Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46072

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

CÉDULA de notificación de sentenza (RSU 807/2013).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento recurso de suplicación 807/2013 desta sección, seguido por instancia da Xunta de Galicia contra LHYP Aslym Limpieza e Higiene Profesional, María del Carmen Iglesias Pérez, Lourdes Pérez González, Iberclean, S.L., Servigestion Pérez Llanos, S.L. sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandada Xunta de Galicia contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, nos presentes autos tramitados por instancia das demandantes María del Carmen Iglesias Pérez e Lourdes Pérez González, decretamos a nulidade de todo o actuado a partir da notificación da sentenza de instancia, que alcanzou firmeza na data en que se ditou, e a reposición das actuacións ao momento seguinte da notificación da devandita sentenza de instancia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Servigestión Pérez Llanos, S.L.

A Coruña, 16 de outubro de 2014

A secretaria xudicial