Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 16 de setembro de 2014 Páx. 41300

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fai pública a resolución do concurso ordinario de méritos dos funcionarios con habilitación de carácter nacional.

De conformidade co disposto na disposición 12ª das bases que rexen a convocatoria do concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal, aprobadas por Resolución do 27 de marzo de 2014 da Dirección Xeral de Administración Local (DOG núm. 62, do 31 de marzo), ao abeiro do disposto no artigo 22 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e no artigo 33 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 15.1º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Dar publicidade á resolución do concurso ordinario de méritos, no cal se ofertaban os postos de Secretaría-Intervención do Concello de Pol (Lugo) e Secretaría-Intervención do Concello de Pantón (Lugo).

Segundo. Esta publicación, en cumprimento da normativa de aplicación, realízase para os exclusivos efectos de publicidade, e non implica a apertura de ningún tipo de prazo.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2014

P.D. (Orde do 14 de maio de 2013; DOG nº 92, do 15 de maio)
José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

ANEXO

– Corporación: Concello de Pol (Lugo).

Posto adxudicado: Secretaría-Intervención.

Publicación: Resolución do 27 de marzo de 2014 (DOG núm. 62, do 31 de marzo).

Resolución de adxudicación: deserto.

– Corporación: Concello de Pantón (Lugo).

Posto adxudicado: Secretaría-Intervención.

Publicación: Resolución do 27 de marzo de 2014 (DOG núm. 62, do 31 de marzo).

Resolución de adxudicación: deserto.