Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 17 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se notifica a Resolución do 28 de outubro de 2014 ditada no expediente sancionador en materia de xogo OU-13/13.

Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación a Nicolás Alfredo Sande Alonso, en relación co expediente sancionador en materia de xogo OU-13/13 que se relaciona no anexo que se achega, non foi posible efectuala, polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, acorda proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello de Lugo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro).

O/a interesado/a poderá examinar a citada resolución completa no servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o/a interesado/a interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, podendo interporse o dito recurso ou calquera outro que coide pertinente ao seu dereito, ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2014

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: OU-13/13.

Interesado: Nicolás Alfredo Sande Alonso.

DNI/NIF: 33237824-H.

Último enderezo coñecido: rúa Doutor Ochoa, 37-1º esq., Lugo.

Data da resolución: 28 de outubro de 2014.

Tipificación e precepto infrinxido: leve. Artigo 30.c) da Lei 14/1984, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

Sanción: caducidade.