Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de seguridade e vixilancia dos distintos centros e as súas dependencias.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número do expediente: AB-EIL1-14-020.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de seguridade e vixilancia dos distintos centros –e as súas dependencias– da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79710000-4 e 79714000-2.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG; perfil do contratante e plataforma de contratos de Galicia (18.9.2014).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado del contrato: 3.162.500,00 euros, IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.150.000,00 euros. Importe total: 1.391.500,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6 de novembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 28 de novembro de 2014.

c) Contratista: Vigilancia Integrada, S.A. (A78917465).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 1.122.783,05 euros. Importe total: 1.358.567,49 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación do 6 de novembro de 2014.

Lugo, 1 de decembro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos