Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación Galega da Construción.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, na Oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais da Consellería de Traballo e Benestar, presentouse certificación da acta da asemblea xeral ordinaria, onde se reflicte o acordo do 30 de xullo de 2014, e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación.

– Ámbito territorial: interprovincial.

– Ambito profesional: organizacións profesionais, confederacións, federacións ou asociacións que estean constituídas por empresas ou organizacións empresariais cuxa actividade estea vinculada ao ramo da construción, sempre que o seu ámbito sexa Galicia.

– Asinantes: José Luis Campos Novo (presidente) e Verónica Val Vázquez (secretaria).

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social