Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 477

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de asesor/a xurídico/a C.E. 11/10 e unha praza de psicólogo/a C.E. 10/10.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña nº 211 e nº 236, do 4 de novembro de 2014 e 10 de decembro de 2014, publicáronse as bases aprobadas por Resolución da tenente de alcalde delegada de Persoal, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 16 de setembro de 2014, relativas ás seguintes convocatorias:

– 1 praza de asesor/a xurídico/a (persoal funcionario de carreira). C.E. 11/10.

– 1 praza de psicólogo/a (persoal funcionario de carreira). C.E. 10/10.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 10 de decembro de 2014

Martín González Rodríguez
Director de Facenda e Administración Pública