Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51678

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 324/2012).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 324/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Rodríguez Rey contra UTE Lavacolla, Copcisa, Construcciones Lorenzo Cao, S.L., Corsan Corvian, S.A., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou Sentenza número 59, cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

«Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014.

José María Fernández Abella, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, tras ver os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por José Manuel Rodríguez Rey, asistido da letrada Sra. Verde Crespo, contra a empresa Construcciones López Cao, S.L., Copcisa, Corsan-Corvian, S.A., contra o Fogasa, contra o administrador concursal de Construcciones López Cao, S.L., todos eles que non compareceron ao acto de xuízo malia a súa citación en forma, e contra UTE Lavacolla, asistida polo Sr. Naveira Couceiro, pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

Sentenza

(…)

Decisión:

Que, estimando a demanda promovida por José Manuel Rodríguez Rey contra a empresa Construcciones López Cao, S.L. e contra a UTE Lavacolla, debo declarar e declaro o dereito do traballador a percibir as súas retribucións conforme o establecido no Convenio colectivo da construción da Coruña, ao ser esta a norma convencional de aplicación e, en consecuencia, debo condenar e condeno as codemandadas, solidariamente, ao aboamento da cantidade de 4.196,84 euros, cantidade da que debe responder, solidariamente, a UTE Lavacolla na cantidade de 2.745,41 euros, cantidade que se incrementará co xuro por amora do 10 % sobre a dita cantidade.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Lorenzo Cao, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2014

A secretaria xudicial