Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2015 Páx. 594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de vixilancia e seguridade no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) en Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21116

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra.

c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 186, do 30 de setembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado: 119.605,50 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 59.802,75 €. IVE (21 %): 12.558,58 €. Importe total: 72.361,33 €.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20 de novembro de 2014

b) Contratista: Grupo RMD Seguridad, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: sesenta e nove mil douscentos dous euros con sesenta e oito céntimos (69.202,68 €), IVE incluído.

e) Data de formalización: 28 de novembro de 2014

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2014

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte