Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52217

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 158/2014, do 27 de novembro, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa.

A Lei 3/1996, do 10 maio, de protección dos Camiños de Santiago (Diario Oficial de Galicia núm. 101, do 23 de maio), en diante LPCS, dispón no seu artigo 1 que, para os efectos da presente lei, se entenden como Camiño de Santiago todas as rutas históricas recoñecidas documentalmente. No mesmo artigo establécese que a ruta principal é o Camiño Francés e que as outras rutas que se enmarcan na denominación xeral de Camiño de Santiago se corresponden coas actualmente coñecidas como Camiño Portugués, Ruta da Prata, Camiño do Norte, Camiño de Fisterra, Camiño Inglés e Ruta do Mar de Arousa e Ulla.

As primeiras peregrinacións cara a Santiago de Compostela están relacionadas co propio momento do descubrimento da tumba de Santiago nos primeiros anos do século IX e nos séculos posteriores especialmente relacionados ao culto do Salvador en Oviedo, cunha recoñecida vitalidade ata o século XVIII. Estes peregrinos chegaban desde Francia, ou a través dos portos vascos e cántabros de países do Atlántico (Inglaterra, Flandres, Alemaña e Escandinavia), que seguían os trazados das rutas do norte do Camiño de Santiago.

Baseándose nos estudos previos realizados nos anos 90, a delimitación da traza á cal se deu publicidade en 1997, e coa actualización dos traballos documentais e de campo con metodoloxía etnográfica e de antropoloxía cultural aplicada ao territorio para identificar os camiños tradicionais de longa distancia que unen os lugares principais de paso, realizouse unha nova proposta de traza e de delimitación do seu territorio histórico que se estima fundamentada e coherente cos principios de protección e conservación do patrimonio cultural.

Esta proposta foi sometida ao informe do Pleno do Comité Asesor do Camiño de Santiago, que a aprobou por unanimidade o día 30 de xullo de 2013.

De acordo co procedemento establecido no artigo 5 da LPCS, e en virtude das competencias e funcións que ten atribuídas polo artigo 13.1.b) e 14.2.1.d) do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural incoou o expediente de delimitación da ruta do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, por medio da Resolución do 9 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 168, do 4 de setembro), o que foi notificado aos concellos afectados pola proposta.

Na dita resolución acordouse abrir un trámite de información pública coa disposición ao público do expediente na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural en Santiago de Compostela, no Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Consellería en Lugo e nas dependencias municipais que en cada concello se dispuxeron para estes efectos. Durante ese período presentáronse cento trinta alegacións que os servizos técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural analizaron nos seus aspectos culturais e normativos.

Do seu exame e á vista dos seus argumentos e información, considerouse xustificada a necesidade de formular algunha modificación na proposta da delimitación incoada. Estas modificacións estudadas no seu conxunto supoñen pequenas variacións tanto do trazado coma do seu territorio histórico, mais non producen unha alteración significativa no total, xa que principalmente teñen por obxecto recoñecer trazados de carácter complementario e outros pequenos axustes de carácter local e puntual.

Estas modificacións afectaban os concellos de Ribadeo, Mondoñedo, Abadín, Begonte e Boimorto e, no seu conxunto, poden resumirse nas seguintes: en Ribadeo modifícase o trazado funcional que leva desde a ponte dos Santos ao peirao do Porcillán; o trazado principal do camiño pola vila de Ribadeo sinálase polas rúas Amando Pérez (antiga rúa Maior) e San Francisco, pasando polo lateral do Campo da Vila, a actual praza de España, ata enlazar coa rúa Deputación; na vila de Mondoñedo optouse por recoller como trazado principal de entrada desde San Lázaro o trazado que segue a rúa Santo Antonio, a rúa Camiño do Norte e chega á praza da Catedral pola rúa Pardo de Cela; no núcleo das Abidueiras e na ponte do Pasatempo de Mondoñedo incorpórase o trazado do Camiño coñecido como A Calzada; incorpórase como trazado complementario o trazado actualmente sinalizado desde a saída de Mondoñedo por San Caetano, Maariz, San Vicente, Lousada e Galgao en Mondoñedo ata o lugar de Gontán, en Abadín; incorpórase como trazado principal o que transcorre polo núcleo de Baamonde en Begonte, co seu correspondente ámbito do territorio histórico; e, finalmente, en Boimorto realízase un pequeno axuste no trazado principal no lugar das Corredoiras.

Para os efectos de dar publicidade e trámite de audiencia aos posibles novos afectados polas modificacións sinaladas, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural acordou publicar no Diario Oficial de Galicia a xustificación e os planos en que se recolleron as ditas modificacións (Diario Oficial de Galicia núm. 192, do 8 de outubro). Durante este trámite de audiencia foi presentada unha única alegación que, unha vez avaliada, non supón ningunha modificación adicional.

Unha vez rematada a instrución do procedemento, segundo os ditos antecedentes e o establecido nas disposicións vixentes, de conformidade co disposto no artigo 5 da Lei 3/1996, de protección dos Camiños de Santiago, e na Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia, cómpre proceder á súa resolución definitiva.

Á vista dos antecedentes, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de novembro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, segundo os planos do anexo deste decreto.

Segundo. Ordenar a inscrición do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, coa categoría de territorio histórico, no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

Terceiro. Notificar esta aprobación aos concellos afectados pola delimitación, que deberán incorporar o seu trazado e o ámbito do seu territorio histórico aos seus planeamentos urbanísticos, e que implicará que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deberá autorizar de forma previa as intervencións que se propoñan no ámbito da delimitación desde o día da súa entrada en vigor, agás nos casos que establece o artigo 47.2 da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia, ou por resolución expresa de delegación.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e sete de novembro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Version trabajo 1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf
Doc1.pdf