Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2015 Páx. 596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a formalización dos contratos das obras de renovación da homologación das pistas de atletismo nas instalacións adscritas a esta secretaría general (2 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20729

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición do obxecto: obras de renovación da homologación das pistas de atletismo nas instalacións adscritas á Secretaría Xeral para o Deporte (2 lotes).

Lote 1: renovación da homologación da pista de atletismo do estadio Josefina Salgado no Complexo Deportivo de Monterrei, O Pereiro de Aguiar (Ourense) (CD Monterrei).

Lote 2: renovación da homologación da pista de atletismo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, sito en Pontevedra (CGTD).

c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 183, do 25 de setembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado: 99.167,96 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 99.167,96 €. IVE (21 %): 20.825,27 €. Importe total: 119.993,23 € e conforme a seguinte distribución por lotes:

Lote 1: CD Monterrei: 49.999,72 €, IVE incluído.

Lote 2: CGTD: 69.993,51 €, IVE incluído.

6. Adxudicación e formalización dos contratos.

Lote nº 1: renovación da homologación da pista de atletismo do estadio Josefina Salgado no Complexo Deportivo de Monterrei, O Pereiro de Aguiar (Ourense) (CD Monterrei).

a) Data da resolución da adxudicación: 18 de novembro de 2014.

b) Adxudicataria: Desmaco, S.L.

c) Importe: 41.524,74 € (IVE incluído, 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 26 de novembro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta co prezo máis baixo, non considerada anormal ou desproporcionada.

Lote nº 2: renovación da homologación da pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, sito en Pontevedra (CGTD).

a) Data da resolución da adxudicación: 18 de novembro de 2014.

b) Adxudicataria: Saidres de Trasdeza, S.L.

c) Importe: 64.300,00 € (IVE incluído 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 24 de novembro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta co prezo máis baixo, non considerada anormal ou desproporcionada.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2014

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte