Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43134

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de alleamento ou de constitución dun dereito de superficie, mediante concurso público, de varias parcelas.

O Pleno da Corporación Provincial de Pontevedra, en sesión do día 26 de setembro de 2014, aprobou o expediente de alleamento ou a constitución dun dereito de superficie, mediante concurso público, de varias parcelas (66) resultantes do proxecto de parcelación do Plan de sectorización do solo rústico apto para urbanizar (SRAU) Industrial Outeda-Curro, no municipio de Barro, Pontevedra, polo que se fai a seguinte convocatoria:

1. Obxecto.

O alleamento ou a constitución dun dereito de superficie, a través de procedemento aberto, de 66 parcelas resultantes do proxecto de parcelación do Plan de sectorización do solo rústico apto para urbanizar, SRAU Industrial Outeda-Curro, no municipio de Barro, Pontevedra.

2. Garantías.

Os licitadores deberán constituír garantía provisional equivalente ao 2 % do importe tipo ou base de licitación previsto no anexo 4 do prego, IVE excluído; no suposto de optar pola constitución dun dereito de superficie a garantía provisional a constituír será equivalente a media anualidade do canon tipo ou base de licitación, previsto no anexo 4, IVE excluído.

A garantía consignarase, exclusivamente, na Caixa da Deputación de Pontevedra, en calquera das formas previstas no artigo 96 do TRLCSP.

En canto á garantía definitiva e, se é o caso, á garantía de pagamento aprazado, regúlase na cláusula 19ª do prego.

3. Prazo de presentación de proposicións.

As proposicións para tomar parte na presente contratación poderán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, avenida Montero Ríos, s/n, 36071, ou na sede de Vigo, sita na rúa Oporto, 3, 36201, no prazo dun mes contado desde a última publicación do anuncio de licitación.

4. Cualificación da documentación e apertura de proposicións.

A apertura do sobre B correspondente á Proposición técnica celebrarase en acto público ás 10.00 horas do quinto día hábil seguinte ao día en que remate o prazo sinalado para a presentación de ofertas; en canto aos sobres A, Documentación administrativa e C, Proposición económica, observarase o disposto na cláusula 17ª do prego.

5. Información.

Os pregos de cláusulas económico-administrativas, así como os seus 5 anexos, poderán consultarse na páxina web da deputación: www.depontevedra.es. Así mesmo, o teléfono de información é: 886 21 03 85.

Pontevedra, 26 de setembro de 2014

Begoña Estévez Bernárdez
Diputada delegada