Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2015 Páx. 672

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de licitación (17/2014).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para obtención da información.

a) Organismo: Concello do Grove.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo. Rúa Cándido Acuña, nº 3.

3º. Localidade e código postal: O Grove, 36980.

4º. Teléfono: 886 21 21 86.

5º. Telefax: 986 73 13 58.

6º. Correo electrónico: tecnica@concellodogrove.com

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 17/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizos complementarios e de colaboración na recadación, nos períodos voluntario e executivo, así como da xestión, das infraccións de tráfico e das sancións previstas nas ordenanzas municipais «de limpeza e ambiente», «de limpeza e valado de soares» e de «policía, bo goberno, e medidas para fomentar e garantir a convivencia cidadá no espazo público do Concello do Grove».

c) Lugar de execución: O Grove.

1º. Domicilio: O Grove.

2º. Localidade e código postal: O Grove, 36980.

d) Prazo de duración: 1 ano (12 meses).

e) Admisión de prórroga: admítese a posibilidade de prórrogas anuais ata un máximo de 4 anos.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os previstos no prego de condicións.

4. Orzamento base de licitación: 280.000 euros, excluído o IVE polos catro anos.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 por cento do importe da adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se for o caso. De acordo co establecido no prego de condicións administrativas.

c) Outros requisitos específicos: non se prevén.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata o 15º día natural seguinte á publicación do último anuncio de licitación que se publicará no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo, rúa Cándido Acuña, nº 3.

3º. Localidade e código postal: O Grove, 36980.

4º. Enderezo electrónico: www.contratosdegalicia.es

8. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

b) Enderezo: Casa do Concello, Praza do Corgo, 1.

c) Localidade e código postal: O Grove, 36980.

d) Data e hora: segundo o previsto no prego de condicións. Anunciarase previamente no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: máximo 3.000 euros, por conta do contratista.

O Grove, 9 de decembro de 2014

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde