Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45345

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (793/2012).

Procedemento ordinario 793/2012 L.

Sobre: ordinario.

Demandantes: Rosa María Iglesias Lorenzo, Ana María Lopo Prieto, Sonia Varela Cordero, María Luz Veiga Sánchez, María Jesús Varela Fernández, Ana María Veiga Fernández, Lourdes Marta Fernández Franco, Patricia Maceira Míguez, Beatriz Cabado Carballo, Beatriz Souto García, María Luisa Medín Vilaboy, Susana Bonome López, Fátima Pedreira Loureda, Francys Maribel Aparicio Quintás, María Luisa Somoza Méndez.

Demandadas: Galicia Saudade, S.L., Centro Clínico Ribadeo, S.L., Fogasa, José I. Losada Castillo administrador concursal, Bogar Asistencia, concello de Sada.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza 510/2014.

A Coruña, 6 de outubro de 2014.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 793/2012 e acumulado 935/2012, seguidos por instancia de Ana Mª Lopo Prieto, Mª Luisa Somoza Méndez, Rosa Mª Iglesias Lorenzo, Sonia Varela Cordero, Mª Luz Veiga Sánchez, Mª Jesús Varela Fernández, Ana Mª Veiga Fernández, Lourdes Marta Fernández Franco, Patricia Maceira Míguez, Beatriz Cabado Carballo, Beatriz Souto García, Mª Luisa Medín Vilaboy, Susana Bonome López e Francys Maribel Aparicio Quintás, representadas polo letrado José Méndez Sanjurjo, contra as empresas Bogar Asistencia, S.L., representada pola letrada Esther Segura Espinosa, Centro Clínico Ribadeo, S.L., representado polo letrado José Maneiro García, Concello de Sada, representado polo procurador Miguel Lage Fernández e asistido polo letrado Miguel Torres Jack, e Galicia Saudade, S.L., que non comparece, e a administración concursal de José Ignacio Losada Castillo, que tampouco o fai, sobre reclamación de cantidade.

Decido:

Que estimando parcialmente a demanda interposta polas demandantes contra Galicia Saudade, S.L., Bogar Asistencia, S.L., Centro Clínico Ribadeo, S.L. e o Concello de Sada e estimando a excepción de falta de lexitimación pasiva alegada por Bogar Asistencia, S.L., Centro Clínico Ribadeo, S.L. e o Concello de Sada, debo condenar e condeno a Galicia Saudade, S.L. a que lle aboe ás demandantes as seguintes cantidades:

Ana Mª Lopo Prieto: 1.301,46 €.

Mª Luisa Somoza Méndez: 430,68 €.

Rosa Mª Iglesias Lorenzo: 1.327,35 €.

Sonia Varela Cordero: 1.987,70 €.

Mª Luz Veiga Sánchez: 1.706,46 €.

Mª Jesús Varela Fernández: 1.315,37 €.

Ana Mª Veiga Fernández: 1.095 €.

Lourdes Marta Fernández Franco: 1.590,88 €.

Patricia Maceira Míguez: 1.678,42 €.

Beatriz Cabado Carballo: 1.532,39 €.

Beatriz Souto García: 1.167,69 €.

Mª Luisa Medín Vilaboy: 1.515,49 €.

Susana Bonome López: 1.749,33 €.

Francys Maribel Aparicio Quintás: 739,47 €.

Debe responder desta cantidade, na súa condición de administrador concursal, José Ignacio Losada Castillo.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza que pronuncio, mando e asino.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Galicia Saudade, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 6 de outubro de 2014

A secretaria xudicial