Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50570

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de novembro de 2014 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

Mediante Orde do 18 de setembro de 2012 (DOG do 27 de setembro) fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que serán membros do Consello Social, entre outros, un ou unha estudante elixido/a polo Consello de Goberno da Universidade de entre os seus membros na forma que determinen os seus estatutos.

Con data do 25 de novembro de 2014 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia escrito do Consello Social da Universidade da Coruña en que se comunicou que o Consello de Goberno da Universidade da Coruña, na sesión do 30 de outubro de 2014, designou a Emilio Francisco Lage Rodríguez, en representación dos estudantes no Consello Social da Universidade, en substitución de Miguel Valeiro Mouriño.

Xunta certificación do Consello de Goberno da Universidade da Coruña, do 30 de outubro de 2014, así como declaración de non estar incurso nas incompatibilidades sinaladas no artigo 78 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do Consello Social lle serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear a Emilio Francisco Lage Rodríguez representante do Consello de Goberno da Universidade da Coruña no Consello Social, en representación dos estudantes, en substitución de Miguel Valeiro Mouriño.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria