Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45347

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (467/2010).

Número de autos: demanda 467/2010.

Materia: ordinario.

Demandante: Antonio Vicente Carballo.

Demandados: Fogasa, Val do Ulla Vedra, sociedade cooperativa galega.

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 467/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Vicente Carballo contra a empresa Fogasa, Val do Ulla Vedra, sociedade cooperativa galega, sobre ordinario, se ditou o seguinte:

«Decisión.

Estimo a demanda formulada por Santiago Boquete Arincon fronte á empresa Antonio Lorenzo Conde, con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 12.495,69 euros en concepto de salarios debidos e liquidación por fin de contrato cos xuros por mora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, todo iso coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa para o suposto de insolvencia.

Desestímase o resto de pedimentos formulados de contrario.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poderá interporse recurso de suplicación no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado»

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Val do Ulla Vedra, sociedade cooperativa galega, en ignorado paradoiro, expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2014

A secretaria xudicial