Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, do contrato non suxeito a regulación harmonizada de servizos.

• «Desenvolvemento do Servizo de prevención alleo de riscos laborais no ente público Portos de Galicia».

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Desenvolvemento e Estratexia Portuaria.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de desenvolvemento do servizo alleo de prevención de riscos laborais do ente público Portos de Galicia de conformidade co indicado no punto 4.1 do cadro de características do contrato (CCC) e coas características descritas no prego de prescricións técnicas particulares (PPT).

b) Lugar de execución: recintos portuarios e dependencias do ente publico Portos de Galicia.

c) Valor estimado do contrato: 118.707,44 €, IVE excluído.

d) Orzamento base de licitación: setenta e cinco mil trescentos sesenta e nove euros con oitenta céntimos (75.369,80 €), IVE excluído.

e) Importe do IVE (21 %): 15.827,66 euros.

f) Prazo de execución: dous (2) anos.

g) División por lotes: non hai.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria. Expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (sistema multicriterio).

4. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

5. Obtención de documentación e información.

a) Solicitude de información e consultas sobre os pregos: faranse a través de correo electrónico dirixidos á seguinte conta de correo: concha@portosdegalicia.com

Teléfono: 981 95 70 25.

b) Obtención de documentación: o PPT, o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o CCC poderanse obter no seguinte enderezo da internet:

– Perfil de contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21741. Neste perfil poderase facer o seguimento das diversas fases do procedemento de contratación.

c) A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 7.a) deste anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica ou financeira e a técnica e profesional, conforme o disposto no punto 9.2 do CCC. Así mesmo, deberán de observar o cumprimento de todos os demais requisitos que, se é o caso, se atopen especificados tanto no PCAP como no PPT.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado nos puntos 12 e 9.2 do CCC, na cláusula 4.7 do PCAP e no PPT.

c) Lugar da presentación:

– Entidade: as proposicións presentaranse, en tres (3) sobres pechados, no Rexistro Central do ente público Portos de Galicia.

– Enderezo: praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

– Teléfono: 902 40 08 70.

– Fax: 981 54 53 24.

Tamén poderán presentarse por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura pública das proposicións económicas.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos no punto 14.1 do CCC, que serán valorados segundo o disposto nos puntos 1 e 2 do punto 14 do CCC.

f) Variantes: observarase o disposto no punto 5 do CCC.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da entidade pública Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: 15707, Santiago de Compostela.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 12.00 horas.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización dalgún acto público de apertura de proposicións, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

9. Outras informacións: a mesa de contratación, en cumprimento do disposto na cláusula 4.8.1.b) do PCAP, comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A) e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos Servizos Centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos do anuncio: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia