Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 24 de novembro de 2014, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha notificación de proposta de resolución do expediente sancionador 092/14.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á entidade que se cita a seguir a apertura de expediente sancionador instruído por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 092/14.

Denunciada: Sanxenxo Arena, S.L.

Enderezo: r/ Circunvalación Sanxenxo, 69, 36960 Sanxenxo (Pontevedra).

A dita interesada dispón dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto para poder examinar o expediente no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa Fernández Ladreda 43-1º, edificio administrativo, 36003 Pontevedra), e presentar ante o citado servizo as alegacións que considere pertinentes.

Pontevedra, 24 de novembro de 2014

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra