Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43136

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Fútbol

ANUNCIO de modificación de estatutos.

Aprobada a modificación dos estatutos pola Asemblea Xeral da Federación Galega de Fútbol, en reunión extraordinaria do 14 de decembro de 2013, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte en Resolución do día 24 de xullo de 2014, de conformidade co artigo 54.7º da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, procédese ao anuncio da modificación dous seus estatutos e regulamento disciplinario, dos cales foi depositada copia íntegra no Rexistro de Entidades Deportivas e Deportistas de Galicia e na Secretaría Xeral para o Deporte e publicados na páxina web da propia Federación Galega de Fútbol (www.futgal.es).

A Coruña, 9 de setembro de 2014

José García Liñares
Presidente da Federación Galega de Fútbol