No BOP núm. 205, do 27 de outubro de 2014, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, con carácter interino, dunha praza de técnico/a de Administración especial.
A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do extracto do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Ferrol, 27 de outubro de 2014
José Manuel Rey Varela
Alcalde