Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de novembro de 2014 ,da Xefatura Territorial Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de revogación e de decaemento dunha subvención para a realización de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas desempregadas, reguladas na Orde do 31 de decembro de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 21 de xaneiro de 2013), relativa ao expediente TR301K 2013/000056-5.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento del.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situadas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, 36201 Vigo (Pontevedra), e a obter unha copia destas resolucións, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 17 de novembro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: TR301K 2013/000056-5.

DNI/NIF/CIF: B36745156.

Nome ou razón social: Academia Abrente, S.L.

Último enderezo coñecido: praza de América, número 1, 1º, 36211 Vigo.

Tipo de axuda: accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas desempregadas.

Contido da resolución: revogar a axuda concedida.

Data da resolución: 10.11.2014.

Nº de expediente: TR301K 2013/000056-5.

DNI/NIF/CIF: B36745156.

Nome ou razón social: Academia Abrente, S.L.

Último enderezo coñecido: praza de América, número 1, 1º, 36211 Vigo.

Tipo de axuda: accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas desempregadas.

Contido da resolución: declarar o decaemento do dereito do interesado ao trámite do pagamento da subvención concedida.

Data da resolución: 2.10.2014.