Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1781

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais no marco do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS) e se convocan para o exercicio orzamentario 2015.

A Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, establece como obxectivos a mellora da situación socioeconómica e a calidade de vida das poboacións das zonas rurais no marco do respeto ambiental e o uso sustentable dos recursos naturais.

O Real decreto 752/2010, do 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro Programa de desenvolvemento rural sustentable para o período 2010-2014, en aplicación da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, establecen, no punto 1.20.-CA.4, a posibilidade de subvencionar empresas de transformación e comercialización de produtos forestais. Para garantir a non duplicidade coas actuacións financiadas no marco do Programa de desenvolvemento rural cofinanciado con Feader, as axudas concedidas conn base neste real decreto serán para aquelas empresas que non teñan a condición de microempresa.

O 7 de maio de 2012 asinouse o convenio específico entre a Administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais, no cal se especifican as accións que se van realizar en cada zona e no caso de subvencións, o seu obxecto, os posibles beneficiarios e as condicións que teñen que reunir. Reflíctese tamén neste convenio a financiación das accións que se vaian realizar, correspondendo neste caso o 50 % á Administración xeral do Estado, a través do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e o 50 % á Xunta de Galicia. Este convenio ten vixencia ata o 31 de decembro de 2016, podendo prorrogarse ata un ano máis, por proposta motivada da Comisión de Seguimento.

As axudas a pemes para creación e mellora de empresas incluídas nestas bases ampáranse no artigo 14, axudas rexionais ao investimento, do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 26.6.2014, L187/1), excepto as axudas aos conceptos indicados no artigo 2.2.b)2º que se ampararán no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

As axudas rexionais teñen como finalidade impulsar o crecemento económico de determinadas rexións menos favorecidas co fin de paliar as disparidades rexionais e contribuír á cohesión económica, social e territorial da Unión Europea, o desenvolvemento das rexións menos favorecidas mediante o apoio aos investimentos e a creación de emprego nun contexto de desenvolvemento sustentable.

As axudas rexionais favorecen a ampliación, modernización e diversificación das actividades dos establecementos situados nestas rexións, así como a implantación de novas empresas. Son fundamentalmente axudas ao investimento en activos fixos nun contexto de desenvolvemento sustentable, relacionados coa creación dun novo establecemento, a ampliación dun xa existente ou o lanzamento dunha actividade que implique un cambio fundamental no produto ou no proceso de produción dun establecemento existente.

O sector da transformación e comercialización de produtos forestais está considerado como un dos sectores estratéxicos para o desenvolvemento económico da zona rural e para a consolidación e diversificación do seu tecido empresarial. As empresas de aproveitamentos forestais son empresas que traballan unicamente no rural, no sector forestal. O monte é unha parte importante da economía en Galicia, cunha poboación maioritariamente rural, e a práctica totalidade das empresas de aproveitamentos forestais galegas están situadas no rural e traballan nos montes da zona, con persoal do contorno, co que implica de diversificación e dinamización da economía rural. En Galicia, a industria da serra ten unha grande importancia económica e social, abastecéndose fundamentalmente de madeira dos montes galegos, ademais da industria de pasta para papel e taboleiros. Está en aumento tamén nos últimos anos o aproveitamento doutros produtos forestais.

Coa finalidade de lograr unha boa execución dos recursos dispoñibles e asegurar a calidade dos investimentos que se subvencionan, considérase a plurianualización das axudas, penalizacións por non execución de investimentos aprobados, así como a adaptación das resolucións de axuda a modificacións dos proxectos investidores, todo isto garantindo os criterios de concorrencia competitiva aplicados na concesión das axudas e dentro do marco normativo establecido pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais que sexan pemes pero non teñan a condición de microempresa e proceder á súa convocatoria para o ano 2015 en réxime de concorrencia competitiva.

2. Estas axudas ampáranse no Real decreto 752/2010, do 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro Programa de desenvolvemento rural sostible para o período 2010-2014, en aplicación da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, así como no artigo 14, axudas rexionais ao investimento, do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 26.06.2014, L187/1), excepto as axudas aos conceptos indicados no artigo 2.2.b)2º que se ampararán no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

CAPÍTULO I
Bases reguladoras das axudas para creación e mellora de pequenas e
medianas empresas de aproveitamentos forestais para o período 2012-2014

Artigo 2. Investimentos subvencionables

1. Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos e plans de mellora de xestión empresarial. Os plans só se poderán subvencionar xunto con investimentos materiais. Os investimentos que se van subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención.

2. Os investimentos subvencionables son os seguintes:

a) Investimentos en activos fixos produtivos.

Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais).

Non se considerarán substitucións de investimentos, salvo no caso de incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción, no que se subvencionará o diferencial de custo.

Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes:

1º. Bens de equipo e instalacións en empresas de recollida, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros (cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios non se considerarán os investimentos relativos ao acondicionamento.

2º. Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal: asteladoras, fendedoras de leña, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa.

3º. Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.

4º. Equipos de seguridade.

5º. Procesadoras, autocargadores, arrastradores forestais e outros equipos de corta e/ou saca de madeira, así como as adaptacións e implementos.

6º. Equipos tractocargadores completos e implementos forestais destes (os tractores deberán ter cabinas adaptadas para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións esixiranse tamén aos tractores orientados á recollida de biomasa, limitándose o importe da máquina tractora ao 60 % do valor do equipo).

7º. Rozadoras, en número non superior aos equipos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa.

8º. Góndolas, plataformas para o transporte da madeira ou biomasa, e guindastres que se instalen nelas. O número de plataformas e guindastres limitarase ao número de equipos de saca (tractocargadores ou autocargadores) que teña a empresa. Non se subvencionará máis dunha góndola por empresa.

9º. Instrumentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa.

10º. Equipos informáticos ata un máximo subvencionable de 2.000 euros/empresa, descontando as axudas percibidas anteriormente por este concepto.

b) Plans e ferramentas de xestión empresarial.

Poderán ser obxecto de subvención os servizos externos de diagnóstico, seguimento, certificación e execución de medidas correctoras, salvo adquisición de maquinaria, nas seguintes actuacións:

1º. Implantación na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade para o control de custos, calidade e mantemento.

2º. Preparación do proceso produtivo para a adaptación á cadea de custodia de madeira certificada, e/ou normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.

Artigo 3 Beneficiarios

Os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser peme (pequena e mediana empresa) do sector forestal radicada en Galicia e non ter a condición de microempresa. Tomarase a definición de microempresa ou peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede 43 millóns de euros, pequenas empresas son aquelas empresas que ocupan menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros e microempresas son aquelas empresas que ocupan menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

b) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:

– Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do importe deste.

– Vendas por importe superior ao triplo do investimento (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).

– Amortizacións máis beneficios superior á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).

– Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior ao investimento.

– Estudo de viabilidade asinado por profesional cualificado.

c) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) (ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este) e unha declaración xurada do solicitante de que a empresa cumpre coa normativa ambiental.

d) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención e un contrato de prevención de riscos laborais.

e) Deberán ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación abondará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento. Non será necesario cumprir este requisito nas subvencións inferiores a 60.102 euros. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

f) Non poderán ser beneficiarios aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, punto 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

g) A súa razón social deberá estar establecida nalgún concello das zonas rurais indicadas no anexo III.

Artigo 4. Exclusións

Non será subvencionable:

a) A adquisición de terreos, edificacións e mobiliario.

b) A adquisición de maquinaria usada.

c) Os tributos recuperables polo beneficiario, coma o IVE.

d) A renovación de maquinaria que non implique incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción. Neste caso valorarase unicamente a diferenza de custo.

e) Os gastos de reparación e mantemento.

f) Os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro ou calquera outra figura análoga.

g) Os investimentos destinados á manipulación ou comercialización de produtos de países non comunitarios.

h) Investimentos destinados ao comercio polo miúdo.

i) Investimentos e actuacións con axudas financiadas con outros fondos que superen o 50 % de axuda total no caso de pequenas empresas e o 40 % de axuda total no caso de medianas empresas

k) Motoserras, rozadoras manuais e outras ferramentas manuais.

l) Os investimentos iniciados antes da solicitude de axudas ao abeiro da presente convocatoria e/ou sen constancia oficial de non terse iniciado con anterioridade á solicitude no caso de investimentos en parques intermedios.

Artigo 5. Importe das axudas

1. Os investimentos en bens de equipo, recollidos no artigo 2.2.a), terán unha subvención básica dun 30 %, que poderá incrementarse ata un máximo do 40 % dos gastos elixibles segundo os criterios indicados no anexo II.

Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial recollidos no artigo 2.2.b) subvencionaranse cunha axuda dun 40 % dos gastos elixibles.

2. Para determinar se se respetan as intensidades máximas de axuda hai que considerar o importe total das medidas de apoio público ao investimento, independentemente de se procede de fontes locais, rexionais, nacionais ou comunitarias. Unha axuda exenta en virtude do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, poderá acumularse con calquera outra axuda exenta en virtude do mesmo regulamento sempre que ditas medidas de axuda se refiran a custos subvencionables identificables diferentes.

3. Unha axuda exenta en virtude do Regulamento (UE) 651/2014 arriba referido non se acumulará con ningunha outra axuda exenta en virtude do mesmo regulamento ou con ningunha axuda de minimis que reúna as condicións establecidas no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, nin con ningún outro financiamento comunitario correspondente (parcial ou totalmente) aos mesmos custos subvencionables se tal acumulación supera a intensidade máis elevada ou o maior importe de axuda aplicable á dita axuda en virtude do dito regulamento.

4. A axuda total de minimis concedida a unha empresa determinada non será superior a 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. A axuda total de minimis concedida a unha empresa que opere no sector do transporte por estrada non será superior a 100.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Estes límites aplicaranse independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido e indistintamente de se a axuda concedida polo Estado membro está financiada total ou parcialmente mediante recursos de orixe comunitaria. O período determinarase tomando como referencia os exercicios fiscais utilizados pola empresa no Estado membro correspondente.

5. A axuda máxima por solicitante limitarase a 30.000 euros.

Artigo 6. Concesión das axudas

1. A concesión de axudas axustarase aos principios de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade, segundo o artigo 5.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A dispoñibilidade orzamentaria limitará o número de expedientes a aprobar.

2. Segundo o disposto nas zonas establecidas no Real decreto 752/2010, indicadas no anexo III desta orde, resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 19 da orde, segundo a zona onde radique a razón social do solicitante:

a) Grupo 1: zonas rurais de Lugo Central, As Mariñas e Terras de Santiago: 55,20 % do orzamento.

b) Grupo 2: zonas rurais de Montaña Lucense, Miño Central, Rías Altas e Arco Ártabro, Pontevedra Este e Terras do Miño e Pontevedra Norte e Rías Baixas: 36,60 % do orzamento.

c) Grupo 3: zonas rurais de Depresións Ourensás e Terras do Sil, Lugo Sur e Costa da Morte e Rías Baixas do Norte: 8,20 % do orzamento.

Artigo 7. Baremación dos investimentos

Dentro de cada un dos grupos anteriores, establécese unha orde de prioridade segundo o seguinte baremo:

1. Ao abeiro do indicado no Real decreto 752/2010, os criterios de prioridade que se terán en conta son:

a) A contribución da actuación a superar unha debilidade estrutural ou a aproveitar unha potencialidade no sector. Valoraranse as empresas de nova creación (creadas nos 12 meses anteriores á publicación desta orde) con 20 puntos.

b) A contribución da actuación á vertebración e integración vertical da cadea de producción. Valoraranse as empresas coa cadea de custodia certificada nos últimos cinco anos ou con certificación anterior a cinco anos e que acheguen actualización da certificación con 50 puntos.

c) A contribución da actuación á mellora da calidade do produto e o valor engadido que repercuta directamente sobre a economía e a renda dos habitantes da zona. Valorarase o seguinte:

1º. Investimentos en equipos ou maquinaria de aproveitamento forestal de madeira, biomasa ou outros produtos forestais (procesadoras, cortadoras, colleitadoras de biomasa, etc), equipos de protección individual e instrumentos de medición de masas forestais, 50 puntos.

2º. Investimentos en equipos e implementos de desembosque de produtos forestais (tractocargadores, autocargadores, etc) e parques intermedios de rolla e biomasa, 40 puntos.

3º. Investimentos en equipos que permitan un primeiro tratamento dos produtos forestais no monte (asteladoras, empacadoras, etc), 30 puntos.

4º. Investimentos en implementos forestais de transporte por estrada (guindastres para plataforma, plataformas, adaptacións forestais, etc), 20 puntos.

5º. Outros investimentos en activos fixos relacionados cos aproveitamentos forestais (equipos informáticos, rozadoras, etc), 10 puntos.

d) A contribución á creación de emprego estable na zona, con particular valoración da capacidade e o compromiso de creación de emprego de mulleres, mocidade e persoas con discapacidade. Valorarase o seguinte:

1º. Creación dun ou máis postos de traballo fixos ou conversión de eventual a fixo, 20 puntos por cada posto ata un máximo de 2.

2º. Creación dun ou máis postos de traballo fixos ou conversión de eventual a fixo de mulleres, menores de 25 anos ou persoas con discapacidade, 30 puntos por cada posto ata un máximo de 2.

3º. Empresas con mulleres xerentes, na data de publicación desta orde, 50 puntos.

4º. Xerentes de idade inferior a 55 anos ou descendentes en activo na empresa, na data de publicación desta orde, 50 puntos.

e) As garantías e compromisos ambientais adoptados polo beneficiario. Valorarase ter contrato con xestor autorizado de residuos industriais con 20 puntos.

2. Puntuarán tamén no baremo os seguinte aspectos:

a) Por cada unidade resultante da aplicación da seguinte fórmula: [(V+T)/I] -1, onde V é o importe de vendas da empresa, T é o importe dos contratos de saca e I é o importe total dos investimentos obxecto de subvención, 10 puntos (ata un máximo de 60).

b) Empresas situadas en concellos desfavorecidos (anexo IV), 30 puntos.

c) Empresas establecidas nos concellos que estean comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal que define a Orde do 22 de marzo de 2012 pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (anexo V), 30 puntos.

Artigo 8º.- Selección dos investimentos que se vaian aprobar.

1. Aprobaranse os investimentos así ordenados ata esgotar o orzamento en cada zona. No caso de non esgotar todo o orzamento asignado a unha zona, poderase pasar o remanente a outra que o precise.

2. Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial recollidos no artigo 2.2.b) subvencionaranse xunto cos investimentos en activos materiais segundo estes se aproben en función do baremo. A inclusión dun investimento material como subvencionable dá dereito á inclusión como subvencionable de todos os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial, que cumpran os requisitos, presentados pola empresa.

3. En caso de empate na puntuación de corte, e que non haxa orzamento suficiente para conceder a subvención a todos os investimentos coa mesma puntuación, ordenaranse estes segundo as 4 últimas cifras do NIF da empresa, de maior a menor, e irase aprobando a subvención para estes investimentos ata esgotar o orzamento.

Artigo 9. Solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Documentación que se vai presentar para a solicitude

1. Os interesados deberán presentar a seguinte documentación dirixida á secretaria xeral de Medio Rural e Montes:

a) No caso de prever investimentos en acondicionamento de parques intermedios ou instalacións neles, deberá solicitar a comprobación de non inicio dos investimentos acompañando plano con indicación da localización do parque.

b) Solicitude, asinada polo representante legal da empresa ou persoa acreditada mediante poderes para actuar como representante legal, dirixida á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, segundo modelo que figura no anexo I desta orde. No caso de non estar asinada polo representante legal, deberá achegar documentación xustificativa da acreditación por parte da empresa.

c) Deberase achegar contrato, factura proforma ou similar de 3 provedores distintos, con indicación do prazo de entrega, salvo que, polas especiais características dos gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren.

O investimento subvencionable elixirase conforme criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta máis económica.

d) Certificación da condición de peme, segundo o anexo VI. Os empresarios autónomos deberán cubrir os apartados b) e) e f). Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos serán referidos aos do ano 2014 e os de persoal serán referidos ao mes anterior ao anterior ao da publicación da orde.

e) Memoria onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo VII da presente orde.

f) Ficha cos datos da empresa, segundo as distintas follas do anexo VIII, con todos os datos formalizados que procedan segundo o tipo de empresa e asinada na última folla.

g) Copia dos seguintes documentos:

1º. Último imposto de sociedades ou, no seu defecto, do IRPF.

2º. Copia cotexada do NIF do solicitante, no caso de ser unha persoa xurídica, ou do DNI, no caso de ser unha persoa física. Ao abeiro do Decreto 255/2008, as persoas físicas que consintan expresamente na solicitude a autorización de comprobación dos seus datos persoais por parte do órgano competente da Administración, a través de medios electrónicos, non terán que presentar a copia do DNI.

3º. Últimos TC1, TC2 e TC1/8 anteriores á publicación da orde ou certificado da seguridade social de non ter traballadores nos réxime xeral e/ou agrario.

4º. Último recibo de pagamento dos autónomos da empresa.

5º. Documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este. Os solicitantes que consintan expresamente na solicitude a autorización de consulta dos datos relativos ao IAE por parte do órgano competente da Administración, a través de medios electrónicos, non terán que presentar este documento.

6º. Póliza do seguro de responsabilidade civil e recibo actualizado.

7º. Contrato dun servizo de prevención de riscos laborais e recibo actualizado.

h) Documentación xustificativa da viabilidade da empresa, segundo o indicado no artigo 3.

i) No caso dos investimentos do artigo 2.2.b) (plans e ferramentas de xestión empresarial): memoria asinada detallada do contido que se vai desenvolver.

k) No caso de acondicionamento ou instalacións en parques intermedios:

1º. Plano asinado onde veña reflectida a situación do parque.

2º. Comunicación previa no concello.

l) No caso de investimentos para biomasa: contrato de subministración de biomasa ou xustificación documental de que o investimento está orientado a un aproveitamento comercial da biomasa.

m) No caso de sustitucións de investimentos: memoria razoada da necesidade e os beneficios esperados pola substitución.

2. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo: https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos .

Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo: http://emediorural.xunta.es/oav.

Artigo 11. Tramitación e concesión de axudas

1. A tramitación corresponde á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

Presentada a solicitude, revisarase e, no caso de que conteña defectos ou omisións, concederase un prazo de dez días hábiles para a súa emenda, coa indicación de que se non se fixese se terá por desistido da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 20.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. A notificación deste feito, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b), 60 e 61 da Lei 30/1992, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e, producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, á cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia. Se a instrución do procedemento o aconsellase, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web, pola notificación individualizada, de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

2. Todas as solicitudes presentadas polo mesmo solicitante serán consideradas como unha soa para efectos de tramitación. Non se exixirá a presentación dos documentos que consten en poder da Xunta de Galicia, debendo o solicitante indicar para iso o órgano e procedemento administrativo ante o que achegou tal documentación.

3. A Subdirección Xeral de Recursos Forestais, como órgano xestor, valorará as solicitudes de axuda seguindo os criterios regulados no artigo 7, e emitirá un informe con base no cal formulará a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Correspóndelle á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes resolver as solicitudes presentadas por delegación da conselleira do Medio Rural.

A resolución individual e motivada notificarase ao interesado.

5. O prazo máximo para resolver e notificar as resolucións é de 5 meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Unha vez transcorrido este prazo, as solicitudes que non tivesen unha comunicación de aprobación de axuda, poderán entenderse desestimadas, segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de que a Administración resolva.

6. Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar. O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes se o acto fose expreso. Se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto. Transcorridos os ditos prazos, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo sen perxuízo, se é o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Artigo 12. Documentación que hai que presentar para a solicitude de cobramento

Para a percepción dos pagamentos deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Solicitude de cobramento da subvención, (anexo IX).

b) Copias cotexadas das facturas orixinais, así como copias cotexadas dos documentos bancarios de pagamento.

c) Relación ordenada dos investimentos e os pagamentos efectuados (anexo XII).

d) Declaración do beneficiario sobre axudas solicitadas, concedidas e/ou obtidas para os mesmos investimentos, segundo o anexo X, cos datos actualizados.

e) No caso dos investimentos en preparación do proceso produtivo para a adaptación á cadea de custodia de madeira certificada e/ou normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial: declaración de axudas de minimis segundo o anexo XIII, cos datos actualizados.

f) Actualización da ficha cos datos da empresa, segundo o anexo VIII da Orde.

g) Memoria (anexo XI), na que se indicarán as actuacións executadas, as medidas correctoras implantadas e a súa importancia na actividade futura do beneficiario.

h) Xustificantes das accións recollidas no anexo II que se presentaron para incrementar a porcentaxe de axuda.

i) Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral do beneficiario desde o inicio do ano no que se solicitou a axuda ata a data de xustificación final dos investimentos, coa relación de traballadores e as datas de alta e baixa, ou certificado de non ter traballadores, se é o caso. Presentarase para os réximes xeral e agrario.

k) Últimos recibos dos autónomos da empresa anteriores á xustificación do cobramento.

l) Certificado de conformidade do provedor da factura presentada e do pagamento correspondente, onde figure o importe e a data da factura e do pagamento e o obxecto facturado claramente identificado, con marca, modelo e número de bastidor, e facendo constar que se trata dun equipo novo.

m) Específicas dos investimentos obxecto de subvención:

1º. Plans e ferramentas de xestión empresarial: informe de seguimento do plan con detalle das accións correctoras.

2º. Maquinaria móbil: certificado de homologación (ou, no caso de vehículos de rodas, ficha técnica e permiso de circulación) do conxunto máquina base -modificacións- apeiros instalados no que conste o ano de fabricación da máquina e seguro do vehículo ou de responsabilidade civil da empresa con indicación expresa do vehículo. Ademais, deberase presentar a mesma documentación dos equipos do mesmo tipo subvencionados anteriormente ou dos que os substituíron. Deberá tamén presentar certificado orixinal do fabricante do equipo subvencionado, con indicación do número de chasis e ano de fabricación, así como copia do facsímil do fabricante do número de chasis.

3º Vehículos e implementos de transporte de madeira por estrada: documentación indicada no punto anterior, tanto dos bens obxecto de subvención como dos equipos de saca que condicionan a súa subvención (non será necesario presentar certificado orixinal do fabricante do equipo subvencionado, con indicación do número de chasis e ano de fabricación, nin copia do facsímil do fabricante do número de chasis dos equipos de saca que condicionan a súa subvención).

4º. Parques intermedios de rolla ou biomasa: no caso de realizarse instalacións, deberán presentar certificado de fabricación e homologación e certificado de conformidade coa normativa ambiental e de seguridade industrial vixente das instalacións realizadas.

Artigo 13. Xustificación e procedemento de pagamento

1. Nas facturas deberá figurar claramente especificado o obxecto facturado e, no caso de maquinaria, deberán figurar os datos identificativos, marca, modelo e número de bastidor.

As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo, indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

2. Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

3. Con carácter excepcional, admitiranse pagamentos en metálico cando o seu importe, individual ou en conxunto por provedor, non supere os 1.000 €; neste caso o pagamento xustificarase mediante certificación expresa, asinada, datada e cuñada polo provedor, en que se faga constar a recepción do importe facturado e o medio de pagamento empregado, así como o compromiso do provedor de someterse ás actuacións de control e comprobación na súa contabilidade da realidade do pagamento. Esta certificación acompañará a factura preceptiva.

Para gastos que non superen os 300 € admitirase como xustificante de pagamento a factura asinada e selada polo provedor en que figure a expresión “recibín en metálico”.

4. Unha vez presentada a solicitude de cobramento realizarase a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados. Os equipos subvencionados non poderán comezar a traballar ata que se realice a dita inspección na comunidade autónoma de Galicia. O feito de que se comprobe na inspección que o equipo comezou a traballar ou que presente evidencias de que a máquina é usada, ocasionará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

5. Poderase solicitar calquera documentación adicional relacionada co investimento subvencionado en caso de dúbida sobre o cumprimento das condicións establecidas na presente orde.

6. Unha vez comprobada a documentación presentada e realizada a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados, a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes emitirá a correspondente proposta de pagamento.

7. O pagamento da porcentaxe adicional aos investimentos en activos produtivos, recollido no artigo 5, queda condicionado á execución das accións que incrementan a axuda e ao seu seguimento por parte da empresa.

Artigo 14. Modificación da resolución e reintegros da axuda

1. Se no transcurso da tramitación do expediente de axudas, o solicitante precisase introducir modificacións a este para unha mellor xestión empresarial, solicitará autorización da Consellería do Medio Rural e do Mar, xustificando as razóns do cambio e acompañando a oportuna actualización do expediente que recolla as variacións do proxecto orixinal. O prazo para solicitar a modificación da resolución será ata os dous meses anteriores á finalización do prazo para a xustificación dos investimentos. Poderanse modificar as resolucións individuais de axuda sempre que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas, sen que poida supor discriminación a terceiros.

A modificación realizarase mediante resolución da conselleira do Medio Rural e do Mar, logo de instrución do correspondente expediente de modificación e proposta motivada da Subdirección Xeral de Recursos Forestais, aplicando os criterios de selección do artigo 6º.

2. O incumprimento das condicións establecidas nesta orde e as indicadas na resolución de concesión de subvención, así como o encontrarse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda de dereito á axuda.

3. Serán causa de reintegro de subvención as circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. No caso de que se xustificasen investimentos por menor importe do aprobado, a subvención que se vaia pagar será proporcional aos investimentos xustificados, sempre que estes sexan susceptibles de avaliación independente e cumpran os fins previstos inicialmente.

5. Aplicarase unha penalización equivalente ao 20 % da axuda correspondente aos investimentos non xustificados, salvo que o beneficiario comunique a imposibilidade de executar estes investimentos cunha antelación superior a dous meses antes do remate do prazo de execución non prorrogado.

Esta penalización aplicarase tamén para as accións do anexo II non xustificadas.

6. No caso de que o importe xustificado polo beneficiario na solicitude de cobramento supere en máis dun 3 % o importe da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar, reducirase a maiores a axuda que se vaia percibir resultante da comprobación final na diferenza entre ambos os importes. Non obstante, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non subvencionable.

7. Se se descubre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de que se trate quedará excluída da axuda e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído das seguintes axudas durante o período de vixencia do PDRS

Artigo 15. Controis

1. A Consellería do Medio Rural e do Mar realizará os controis que considere oportunos co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas, en especial, a contabilidade e/ou a xestión técnico-económica da maquinaria e o cumprimento dos compromisos adquiridos coa concesión da subvención.

2. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas.

Artigo 16. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións consideradas na concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 18. Obrigas

1. O beneficiario da axuda está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. O beneficiario non poderá substituír os equipos subvencionados anteriormente polos equipos obxecto de subvención e deberá manter os investimentos subvencionados e os requisitos que condicionaron a obtención da axuda, durante un período mínimo de 5 anos, contado desde a data da resolución de concesión da subvención.

4. O beneficiario está obrigado a apuntar na contabilidade da empresa os movementos relativos ás subvencións percibidas, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia nos que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente, en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, en cuxo caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 20. Información e publicidade

Conforme o establecido no Real decreto 752/2010, do 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro Programa de desenvolvemento rural sustentable para o período 2010-2014, en aplicación da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, as pemes beneficiarias destas axudas deberán cumprir coa normativa sobre a publicidade do Plan de desenvolvemento rural sustentable.

Artigo 21. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta orde, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería do Medio Rural e do Mar/Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo San Caetano, San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou a través dun correo electrónico a: secretariaxeraltecnica.cmrm@xunta.es.

CAPÍTULO II
Convocatoria de axudas para 2015

Artigo 22. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2015 as axudas reguladas por esta orde. As solicitudes, documentación, condicións e procedemento de xestión das axudas serás as establecidas con carácter xeral nos artigos anteriores.

Artigo 23. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 24. Prazo de xustificación

O prazo de xustificación finalizará o 15 de setembro de 2015. Poderanse conceder prórrogas, de acordo co artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, logo de solicitude razoada realizada cunha antelación superior a dous meses antes do remate do prazo de xustificación.

Artigo 25. Financiamento

1. As axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 12.20.713B.770.1, código de proxecto 2012 00719, con 250.000 euros para o ano 2015. Este orzamento poderá verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. Esta convocatoria tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Deste xeito a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente, nos orzamentos da comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2015, no momento da resolución.

2. O orzamento distribuirase nos tres grupos das zonas rurais indicados no anexo III da seguinte forma:

a) Grupo I: 138.000 euros.

b) Grupo II: 91.500 euros.

c) Grupo III: 20.500 euros.

No caso de que non se esgote todo o orzamento nun dos grupos, pasarase o remanente para outra zona onde queden investimentos sen subvencionar por falta de dispoñibilidade orzamentaria.

3. Estas axudas financiaranse con cargo ao Plan de desenvolvemento rural sustentable, cunha achega do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 50 % e da Xunta de Galicia do 50 %.

Disposición adicional primeira

As axudas serán compatibles con outras que non teñan fondos da Unión Europea ou da Administración xeral do Estado ata un máximo de subvención global do 50 % do custo do investimento no caso de pequenas empresas e ata o 40 % do custo do investimento no caso de medianas empresas.

Disposición adicional segunda

De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición adicional terceira

No non previsto nesta orde observarase o disposto no Real decreto 752/2010, do 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro Programa de desenvolvemento rural sustentable para o período 2010-2014, en aplicación da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional cuarta

Estas axudas axustaranse ao establecido no artigo 14 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 26.6.2014, L187/1), excepto as axudas aos conceptos indicados no artigo 2.2.b)2º que se ampararán no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

Disposición adicional quinta

De acordo co Real decreto 752/2010, cando a actuación afecte un lugar da Rede Natura 2000 ou espazo natural protexido, a través da avaliación ambiental do Plan de zona, ou, no seu defecto, mediante unha resolución expresa do órgano competente para a súa xestión, deberase acreditar que non causa efectos negativos apreciables sobre os seus respectivos obxectivos ou normativa de conservación. Non serán cofinanciadas accións que podan causar danos importantes sobre a diversidade biolóxica e xeológica, a paisaxe rural, o solo ou a agua, e se teñan executado sen superar os procedementos ambientais aplicables ou incumprindo as medidas preventivas, correctoras e compensatorias establecidas.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o secretario xeral de Medio Rural e Montes para ditar cantos actos e instruccións estime oportunos para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde terá efectos o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2014

P.A. (Decreto 161/2014, do 26 de decembro; DOG do 30 de decembro)
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO II
Accións e porcentaxe de incremento da axuda

Accións que incrementan a axuda

(nos investimentos en activos fixos produtivos)

Incremento da axuda

Por cada curso de formación específico da actividade forestal cunha duración mínima de 20 horas, realizado por traballadores da empresa desde o 1.1./2010 (máximo 2 cursos)

1 %

Por dispor de contrato de externalización das garantías dos traballadores

1 %

Por pertenza a asociación profesional do sector

2 %

Por ter contrato con xestor autorizado de residuos industriais

3 %

Empresas coa cadea de custodia certificada nos últimos cinco anos ou con certificación anterior a cinco anos e que acheguen actualización da certificación

5 %

Plan de control da calidade e/ou mellora da xestión empresarial certificado por auditor autorizado

2 %

Empresas de comercialización conxunta

5 %

Por cada posto de traballo fixo creado ou convertido de eventual a fixo, ata un máximo de 2

1 %

Por cada posto de traballo fixo creado ou convertido de eventual a fixo, para mulleres, persoas de idade inferior a 25 anos ou persoas con discapacidade, ata un máximo de 2

2 %

Os cursos de formación deberán ter un recoñecemento oficial. Non se contabilizarán os propios dos plans de seguridade laboral. Para valorar os cursos de formación poderase achegar un compromiso mediante declaración xurada, acompañado de informe favorable da asociación sectorial ou organismo capacitado para a realización do curso. Os traballadores deberán estar en activo na empresa.

As empresas de nova creación poderán achegar compromiso de realización das accións.

Plans de adaptación á cadea de custodia e de mellora da xestión empresarial: no momento da solicitude bastará contrato ou orzamento comercial da acción e memoria en detalle do contido que se vai desenvolver.

Só puntuará a creación dos postos de traballo fixo na empresa ou a conversión de eventual a fixo que se faga a partir da data de publicación da orde. Para a súa valoración poderase presentar un compromiso mediante declaración xurada.

Estas accións serán comprobadas na inspección final, analizando se efectivamente foron incorporadas ó funcionamento normal da empresa. A non execución será penalizada de acordo co indicado no artigo 11.5.

ANEXO III
Cadro de zonas rurais do PDRS coa relación de concellos que as integran

Grupo 1:

Zona rural

Provincia

Concellos e entidades locais menores

Lugo Central

Lugo

Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Corgo (O), Cospeito, Friol, Guitiriz, Incio (O), Láncara, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, Páramo (O), Pasatoriza (A), Portomarín, Rábade, Samos, Sarria, Triacastela, Vilalba e Xermade.

As Mariñas

Lugo

Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Ourol, Pontenova (A), Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Valadouro (O), Vicedo (O), Viveiro e Xove.

Terras de Santiago

A Coruña

Ames, Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cerceda, Dodro, Frades, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, Padrón, Pino (O), Rois, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.

Grupo 2:

Zona rural

Provincia

Concellos e entidades locais menores

Montaña Lucense

Lugo

Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Fonsagrada (A), Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Nogais (As), Pedrafita do Cebreiro, Pol, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín e Riotorto.

Miño Central

Ourense

Allariz, Amoeiro, Arnoia (A), Avión, Baños de Molgas, Barbadás, Beade, Beariz, Boborás, Bola (A), Carballeda de Avia, Carballiño (O), Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Coles, Cortegada, Esgos, Gomesende, Irixo (O), Leiro, Maceda, Maside, Melón, Merca (A), Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Padrenda, Pereiro de Aguiar (O), Peroxa (A), Piñor, Pontedeva, Punxín, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Taboadela, Toén, Verea, Vilamarín, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Rías Altas e Arco Ártabro

A Coruña

Abegondo, Aranga, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Cambre, Capela (A), Cariño, Carral, Cedeira, Cerdido, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Fene, Irixoa, Laracha (A), Mañón, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Neda, Ortigueira, Oza dos Ríos, Paderne, Pontedeume, Pontes de García Rodríguez (As), Sada, San Sadurniño, Somozas (As), Valdoviño, Vilamaior e Vilasantar.

Pontevedra Este e Terras do Miño

Pontevedra

Arbo, Campo Lameiro, Cañiza (A), Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Guarda (A), Lama (A), Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Neves (As), Oia, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Ponteareas, Porriño (O), Rosal (O), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño e Tui.

Pontevedra Norte e Rías Baixas

Pontevedra

Agolada, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, Dozón, Estrada (A), Grove (O), Illa de Arousa (A), Lalín, Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Rodeiro, Sanxenxo, Silleda, Valga, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa.

Grupo 3:

Zona rural

Provincia

Concellos e entidades locais menores

Lugo Sur

Lugo

Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra de Brollón (A), Saviñao (O), Sober e Taboada.

Depresións Ourensás e Terras do Sil

Ourense

Baltar, Bande, Blancos (Os), Calvos de Randín, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Cualedro, Entrimo, Gudiña (A), Laza, Lobeira, Lobios, Manzaneda, Mezquita (A), Montederramo, Monterrei, Muíños, Oímbra, Parada de Sil, Pobra de Trives (A), Porqueira, Rairiz de Veiga, Riós, San Xoan de Río, Sandiás, Sarreaus, Teixeira (A), Trasmirás, Verín, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia.

Costa da Morte e Rías Baixas do Norte

A Coruña

Baña (A), Boiro, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Outes, Pobra do Caramiñal (A), Ponteceso, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

ANEXO V
Concellos comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal

Provincia

Concellos

Ourense

Arnoia (A), Baltar, Bande, Beade, Blancos (Os), Bola (A), Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Celanova, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Gudiña (A), Laza, Lobeira, Lobios, Melón, Mezquita (A), Monterrei, Muíños, Oímbra, Padrenda, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, Trasmirás, Verea

Pontevedra

Arbo, Baiona, Crecente, Gondomar, Guarda (A), Neves (As), Nigrán, Oia, Rosal (O), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file