Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43551

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de aprobación definitiva dun estudo de detalle.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión do 12 de agosto de 2014, aprobou definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes nas parcelas 25, 26 e 27 do parque empresarial da Pastoriza, presentado por Granja San Lorenzo, S.C. e redactado polo enxeñeiro técnico industrial José Manuel Engroba Cabo.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, cumprindo co disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Conforme o sinalado no artigo 92.2º da citada lei, acordouse publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, así como notificárllelo persoalmente aos propietarios directamente afectados, con indicación dos recursos procedentes.

Contra o acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio; alternativamente poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante a Xunta de Goberno Local deste concello, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

A Pastoriza, 15 de setembro de 2014

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde