Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46070

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2629/2014).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2629/2014 desta sección, seguido por instancia de María José Ferro Adrán contra o Fogasa e a empresa Limpiezas El Polígono, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que, estimando o recurso de suplicación interposto por María José Ferro Adrán contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, nos presentes autos tramitados pola súa instancia contra Limpiezas El Polígono, S.L., e con parcial revogación desta, condenamos a empresa ao pagamento á demandante dos salarios de tramitación desde a data do despedimento, 28 de febreiro de 2013, ata a data da extinción da relación laboral, 27 de xaneiro de 2014, a razón de 4,62 euros/día, mantendo o resto dos pronunciamentos da decisión da sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

-Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Limpiezas El Polígono, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de outubro de 2014

A secretaria xudicial