Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 22 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a aprobación do acordo modificado de concentración parcerlaria da zona de Santiago de Verea (Verea-Ourense).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na concentración parcelaria da zona de Santiago de Verea (Verea-Ourense), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 10/1996, do 12 de xaneiro (DOG nº 20, do 29 de xaneiro), o seguinte:

Primeiro. Con data do 11 de xullo de 2012, o director xeral de Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Santiago de Verea (Verea-Ourense), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa desta última. Con posterioridade, detectouse a existencia dun erro nas porcentaxes das atribucións dunha considerable cantidade de propietarios, que polo seu número fixo conveniente a elaboración dun acordo modificado onde quedase emendada a situación producida. Este acordo modificado foi aprabado polo director xeral de Desenvolvemento Rural o 9 de outubro de 2014.

Segundo. O acordo modificado de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no Concello de Verea e na zona. Os documentos que se poden examinar no citado Concello refírense aos predios de substitución, onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. No prazo de trinta días, que se contarán desde o día seguinte ao da notificación persoal, ou da publicación no Diario Oficial de Galicia para os que non puidesen ser notificados individualmente, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, e os recorrentes poden presentar o recurso no rexistro da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar (rúa Florentino L. Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense); no rexistro da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por si mesmos ou por representación, e farán constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo modificado de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxiren as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustaren ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro).

Ourense, 22 de outubro de 2014

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense