Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2015 Páx. 675

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública para un taller de reparación de automóbiles (expediente aperturas 2013010971).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que N.G. Neumáticos, S.C. solicita licenza de obra e apertura para taller de reparación de automóbiles sito na rúa Noriega Varela, nº 18 baixo, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de 20 días desde o día seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 30 de outubro de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde