Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de modificación dos estatutos da Asociación de Autónomos para la Innovación, Desarrollo, Investigación y Formación.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu a modificación de estatutos da Asociación de Autónomos para la Innovación, Desarrollo, Investigación y Formación acordada pola asemblea xeral do 1 de setembro de 2014 na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia. O seu novo domicilio social é rúa Gambrinus, nº 42, 1º, no concello da Coruña, provincia da Coruña.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social