Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46244

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, con carácter interino, dunha praza de peón de Administración especial.

No BOP núm. 205, do 27 de outubro de 2014, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, con carácter interino, dunha praza de peón de Administración especial.

A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do extracto do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 27 de outubro de 2014

José Manuel Rey Varela
Alcalde