Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de avaliación dos proxectos de innovación Hospital 2050 e Innova Saúde, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-15-013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-15-013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de avaliación dos proxectos de innovación Hospital 2050 e Innova Saúde.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30 de novembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 98300000-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0 - 50

Proposta de avaliación

0 - 30

Plan de traballo e de participación de recursos

0 - 20

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0 - 50

Oferta económica

0 - 40

Horas de formación

0 - 10

4. Valor estimado do contrato: 388.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 375.000 euros. Importe total: 453.750 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, de proceder: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta da adxudicataria.

11. Outras informacións: cofinanciados nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional-Fondo Tecnolóxico 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 04.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos