Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45349

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (409/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 409/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adan Ramos Andrade contra Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou auto aclaratorio do seguinte teor literal:

«Auto

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014.

Maxistrada xuíza que o dita: Susana Villarino Moure.

Antecedentes de feito:

Único: a parte demandante presentou escrito de rectificación de sentenza do cal se deu conta o pasado día 26 de setembro de 2014.

Fundamentos xurídicos:

Único: da lectura da sentenza despréndese que a rectificación pretendida procede xa que se trata da corrección dunha mera omisión ou erro material, tendo en conta que na fundamentación xurídica se fai constar que se consideran debidos os conceptos reclamados na demanda, á cal a propia resolución se remite, en que figura o importe por axudas de custo e de feito a condena é pola totalidade da reclamación efectuada.

Por iso, de conformidade co artigo 214.3 da LAC, procede a corrección interesada, pois da propia fundamentación xurídica xa se deduce que se considera acreditado que a empresa debe o importe referido.

O segundo erro alegado non é tal, a cantidade que devindicará xuros non coincide coa que é obxecto de condena, por canto desta hai que excluír os conceptos que non son salariais, que non poden por iso devindicar os xuros do artigo 29.3 do ET. Por tanto, esta segunda petición de rectificación debe ser rexeitada.

Parte dispositiva:

Que debo rectificar e rectifico a sentenza ditada nos presentes autos de forma que no feito probado cuarto debe engadirse “e 165,60 euros en concepto de complemento de axuda de custo”.

Non procede a segunda rectificación pedida.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso, sen prexuízo dos que poidan interpor contra a sentenza rectificada.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas para a súa unión coa sentenza rectificada e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselles ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

A secretaria xudicial