Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48250

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se amplía o prazo para a presentación en soporte papel de diversas solicitudes.

Por Resolución do 22 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación electrónica de diversos procedementos (DOG núm. 160, do 25 de agosto), resolveuse que a presentación das solicitudes dos procedementos que se indicaban no seu anexo I se realizaría unicamente por medios electrónicos.

Na resolución establecíase, ademais, que durante os tres meses posteriores á súa publicación as solicitudes tamén se poderían presentar en soporte papel.

Dado que o prazo para a presentación en soporte papel remata o 26 de novembro de 2014, e tendo en conta que se recibiron diversas suxestións de mellora por parte dos usuarios que realizaron a tramitación electrónica que se considera conveniente incorporar, esta dirección xeral entende que se debe ampliar o dito prazo.

Polo exposto,

RESOLVO:

Ampliar en tres meses máis, ata o 26 de febreiro de 2015 (inclusive), o prazo para poder presentar en soporte papel as solicitudes dos procedementos que se indican no anexo I da Resolución do 22 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación electrónica de diversos procedementos (DOG núm. 160, do 25 de agosto).

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas