Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Ponte Caldelas e Fornelos de Montes (expediente IN407A 2014/201-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe, a cal conta con autorización administrativa do 8 de xullo de 1989.

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello, 21, 36830 A Lama.

Denominación: D.U.P. LMTA Feixa-Calvos. Tramo: do apoio nº 6 á derivación CT Calvos.

Situación: Ponte Caldelas e Fornelos de Montes.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 4.352 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da LMTA Feixa-Calvos e final na derivación ao centro de transformación Calvos. A instalación está situada nos concellos de Ponte Caldelas e Fornelos de Montes.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de novembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Proxecto: liña eléctrica de alta tensión Feixa-Calvos. Subtramo: do apoio nº 6 á derivación ao CT de Calvos.

Concello: Ponte Caldelas.

Nº de orde

Polígono

Parcela

Ref. catastral

Titular catastral

Afección

Servidume

Domicilio

Expropiación en pleno dominio

M2 afectados

Ml afectados

1

35

720

36043A035007200000JG

CMVMC Chaín

Lugar de casa, escola de Chaín, nº 3. Parroquia de Santa Mariña. A Insua, Ponte Caldelas

9 m2 apoios: 4EM00989 4EM00990 4EM00991 4EM00992

7.484

503

2

38

176

36043A038001760000JF

CMVMC Chaín

Lugar de casa, escola de Chaín, nº 3. Parroquia de Santa Mariña. A Insua, Ponte Caldelas

12 m2 apoios: 4EM00993 4EM00994 4EM00995 4EM00996 4EM00997

11.957

567

3

34

715

36043A034007150000JT

CMVMC Chaín

Lugar de casa, escola de Chaín, nº 3. Parroquia de Santa Mariña. A Insua, Ponte Caldelas

2 m2 apoios: 4EM00998

893

69

4

39

800

36043A039008000000JX

CMVMC Chaín Lugar de casa, escola de Chaín, nº 3. Parroquia de Santa Mariña. A Insua, Ponte Caldelas

5 m2 apoios: 4EM00999 4EM01000

6.120

383

5

39

1111

36043A039011110000JW

CMVMC Barbudo

Descoñecido

8 m2 apoios: 4EM01001 4EM01002

9.535

313

Proxecto: liña eléctrica de alta tensión Feixa-Calvos. Subtramo: do apoio nº 6 á derivación ao CT de Calvos.

Concello: Fornelos de Montes.

Nº de orde

Polígono

Parcela

Ref. catastral

Titular catastral

Afección

Servidume

Domicilio

Expropiación en pleno dominio

M2 afectados

Ml afectados

1

3

1

36019A003000010000EI

CMVMC Calvos

A Curuxeira, nº 22, Santo Adrián de Calvos, 36845 Fornelos de Montes

0 m2

2.732

70

2

3

2

36019A003000020000EJ

CMVMC Calvos

A Curuxeira, nº 22, Santo Adrián de Calvos, 36845 Fornelos de Montes

6 m2 apoios: 4EM01003

3.177

80

3

3

560

36019A003005600000EY

CMVMC Calvos

A Curuxeira, nº 22, Santo Adrián de Calvos, 36845 Fornelos de Montes

5 m2 apoios: 4EM01004 4EM01089

3.478

193