cada liña solicitada debidamente cubertos); 7

SI435A 2014/172

Concello de Vimianzo

P1509300H

8; 19

SI435A 2014/173

Concello de Vilasantar

P1509100B

3 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/174

Concello de Lousame

P1504300C

2 (deben utilizar o modelo publicado no DOG do 7.5.2014); 3 (debidamente cuberto)

SI435A 2014/176

Concello de Castrelo de Miño

P3202300D

2

SI435A 2014/177

Concello de Marín

P3602600C

1 e 3 (debidamente cubertos); 7

SI435A 2014/178

Concello de Maceda

P3204400J

2; 3 (un por cada liña solicitada debidamente cubertos); 7; 18

SI435A 2014/179

Concello de Ponteareas

P3604200J

6; 7

SI435A 2014/180

Concello de Cospeito

P2701500G

3 (un por cada liña solicitada debidamente cubertos); 7 (para a liña 2)

SI435A 2014/181

Concello da Coruña

P1503000J

2 (debidamente cuberto); 3 (un por cada liña solicitada debidamente cubertos); 6 (para a Liña 2); 11

b) Relación de solicitudes suxeitas á emenda de documentación do procedemento SI435B (Programa de fomento da conciliación).

Código expediente

Solicitante

NIF

Documentos requiridos

SI435B 2014/000001-0

Mancomunidade ‘Terra de Celanova’

P8202502D

3 (falta o período de contratación do persoal), 9 (os datos do aforro non son coherentes) e 13

SI435B 2014/000003-0

Concello de Foz

P2701900I

3 (falta o período de contratación do persoal) e 13

SI435B 2014/000004-0

Concello de Catoira

P3601000G

3 (falta o período de contratación do persoal e o importe do orzamento de gastos non coincide co importe de financiamento), 5 e 8 (falta metodoloxía, resultados previstos e cronograma)

SI435B 2014/000006-0

Concello de Meira

P2702900H

3 (gastos de persoal debidamente cubertos e falta o período de contratación)

SI435B 2014/000007-0

Mancomunidade I.V.do Ribeiro

P320021H

8 (falta o cronograma que inclúa a execución da medida en cada concello (o nº de persoal é inferior ao nº de concellos) e completar a memoria xustificando os beneficios da solicitude conxunta (art. 8 da convocatoria))

SI435B 2014/000009-0

Concello de Porqueira

P3206300J

2 (falta o importe que se solicita), 3 (falta o financiamento e o período de contratación do persoal) e 8 (falta contidos, metodoloxía, medios materiais, resultados previstos e cronograma)

SI435B 2014/000010-0

Concello de Vigo

P3605700H

5, 13 e 14

SI435B 2014/000011-0

Concello de Corcubión

P1502800D

3 (a temporalización da acción non se corresponde co período subvencionable) e 8 (falta resultados previstos e cronograma)

SI435B 2014/000013-0

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

2 e 5

SI435B 2014/000014-0

Concello de Mugardos

P1505200D

3 (a temporalización da acción non coincide coa da memoria, gastos de persoal debidamente cubertos e falta o período de contratación)

SI435B 2014/000015-0

Concello de Toén

P3208200J

8 (debe recoller os aspectos sinalados no art. 23.3.3 da convocatoria)

SI435B 2014/000016-0

Concello de Xinzo de Limia

P3203300C

2 (debe indicar o órgano competente que adoptou o acordo) e 3 (falta o período de contratación do persoal)

SI435B 2014/000017-0

Concello de Castrelo do Val

P3202200F

13

SI435B 2014/000018-0

Concello de Trazo

P1508700J

1 (falta o importe que se solicita), 2 (debidamente asinado), 3 (gastos de persoal debidamente cubertos) e 8 (falta xustificación da necesidade, ámbito de influencia e resultados previstos)

SI435B 2014/000019-0

Concello do Pereiro de Aguiar

P3205900H

3 (a temporalización da acción non se corresponde co período subvencionable) e 10

SI435B 2014/000020-0

Concello de Valdoviño

P1508800H

3 (a temporalización da acción non se corresponde co período subvencionable), 8 (debe recoller os aspectos sinalados no art. 23.3.3 da convocatoria) e 11 (nome da medida: “Concilia tempos”)

SI435B 2014/000021-0

Concello da Peroxa

P3206000F

13

SI435B 2014/000022-0

Concello de Meis

P3602800I

3 (gastos de persoal debidamente cubertos e falta o período de contratación)

SI435B 2014/000023-0

Concello do Porriño

P3603900F

3 (o importe do orzamento de gastos non coincide co importe de financiamento)

SI435B 2014/000024-0

Concello de Cotobade

P3601200C

3 (falta a parte de financiamento)

SI435B 2014/000025-0

Concello de Arbo

P3600100F

2, 3 (falta o período de contratación do persoal) e 13

SI435B 2014/000026-0

Concello de Bola

P3201500J

3 (falta o período de contratación do persoal) e 13

SI435B 2014/000028-0

Concello de Oímbra

P3205400I

3 (falta o período de contratación do persoal)

SI435B 2014/000029-0

Concello de Frades

P1503900A

3 (falta o período de contratación do persoal) e 13

SI435B 2014/000030-0

Concello de Esgos

P3203200E

1 (falta o importe que se solicita)

SI435B 2014/000031-0

Concello de Ourense

P3205500F

1 (o importe que solicita non coincide co que consta no anexo III), 2 (os datos non se ven con claridade), 3 (falta o período de contratación do persoal e o importe do orzamento de gastos non coincide co importe do financiamento), 8 (aclarar que actividades están dirixidas aos/as menores, posto que as actividades coas familias non son subvencionables) e 13

SI435B 2014/000034-0

Concello de Ribadavia

P3207000E

3 (gastos de persoal debidamente cubertos e falta o período de contratación)

SI435B 2014/000036-0

Concello de Ortigueira

P1506200C

3 (o importe que solicita non coincide co que consta nos anexos I-2 e II-2)

SI435B 2014/000037-0

Concello de Rois

P1507500E

2, 3 (a temporalización da acción non se corresponde co período subvencionable), 8 (falta horario completo, cronograma e o sistema de avaliación non se refire á totalidade da temporalidade da acción) e 13

SI435B 2014/000040-0

Concello de Nigrán

P3603500D

13

SI435B 2014/000041-0

Concello de Vilamarín

P3208800G

3 (falta o período de contratación do persoal)

SI435B 2014/000042-0

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

5 e 8 (falta cronograma)

SI435B 2014/000043-0

Concello de Silleda

P3605200I

3 (falta o período de contratación do persoal) e 13

SI435B 2014/000044-0

Concello de Láncara

P2702600D

8 (falta completar a memoria xustificando os beneficios da solicitude conxunta (art. 8 da convocatoria) e 9 (deberá conter datos económicos)

SI435B 2014/000046-0

Concello de Bergondo

P1500800F

3 (a temporalización da acción non se corresponde co período subvencionable) e 8 (memoria coas actividades A e B, susceptibles de ser subvencionadas -a actividade C non é de conciliación e a actividade D non está validada-)

SI435B 2014/000048-0

Concello de Ferrol

P1503700E

3 (a temporalización da acción non se corresponde co período subvencionable, gastos de persoal debidamente cubertos e falta o período de contratación), 5 e 8 (debe recoller os aspectos sinalados no art. 23.3.3 da convocatoria)

SI435B 2014/000049-0

Concello da Rúa

P3207300I

8 (falta cronograma e sistema de avaliación) e 12

SI435B 2014/000052-0

Concello de Mos

P3603300I

3 (falta o período de contratación do persoal), 8 (falta persoas responsables da execución e, respecto de Mañás de verán, faltan os contidos e a metodoloxía das actividades) e 12

SI435B 2014/000053-0

Concello de Irixoa

P1504000I

2

SI435B 2014/000054-0

Concello de Salceda de Caselas

P3604900E

1 (falta encher o apartado Tipo de programa solicitado) e 2

SI435B 2014/000055-0

Concello de Muros

P1505400J

2 (o importe do orzamento é incorrecto) e 11 (da medida “Educaconcilia”)

SI435B 2014/000056-0

Concello de Castroverde

P2701100F

3 (gastos de persoal debidamente cubertos e falta o período de contratación)

SI435B 2014/000057-0

Concello de Ribadumia

P3604600A

1 (outras axudas referidas á medida de conciliación, obxecto desta solicitude), 2, 3 (a temporalización da acción non se corresponde co período subvencionable e falta o período de contratación do persoal), 8 (debe recoller os aspectos sinalados no art. 23.3.3 da convocatoria) e 13

SI435B 2014/000058-0

Concello do Grove

P3602200B

8 (falta horario, periodicidade e cronograma das actividades)

SI435B 2014/000060-0

Concello de Teo

P1508300I

1 (falta o importe da subvención que solicita), 3 (a temporalización da acción non se corresponde co período subvencionable e falta o financiamento), 8 (falta medios materiais e persoais, resultados previstos e persoas responsables), 12 e 13

SI435B 2014/000061-0

Concello de Muíños

P3205200C

2, 8 (aclarar nome da medida (non coincide co nome que consta no anexo I-2) e falta ámbito de influencia, metodoloxía, intervalo das idades dos menores, medios materiais e persoais, resultados previstos e persoas responsables) e 11

SI435B 2014/000062-0

Concello do Carballiño

P3202000J

1 (o importe que solicita non coincide co declarado no resto do expediente) e 3 (o importe dos gastos non coincide co importe do financiamento)

SI435B 2014/000063-0

Concello de Mesía

P1504800B

3 (o importe dos gastos non coincide co importe do financiamento), 8 (falta lugar de realización das actividades e nº estimado de persoas destinatarias) e 13

SI435B 2014/000064-0

Concello de Caldas de Reis

P3600500G

1 (o importe do orzamento é incorrecto e falta encher o apartado de outras axudas e subvencións) e 8 (falta cronograma)

SI435B 2014/000066-0

Concello de Camariñas

P1501600I

8 (falta metodoloxía, medios persoais, persoas responsables da súa execución e resultados previstos)

SI435B 2014/000067-0

Concello de Guitiriz

P2702200C

2 (o importe que se solicita non coincide co que consta no resto da documentación) e 4

SI435B 2014/000068-0

Concello de Vilagarcía de Arousa

P3606000B

8 (debe recoller os aspectos sinalados no art. 23.3.3 da convocatoria) e 13

SI435B 2014/000069-0

Concello de Piñor

P3206200B

1 (o importe que se solicita non coincide co que consta no resto da documentación) e 10

SI435B 2014/000071-0

Concello de Vilarmaior

P1509200J

8 (debe recoller os aspectos sinalados no art. 23.3.3 da convocatoria, e relativos á medida validada “Campamento de verán”)

SI435B 2014/000072-0

Concello de Ribeira

P1507400H

8 (falta metodoloxía e persoas responsables da execución da medida)

SI435B 2014/000073-0

Concello de Avión

P3200500A

2, 7 (deberá ter por obxecto a xestión compartida da medida Banco de tempo), 8 (falta recursos materiais e persoais, persoas responsables da súa execución, resultados previstos e completar a memoria xustificando os beneficios da solicitude conxunta (art. 8 da convocatoria), e 9 (deberá conter datos económicos)

SI435B 2014/000076-0

Concello de Carballo

P1501900C

2 e 8 (falta xustificación da necesidade, contidos, metodoloxía, medios materiais, resultados previstos, cronograma e sistema de avaliación)

SI435B 2014/000077-0

Concello de Cambre

P1501700G

1 (datos doutras axudas e subvencións debidamente cubertos), 3 (datos do financiamento), 8 (debe recoller os aspectos sinalados no art. 23.3.3 da convocatoria coa aplicación do reaxuste do orzamento establecido no art. 17 da convocatoria) e 13

SI435B 2014/000078-0

Concello de Valga

P3605600J

3 (gastos de persoal debidamente cubertos e falta o período de contratación), 6, 8 (falta xustificación da necesidade, ámbito de influencia, horario, cronograma, lugar de realización e beneficios da solicitude conxunta (art. 8 da convocatoria)) e 9

SI435B 2014/000080-0

Concello da Pastoriza

P2704400G

3 (a temporalización da acción non se corresponde co período subvencionable e falta o orzamento de gastos), 5 (falta o Decreto da alcaldía do 13.6.2011), 8 (falta horario e metodoloxía empregada nas actividades extraescolares) e 10

SI435B 2014/000081-0

Concello de Cualedro

P3202900A

4

SI435B 2014/000082-0

Concello de Abegondo

P1500100A

3 (a temporalización da acción non se corresponde co período subvencionable)

SI435B 2014/000084-0

Concello de Taboada

P2706000C

1 (falta cubrir a parte o apartado Tipo de programa solicitado) e 3 (no orzamento de gastos falta completar os conceptos e os importes do orzamento e do solicitado non coinciden co resto da documentación)

SI435B 2014/000085-0

Concello de Castro de Rei

P2701000H

1 (falta o importe e a porcentaxe da axuda solicitada á Deputación provincial), 3 (falta o importe de cofinanciamento doutras administracións) e 8 (respecto dos contidos, falta actividades e programación do campamento urbano)

SI435B 2014/000086-0

Concello de Pontedeume

P1507000F

2 (presentaron o anexo II-1), 3 (falta o orzamento de gastos) e 13

SI435B 2014/000087-0

Concello de Xermade

P2702100E

3 (falta o orzamento de gastos)

SI435B 2014/000088-0

Concello de Cuntis

P3601500F

3 (falta o período de contratación do persoal) e 10

SI435B 2014/000091-0

Concello de Carballeda de Valdeorras

P3201800D

3 (o importe do orzamento de gastos non coincide co importe do financiamento), 8 (debe recoller os aspectos sinalados no art. 23.3.3 da convocatoria), 12 e 13

SI435B 2014/000092-0

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

3 (a temporalización da acción non se corresponde co período subvencionable, falta o período de contratación do persoal e completar os conceptos do orzamento de gastos), 4 (debidamente cuberto), 8 (falta horario, duración, metodoloxía que se vai empregar nas actividades cos menores, resultados previstos e cronograma), 10 e 13

SI435B 2014/000093-0

Concello de Ames

P1500200I

1 e 2 (cos importes debidamente cubertos) e 3 (cos importes debidamente cubertos e falta o orzamento de gastos)

SI435B 2014/000095-0

Concello de Santa Comba

P1507800I

2, 3 e 8

SI435B 2014/000097-0

Concello de Ponteareas

P3604200J

3 (o importe do orzamento de gastos non coincide co importe de financiamento) e 8 (debe recoller os aspectos sinalados no art. 23.3.3 da convocatoria)

SI435B 2014/000098-0

Concello de Maceda

P3204400J

1 (debidamente cuberto), 2 e 8

SI435B 2014/000099-0

Concello de Castrelo de Miño

P3202300D

3 (gastos de persoal debidamente cubertos)

SI435B 2014/000103-0

Concello de Alfoz

P2700200E

8 (falta contidos, metodoloxía, medios materiais e resultados previstos)

c) Relación de solicitudes suxeitas á emenda de documentación do procedemento SI427B (Programa de apoio ao centros de información ás mulleres).

Código expediente

Solicitante

NIF

Documentos reclamados

SI427B 2014/000003-0

Concello de Ourense

P3205500F

Acreditación de representación fidedigna da persoa asinante da solicitude (concelleira de Igualdade); anexo II.3; anexo VI

SI427B 2014/000005-0

Concello de Boiro

P1501100J

Anexo V (mal cuberto horario prestación de servizos, non inclúe dirección e non consignan os servizos profesionais externos)

SI427B 2014/000017-0

Concello de Vigo

P3605700H

Acreditación de representación fidedigna da persoa asinante da solicitude (concelleira de Igualdade)

SI427B 2014/000020-0

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

Anexo II.3; xustificación fidedigna da motivación que impide a cobertura con carácter definitivo do posto de asesoramento psicolóxico do CIM.

SI427B 2014/000022-0

Concello de Ferrol

P1503700E

Anexo V (mal cuberto horario prestación de servizos, non inclúe dirección); acreditación de representación fidedigna da persoa asinante da solicitude (concelleira de Igualdade) e xustificación fidedigna da motivación que impide a cobertura con carácter definitivo dos postos de dirección e animación sociocultural

SI427B 2014/000026-0

Concello de Curtis

P1503200F

Anexo II.3 debidamente cuberto e acorde co reflectido no anexo VI

SI427B 2014/000028-0

Concello de Ames

P1500200I

Anexo V (mal cuberto horario prestación de servizos, non inclúe dirección)

SI427B 2014/000033-0

Concello de Culleredo

P1503100H

Xustificación fidedigna da motivación que impide a cobertura con carácter definitivo do posto de dirección/asesoramento psicolóxico do CIM

SI427B 2014/000035-0

Mancomunidade Santa Agueda

P3200027E

Anexo III, anexo V, anexo VI e Anexo II.3 debidamente cubertos; memoria de aforro de custos

SI427B 2014/000039-0

Concello de Baiona

P3600300B

Xustificación fidedigna da motivación que impide a cobertura con carácter definitivo do posto de dirección/axente de igualdade do CIM

SI427B 2014/000040-0

Concello de Vilalba

P2706500B

Xustificación fidedigna da motivación que impide a cobertura con carácter definitivo do posto de dirección/asesoramento xurídico do CIM

SI427B 2014/000047-0

Concello da Estrada

P3601700B

Anexo V (o importe do servizo de asesoramento xurídico non se corresponde co reflectido no anexo III, debendo aclarar, ademais, se este custo corresponde ao período de vixencia do contrato ou ao período subvencionable)

SI427B 2014/000052-0

Concello de Zas

P1509400F

Xustificación fidedigna da motivación que impide a cobertura con carácter definitivo do posto de dirección do CIM

SI427B 2014/000054-0

Concello do Grove

P3602200B

Xustificación fidedigna da motivación que impide a cobertura con carácter definitivo do posto de dirección/asesoramento psicolóxico do CIM

SI427B 2014/000058-0

Concello de Melide

P1504700D

Anexo II.3 en modelo normalizado

SI427B 2014/000059-0

Concello de Soutomaior

P3605300G

Anexo II.3 debidamente cuberto tendo en conta que para os postos non incluídos na RPT ou cadro de persoal non se pode solicitar subvención ao emprego estable

SI427B 2014/000060-0

Concello de Vilagarcía de Arousa

P3606000B

Xustificación fidedigna da motivación que impide a cobertura con carácter definitivo dos postos de asesoramento psicolóxico, dinamización e axente de igualdade

SI427B 2014/000062-0

Concello de Avión

P3200500A

Anexo III (está mal temporalizado e falta programa de financiamento); anexo V (debidamente cuberto); anexo II.3 (solicitan unha axuda non prevista na convocatoria); anexo VI

SI427B 2014/000063-0

Concello de Caldas de Reis

P3600500G

Anexo II-BIS; memoria de aforro de custos; xustificación fidedigna da motivación que impide a cobertura con carácter definitivo do posto de axente de igualdade/dirección do CIM

SI427B 2014/000065-0

Concello de Carballo

P1501900C

Anexo III debidamente cuberto; anexo V debidamente cuberto; memoria de aforro de custos

SI427B 2014/000068-0

Concello de Chantada

P2701600E

Convenio colaboración; memoria de aforro de custos e os anexos II.3 e VI son incongruentes xa que solicitan polo 14.2.1 e os postos non están na RPT

SI427B 2014/000069-0

Concello de Ortigueira

P1506200C

Anexo VI; anexo II.3 (debidamente cuberto debendo ser acorde co certificado no anexo VI); memoria de aforro de custos.

SI427B 2014/000072-0

Concello de Lalín

P3602400H

Memoria de aforro de custos

SI427B 2014/000073-0

Concello de Muíños

P3205200C

Anexo II.3

SI427B 2014/000074-0

Concello de Pontevedra

P3603800H

Acreditación da representación fidedigna da persoa asinante da solicitude (xefa de servizo) e da concelleira delegada (asinante dos anexos II.3 e VI); anexo V debidamente cuberto (horario prestación servizos da dirección e 2ª folla do anexo); anexo II.3 debidamente cuberto (solicitan subvención para 1 admtvo. que non cabe no ámbito da convocatoria)

SI427B 2014/000075-0

Concello de Valga

P3605600J

Anexo VI; anexo III debidamente cuberto en todas as partes (ter en conta na temporalización que o CIM se acreditou en maio/2014); anexo II.3 debidamente cuberto indicando os postos para os cales se solicita a axuda; anexo V debidamente cuberto (no número 2 inclúen o horario de prestación de catro servizos e no número 1 só se reflicte o asesoramento psicolóxico e a axente de igualdade); memoria de aforro de custos

SI427B 2014/000076-0

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

Anexo II-BIS; memoria de aforro de custos

SI427B 2014/000077-0

Concello de Maceda

P3204400J

Anexo II.3; anexo VI

SI427B 2014/000078-0

Concello de Ponteareas

P3604200J

Anexo VI (un só anexo debidamente cuberto con todos os postos do CIM e coa denominación correcta do posto para o cal se solicita a axuda); xustificación fidedigna da motivación que impide a cobertura con carácter definitivo dos postos para os cales se solicita a axuda

SI427B 2014/000079-0

Concello de Burela

P2706800F

Memoria de aforro de custos

SI427B 2014/000080-0

Concello da Coruña

P1503000J

Acreditación da representación fidedigna da persoa asinante da solicitude (concelleiro de Servizos Sociais); anexo V debidamente cuberto; anexo II.3 (reflectindo os postos para os cales solicita axuda); xustificación fidedigna da motivación que impide a cobertura con carácter definitivo dos postos reflectidos como temporais no anexo VI

ANEXO II

a) Relación de documentos preceptivos para a emenda das solicitudes do procedemento SI435A (Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero).

Núm. doc.

Descrición documento

1

Anexo I-1: solicitude e declaracións

2

Anexo II-1: certificación sobre o acordo de solicitar a subvención

3

Anexo III: relación de custos estimados dos conceptos para os cales se solicita a subvención

4

Anexo IV: declaración de actuacións previas

5

Copia convenio colaboración

6

Memoria detallada das actuacións previstas

7

Plan de igualdade en vigor en soporte electrónico

8

Último plan de igualdade en soporte electrónico

9

Avaliación do último plan de igualdade en soporte electrónico

10

Relación do persoal político e técnico designado para o grupo de traballo

11

Acreditación da representación para asinar a solicitude

12

Aclarar orzamento. Existen contradicións na documentación achegada

13

Acreditación da vixencia do plan de igualdade polo órgano que o aprobou

14

Acreditación da remisión das contas xerais do último exercicio ao Consello de Contas

15

Anexo II bis: certificación relativa aos concellos agrupados ou asociados

16

Documento acreditativo do acordo de agrupamento realizado

17

Memoria aforro de custos

18

Deben sinalar a opción SI/NON correspondente nos puntos 3.10, 3.11 e 3.12 do anexo I-1

19

Os gastos de edición, deseño, maquetación, impresión e publicación do PIOM ou da avaliación do mesmo son gastos non subvencionables, de ser o caso, modificación do anexo III e/ou da memoria

b) Relación de documentos preceptivos para a emenda das solicitudes do procedemento SI435B (Programa de fomento da conciliación).

Núm. doc.

Descrición documento

1

Anexo I-2: solicitude e declaracións

2

Anexo II-2: certificación sobre o acordo de solicitar a subvención

3

Anexo III: relación de custos estimados dos conceptos para os cales se solicita a subvención

4

Anexo IV: declaración de actuacións previas

5

Acreditación da representación para asinar a solicitude

6

Anexo II-bis: certificación relativa aos concellos agrupados ou asociados

7

Copia do convenio de colaboración

8

Memoria detallada das actuacións previstas

9

Memoria de aforro de custos respecto da realización do programa ou actividade de modo individual

10

Acreditación de remisión das contas xerais do exercicio 2012 ao Consello de Contas

11

Xustificación de ter presentado ante o órgano competente da Xunta de Galicia a solicitude de validación da medida que se vai subvencionar antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes da correspondente convocatoria de axudas e subvencións

12

Aclarar orzamento. Existen contradicións na documentación achegada

13

Deben sinalar a opción SI/NON correspondente nos puntos 3.10, 3.11 e 3.12 do anexo I-2

14

Deben reaxustar o orzamento, nos anexos e documentación afectada, segundo o establecido no artigo 17 da convocatoria