Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2589

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas aos investimentos a bordo de buques pesqueiros, selectividade e rendemento enerxético, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (FEP), e se convocan axudas para 2015, tramitada como anticipada de gasto.

O Regulamento (CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, establece o marco de apoio comunitario en favor do desenvolvemento sustentable do sector pesqueiro, das zonas de pesca e da pesca interior. Este regulamento establece ademais a obriga dos estados membros de adoptar un plan estratéxico nacional para o sector pesqueiro e un programa operativo coherente co plan estratéxico para aplicar as políticas e prioridades que deba cofinanciar o Fondo Europeo de Pesca (FEP).

Segundo a Decisión C (2012)9373 de execución, da Comisión, que modifica a Decisión C(2007)6615, a taxa media de cofinanciamento do FEP é dun 75 % en todas as medidas.

Ao abeiro do citado regulamento, a Consellería do Medio Rural e do Mar tramita mediante a presente orde o procedemento para a concesión das axudas aos investimentos a bordo de buques pesqueiros, selectividade e rendemento enerxético, e publica conxuntamente a convocatoria para o ano 2015 e máis as bases reguladoras co fin de facilitar aos interesados a consulta destas.

De acordo co artigo 55 do Regulamento (CE) 1198/2006 e demais normativa de aplicación, para poder acollerse á contribución con cargo ao Fondo Europeo de Pesca os gastos subvencionados mediante esta orde terán que estar pagados polos beneficiarios, xustificados e certificados á Comisión Europea antes do 31 de decembro de 2015.

O artigo 1.1 da Orde do 11 de febreiro de 1998 (DOG número 34, do 19 de febreiro) sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG número 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG número 209, do 29 de outubro), establece que os expedientes de gasto relativos a subvencións se poderán iniciar sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, sempre que exista crédito axeitado e abondo no proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma aprobado polo Consello da Xunta de Galicia que corresponda ao exercicio orzamentario en que se vai materializar a contraprestación.

O artigo 3.3 estende expresamente esta posibilidade de tramitación anticipada aos expedientes relativos ás bases reguladoras ou convocatorias de axudas derivadas da aplicación de regulamentos comunitarios con financiamento procedente de fondos europeos, sempre que exista regulación das axudas pola Unión Europea ou de ámbito estatal ditada en desenvolvemento ou transposición dela e existan compromisos de financiamento destinados á aplicación das correspondentes medidas.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas aos investimentos a bordo de buques pesqueiros, selectividade e rendemento enerxético, ao abeiro do Regulamento (CE) 1198/2006, e establecer a convocatoria para o ano 2015.

Artigo 2. Finalidade das axudas

A finalidade destas axudas é a de contribuír á modernización da frota pesqueira galega mediante o financiamento de investimentos a bordo dos buques pesqueiros sempre que estes investimentos poidan servir para mellorar a seguridade a bordo, as condicións de traballo, a hixiene, a calidade dos produtos, o rendemento enerxético e a selectividade, sempre que iso non aumente a capacidade pesqueira dos buques, así como a substitución dos motores, as artes de pesca e aqueloutros investimentos que reduzan os descartes, o impacto da pesca no ecosistema mariño e aqueles que protexan as capturas e as artes dos depredadores salvaxes.

Artigo 3. Crédito orzamentario

1. Para o ano 2015 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 12.30.723A.770.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. O importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario será de 1.000.000,00 de euros.

2. O período de elixibilidade do actual programa operativo (2007-2013), abrangue desde o 1 de xaneiro de 2007 ata o 31 de decembro de 2015, segundo dispón o artigo 55.1 do Regulamento (CE) nº 1198/2006.

3. O importe fixado na presente convocatoria, así como as aplicacións a que se impute, poderase ampliar no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos e coas condicións establecidas no número 2 do artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto.

4. A presente convocatoria tramítase polo procedemento anticipado de gasto. A concesión das axudas estará sometida á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e abondo no momento da resolución.

5. As axudas mencionadas contan co financiamento do FEP nun 75 % e do Estado membro nun 25 %.

Artigo 4. Requisitos dos beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios os propietarios de buques pesqueiros da 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques que cumpran os seguintes requisitos:

a) O buque para o que se solicita o investimento ten que ter cinco anos ou máis, ter o seu porto base na Comunidade Autónoma galega e atoparse inscrito no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Censo de Frota Pesqueira Operativa.

Para os efectos desta orde, para calcular a idade do buque tomarase como data de inicio a de entrada en servizo do devandito buque e como data final o día en que remate o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria correspondente.

b) Ter a correspondente resolución de autorización para realizar os investimentos solicitados naqueles casos en que esta sexa necesaria.

Será necesaria a autorización para aquelas obras do buque que dean lugar á variación das características de manga, puntal, eslora total, eslora entre perpendiculares e material do casco, así como tamén para os cambios de motor propulsor ou potencia auxiliar do buque, modificación dos tanques de combustible e calquera outra reforma que poida afectar a estabilidade ou navegabilidade do buque.

c) No caso de buques cuxa primeira venda dos produtos que captura sexa en fresco e, polo tanto, obrigatoria en lonxa, o volume de vendas que se obteña da suma das notas de venda durante o ano anterior ao da convocatoria deberá ser superior ao 50 % da media obtida para ese porto base e polo tipo de frota segundo as agrupacións recollidas no número 2 do artigo 15 desta orde.

d) No caso de buques para os que a primeira venda dos produtos que captura non sexa obrigada en lonxa, o buque debe dispoñer da autorización para realizar a devandita venda.

2. Os beneficiarios da axuda deben estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Tampouco poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas que teñan unha sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira, nin as que participen na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, para o cal deberán cubrir o anexo IV.

5. Será requisito para ser beneficiario que o solicitante, para o buque para o que solicita axuda, teña constituído un seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.

Artigo 5. Obrigas dos beneficiarios

Os beneficiarios destas axudas están obrigados a:

a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto, e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación.

b) Manter a propiedade do buque durante un período mínimo de cinco anos contados a partir do último pagamento da subvención. Se durante este período o beneficiario pretendese allealo, deberá xustificar tal petición á Consellería do Medio Rural e do Mar que, tras requirir a documentación que xulgue necesaria, en caso de autorizalo, resolverá cos condicionantes que considere oportunos. A transmisión non poderá dar lugar, en ningún caso, a un enriquecemento por parte do beneficiario da axuda.

Se o beneficiario é unha pluralidade de persoas sen personalidade xurídica propia, a agrupación non poderá disolverse ata que transcorran cinco anos desde o pagamento da axuda, aplicando o establecido no parágrafo anterior.

c) Manter o buque pesqueiro nun porto base da Comunidade Autónoma de Galicia durante un período mínimo de 5 anos contados desde a data contable do último pagamento da subvención.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar o órgano concedente ou calquera outra comprobación ou control financeiro que poidan realizar a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou calquera outro órgano de control competente, tanto nacional como comunitario, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.

g) Comunicarlle á consellería a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privados.

h) Comunicarlle á Consellería do Medio Rural e do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.

i) Acreditar, mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

j) Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

k) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos.

Artigo 6. Investimentos obxecto de subvención

1. Poderán ser elixibles ao abeiro desta orde os investimentos que se realicen a bordo dos buques e que teñan as seguintes finalidades:

a) Mellora da seguridade a bordo do buque.

b) Mellora das condicións de traballo.

c) Mellora das condicións de hixiene.

d) Mellora da calidade dos produtos.

e) Mellora da selectividade.

f) Substitución do motor cos condicionantes do artigo 7 desta orde.

g) Substitución das artes de pesca por outras máis selectivas cos condicionantes do artigo 8 desta orde.

h) Mellora do rendemento enerxético (substitución de motor auxiliar).

i) Mellora do rendemento enerxético distinta da letra h), que acade: optimizar a xeración de enerxía en relación coa súa demanda no buque, o aproveitamento da enerxía residual, así como aqueles investimentos que reduzan o consumo de combustible no buque.

2. Tamén poderán ser elixibles aqueles investimentos que:

I) Permitan a conservación a bordo das capturas en que o seu descarte non estea autorizado.

II) Reduzan o impacto da pesca en especies non comerciais.

III) Reduzan o impacto da pesca nos ecosistemas e fondos mariños.

IV) Protexan as capturas e as artes dos depredadores salvaxes, sempre que non aumenten o esforzo pesqueiro nin se prexudique a selectividade das artes de pesca e se adopten todas as medidas adecuadas para evitar que se lles produzan danos físicos aos depredadores.

3. Non se concederá ningunha axuda para o aumento da capacidade ou habilidade pesqueira.

4. Tampouco se concederá ningunha axuda para o aumento de capacidade das adegas, nin para aqueles investimentos non previstos no proxecto presentado coa solicitude de axuda; nin para aqueles que supoñan a conservación, substitución ou reparación de elementos salvo que comporte unha mellora substancial nestes.

5. Os investimentos ou gastos para os que se solicita a axuda non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio dalgunha das maneiras indicadas no artigo 9. Cando o non inicio se acredite mediante declaración responsable, a data de referencia non poderá ser anterior á apertura do prazo de presentación de solicitudes. Con carácter excepcional, poderanse subvencionar investimentos realizados antes da apertura do prazo de presentación de solicitudes sempre que previamente se autorice e se efectúe a comprobación do non inicio anticipada de acordo co número 6 do artigo 9.

6. Non serán subvencionables aqueles investimentos en que o importe da axuda resulte inferior a 600 euros.

Artigo 7. Condicións específicas para os investimentos en cambios de motor

1. Durante todo o período de vixencia do FEP poderase subvencionar un só cambio de motor por buque, sempre que:

a) Nos buques de eslora total inferior a 12 metros que non utilicen artes de arrastre das indicadas no cadro 3 do anexo I do Regulamento da Comisión Europea, do 30 de decembro de 2003 (R CE 26/2004), a potencia do novo motor sexa igual ou inferior á do motor antigo.

b) Nos buques cunha eslora total que non supere os 24 metros e non estean recollidos na letra a), a potencia do novo motor sexa inferior nun 20 %, como mínimo, á do motor antigo.

c) Nos buques de arrastre cunha eslora total que supere os 24 metros, a potencia do novo motor sexa inferior nun 20 %, como mínimo, á do motor antigo, o buque sexa obxecto dun plan de salvamento e reestruturación dos indicados no artigo 21.1.f) do FEP e opte por un método de pesca que consuma menos combustible.

2. A redución do 20 % na potencia do motor poderá ser acadada por un grupo de buques cuxa eslora total supere os 12 metros, cos seguintes requisitos para todos os buques integrantes dos grupos:

a) Identificación individual de cada buque.

b) Que pesquen na mesma zona de xestión.

c) Que utilicen a mesma arte de pesca principal, segundo a enumeración do apéndice III, sección C, do Regulamento (CE) 1639/2001 da Comisión.

d) O número de buques integrantes do grupo non superará os 50.

Artigo 8. Condicións específicas para os investimentos nas artes de pesca

Poderán ser obxecto de subvención os investimentos nas artes de pesca coas seguintes condicións:

1. Durante todo o período de vixencia do FEP poderán ser subvencionadas como máximo dúas substitucións nas artes de pesca selectivas, sempre que o buque cumpra algún dos dous requisitos seguintes:

a) Estar incluídos nun plan de axuste do esforzo pesqueiro dos indicados no artigo 21, letra a), inciso i), do Regulamento base do FEP, estea modificando o seu método de pesca e estea abandonando a pesqueira en cuestión para trasladarse a outra na cal o estado dos recursos permita o exercicio das actividades de pesca.

b) Que a nova arte sexa máis selectiva e se axuste a criterios e prácticas ambientais recoñecidas máis estritos que as obrigas existentes no marco da normativa comunitaria.

2. Tamén poderá ser subvencionada a primeira substitución da arte de pesca co fin de:

– Garantir que se axuste aos novos requisitos técnicos en materia de selectividade estipulados na lexislación comunitaria e ata que os devanditos requisitos se fagan obrigatorios.

– Reducir o impacto da pesca en especies non comerciais.

3. Ademais, deberán estar en posesión das autorizacións oportunas, de ser o caso.

Artigo 9. Certificación de non inicio

1. O non inicio acreditarase mediante certificación dos servizos da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Quedan exentas do anterior aquelas solicitudes en que o investimento declarado polo interesado sexa igual ou inferior a 6.000 € e se refira a instalacións de equipamentos que non requiran a autorización desta consellería. Nestes casos o non inicio do investimento acreditarase presentando no momento da solicitude unha declaración responsable de que os investimentos non foron iniciados xunto coa factura ou facturas pro forma.

En todo caso, os investimentos que se refiran a obras precisarán da acta de non inicio realizada polos servizos da Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. As xefaturas territoriais correspondentes convocarán os solicitantes con antelación suficiente para a realización das actas de non inicio.

Poderanse realizar convocatorias colectivas fixando una data, un lugar e unha hora para a súa realización. Esta convocatoria expoñerase nos taboleiros de anuncios dos departamentos territoriais da consellería e da confraría de pescadores correspondente.

3. Para a realización das actas de non inicio, o interesado deberá poñer os medios necesarios que faculten a devandita inspección, asumindo os gastos que deriven dela.

4. Non obstante o indicado no punto 1 deste artigo, por causas xustificadas poderase solicitar á xefatura territorial correspondente da Consellería do Medio Rural e do Mar, e acordar, por resolución do xefe territorial, a realización da certificación do non inicio por outros servizos:

4.1) No caso de que as obras se realicen noutra comunidade autónoma ou o buque se atope noutra comunidade no momento de realización da acta, esta certificación poderá ser emitida polos servizos correspondentes desa comunidade autónoma.

4.2) Para as obras que se realicen no estranxeiro, esta certificación poderá ser emitida por entidade ou organismo habilitado, feito que deberá estar debidamente acreditado coa inescusable intervención das autoridades españolas correspondentes (embaixada, consulado ou outras con capacidade para realizala).

A resolución pola que se autorice a emisión da acta de non inicio por outros servizos fixará o prazo límite para a súa presentación.

5. Cando o buque se atope nalgún porto fóra do territorio nacional, e sempre que concorran causas xustificadas e motivadas, a persoa titular da Secretaría Xeral do Mar poderá autorizar que a persoa ou persoas por ela designadas se despracen ata onde se atope o buque para realizar a visita in situ e posterior certificación de non inicio, e correrá cos gastos do devandito desprazamento o solicitante da axuda.

6. Se for necesario realizar as obras antes do inicio da data de presentación de solicitudes da convocatoria anual correspondente, de forma excepcional poderase facer unha certificación de non inicio antes de que as obras comecen, nos seguintes termos:

– A solicitude dirixirase á xefatura territorial, xuntando una memoria que xustifique a necesidade de realización do investimento e, cando proceda, a acreditación documental das circunstancias aducidas. Deberá ir acompañada das facturas pro forma, catálogo ou proxecto.

– A documentación remitirase por parte da xefatura territorial á Secretaría Xeral do Mar que, despois da súa análise, informará sobre a excepcionalidade da realización do investimento.

– A xefatura territorial, co informe vinculante anterior, acordará sobre a procedencia da realización da acta de non inicio anticipada.

Esta acta de non inicio anticipada, se for necesaria, será de obrigado cumprimento para todos os interesados, incluídos os de investimentos iguais ou inferiores a 6.000 € aínda que non inclúan obras.

Artigo 10. Tipo e contía das axudas

1. As axudas reguladas nesta orde teñen o carácter de subvencións de capital.

2. Para os buques iguais ou maiores de 12 m de eslora total, a porcentaxe máxima de contribución pública das axudas poderá ser igual ou menor ao 40 % do total dos gastos elixibles, de acordo co establecido no anexo II do Regulamento do FEP. No caso de cambios de motor, o importe da axuda será como máximo un 20 % do gasto elixible.

3. Para os buques de menos de 12 m de eslora total, a porcentaxe máxima de contribución pública das axudas poderá ser igual ou menor ao 60 % do total dos gastos elixibles de acordo co establecido no anexo II do Regulamento do FEP, excepto para os cambios de motor, que poderá ser igual ou menor ao 40 %.

4. O importe do investimento subvencionable será o que se obteña da valoración das obras ou investimentos con criterios técnico-económicos, obxectivos e homoxéneos, de acordo cos informes emitidos ao abeiro do convenio existente entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos.

Serán desestimadas aquelas solicitudes en que o importe da axuda resultante do investimento subvencionable sexa inferior a 600 €. Igualmente, non se procederá ao pagamento daquelas axudas cuxo importe final que haxa que pagar sexa inferior a esa cantidade.

5. Terán a consideración de buques de pesca costeira artesanal aqueles buques pesqueiros de eslora total inferior a 12 metros, que non utilicen as artes de arrastre previstas no anexo I do Regulamento (CE) 26/2004 da Comisión, do 30 de decembro de 2003.

6. O gasto máximo elixible en todo o período de vixencia do FEP será o 50 % (o 75 % no caso de buques da pesca costeira artesanal) do valor que lle correspondería ao buque por paralización definitiva durante o primeiro ano de programación do Fondo Europeo de Pesca. Os investimentos en seguridade non computarán para os efectos da aplicación deste límite.

7. Procederá a devolución proporcional das axudas concedidas se o buque é dado de baixa do Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia ou do Censo da Frota Pesqueira Operativa dentro do prazo de cinco anos contados desde a data do último pagamento da axuda. O exposto anteriormente non será aplicable aos buques achegados como baixa perdidos definitivamente en accidente.

Artigo 11. Compatibilidade das axudas

1. As axudas establecidas nestas bases reguladoras serán compatibles con calquera outra concedida por outras administracións públicas ou por entidades públicas ou privadas, sempre que non teñan financiamento parcial ou total de fondos procedentes doutro instrumento financeiro comunitario e a suma total das axudas non supere a porcentaxe máxima fixada no Regulamento (CE) 1198/2006 para a contribución pública.

2. No suposto de que a suma de todas as axudas supere os ditos límites, procederase, por resolución do órgano concedente, á minoración da axuda concedida.

3. O investimento do proxecto, sumadas todas as subvencións, non poderá ser superior ao prezo de mercado.

Artigo 12. Prazo de presentación das solicitudes e documentación necesaria (anexos normalizados e documentación complementaria)

1. Para esta convocatoria de 2015 o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

As solicitudes deberán ir dirixidas á Xefatura de Coordinación da Área do Mar correspondente en función da provincia a que pertenza o porto base do buque, a excepción dos buques con porto base en Cariño, Cedeira e O Barqueiro, que deberán ir dirixidas á Xefatura de Coordinación da Área do Mar de Lugo en Celeiro (Viveiro).

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel (en orixinal e dúas copias) en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, superase os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

6. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. A solicitude e demais anexos normalizados está formada por:

– Anexo I desta orde, relativo ao modelo de solicitude de axuda.

– Anexo III, formulario das obras de investimento, debidamente cuberto nas correspondentes epígrafes de investimentos elixibles coa indicación do custo máximo previsto, sen IVE, e coa memoria xustificativa da subvencionabilidade dos investimentos.

– Anexo IV, declaración responsable relativa a pagamento de sancións, pesca ilegal e seguro de danos a terceiros.

– Só no caso de que o buque poida obter puntos polo establecido no artigo 15, punto 3, desta orde, deberá cubrir o anexo V, marcando o que proceda.

– Só no caso de que os solicitantes sexan una pluralidade de persoas físicas:

– Anexo VI. Declaración responsable coa porcentaxe de participación e a autorización para a consulta dos datos de identidade.

– Anexo VII. Compromiso de execución e de non disolución da agrupación ata que transcorran cinco anos desde o último pagamento.

8. A documentación complementaria está formada por:

8.1. Acreditación da personalidade:

I. Se o solicitante é a persoa física propietaria do buque, copia cotexada do DNI só no caso de non autorización ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG núm. 221, 13 de novembro), e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG núm. 134, 10 de xullo).

II. Se o solicitante é unha persoa xurídica:

– Copia cotexada da tarxeta de identificación fiscal.

– Certificación rexistral actualizada na que figure a constitución da sociedade e os estatutos vixentes.

– Poder suficiente do representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.

– Copia cotexada do DNI do representante só no caso de non autorización do representante ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG núm. 221, do 13 de novembro), e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG núm. 134, 10 de xullo).

III. Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas, deberán presentar:

– Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.

– Copia cotexada do DNI de cada un dos propietarios da embarcación, só no caso de non achegar o anexo VI de autorización ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG núm. 221, do 13 de novembro), e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG núm. 134, do 10 de xullo).

– De habelo, NIF da comunidade de bens ou sociedade civil.

– Copia cotexada da escritura de constitución e a porcentaxe de participación de cada un dos seus membros, só no caso de non achegar o anexo VI. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación.

8.2. Autorización ou copia da solicitude de autorización para a realización do investimento previsto no caso de que esta sexa necesaria, sen prexuízo da achega da autorización previa a ditarse a proposta de resolución.

8.3. Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde) ou acreditación de tela solicitado, sen prexuízo da achega da folla de asento previa a ditarse a proposta de resolución.

8.4. Certificación actualizada do Rexistro de Bens Mobles, Sección de Buques, acreditativa da propiedade do buque ou solicitude da devandita certificación ante o Rexistro, sen prexuízo da achega da dita certificación previa a ditarse a proposta de resolución.

8.5. Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros no caso de execución de obras ou de 18.000 euros no caso de subministración de bens, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

8.6. Certificación do solicitante de que cada un dos investimentos non aumentan a habilidade pesqueira.

8.7. Facturas pro forma dos investimentos que se van realizar. Ademais, cando se trate de motores ou outros equipamentos: catálogos, especificacións e, de ser o caso, certificado de importación.

8.8. Só no caso de que o buque poida obter puntos polo establecido no artigo 15, punto 4, desta orde, deberá cubrir o anexo V e achegar a seguinte documentación:

– No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe I, será verificado de oficio pola Administración.

– No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe II, deberá achegar copia dos estatutos da asociación onde se recolle este feito ou compromiso ante notario.

– No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe III, copia cotexada do rol do buque.

– No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe IV, copia cotexada do convenio colectivo ou indicación do convenio a que estea adherido.

– No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe V, certificación da OP acreditativa deste aspecto.

– No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe VI, certificación da organización promotora da dita medida.

– No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe VII, copia cotexada do certificado da entidade facultada para acreditar este feito.

– No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe VIII, documentación en que quede perfectamente acreditado este feito.

– No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe IX, copia cotexada do contrato e documentación acreditativa da situación de discapacidade ou situación de exclusión social.

9. Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude para cada buque en cada convocatoria. No caso de que no prazo establecido se presentase máis dunha solicitude, terase en conta unicamente a presentada en último lugar, e declararase a inadmisión da(s) outra(s).

10. Considérase o mínimo imprescindible para a tramitación de solicitudes presentar os documentos seguintes:

– Anexo I asinado por persoa física; no caso de que quen asine o anexo I sexa o representante do(s) solicitante(s) deberá achegar tamén o poder en que conste tal representación.

– Anexo III debidamente cuberto nas epígrafes e coa memoria que xustifica a subvencionabilidade dos investimentos para cada un deles.

– Facturas pro forma dos investimentos que se van realizar. Ademais, cando se trate de motores ou outros equipamentos: catálogos, especificacións e, de ser o caso, certificado de importación.

– Autorización para a realización das obras obxecto de subvención ou copia da presentación da solicitude para realizar as devanditas obras, cando proceda.

– Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde) ou acreditación da presentación da súa solicitude no seu defecto.

A non presentación da devandita documentación nos termos descritos dará lugar á inadmisión da solicitude.

Artigo 13. Tramitación das solicitudes

1. Os servizos de Competitividade e Innovación Tecnolóxica das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar analizarán os expedientes e requirirán a emenda da documentación necesaria, de ser o caso.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a deficiencia ou remita os documentos preceptivos, salvo os considerados como documentación mínima imprescindible recollidos no punto 9 do artigo anterior.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se dará por desistido da súa solicitude. Non se aplicará o anteriormente exposto ás solicitudes que non veñan acompañadas da documentación mínima imprescindible sinalada no artigo 12.10, que non serán admitidas.

3. Sen prexuízo do sinalado no número anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total do investimento nin incluíndo novos conceptos para os cales solicita a axuda.

5. Os expedientes serán remitidos xunto cun informe ao respecto ao Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota que analizará os expedientes naqueles aspectos que non fosen analizados polos servizos periféricos, previamente á súa remisión á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte. O Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota, previamente á devandita remisión, poderá solicitar outros informes, se o considerase oportuno.

6. Sempre que se teñan en conta para a resolución das axudas aspectos distintos aos aducidos polos interesados daráselles a estes un trámite de audiencia con carácter previo á avaliación dos expedientes pola comisión de valoración.

7. Os expedientes que non cumpran coas exixencias destas bases ou da normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor que formulará a proposta de resolución desestimatoria ou de inadmisión, segundo o caso.

Artigo 14. Comisión de avaliación

1. Os proxectos que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente viables. A comisión de avaliación poderá considerar como non viables proxectos ou actuacións presentados e, consecuentemente, propoñer a non concesión da subvención.

Así mesmo, á vista das solicitudes presentadas, poderá establecer límites máximos de investimentos elixibles, tanto por beneficiario como por actuación ou concepto elixible.

2. A comisión poderá propoñer a non concesión da axuda cando o custo de adquisición proposto polo solicitante sexa superior ao valor de mercado e, para estes efectos, poderá pedir que a valoración dos investimentos solicitados sexa realizada por taxador independente debidamente acreditado e inscrito no rexistro oficial correspondente.

3. Os expedientes serán avaliados por unha comisión de avaliación constituída na Secretaría Xeral do Mar, que emitirá un informe ou unha acta co resultado da selección das solicitudes sometidas a avaliación e beneficiarias das axudas, que será incorporado ao expediente. No caso de que os investimentos teñan relación coas letras h) e i) do artigo 6.1 desta orde, a comisión emitirá una proposta de selección das solicitudes que queda condicionada á presentación dunha auditoría ou estudo enerxético por parte do interesado no prazo estipulado pola Administración. A presentación do devandito documento que acredite a mellora do rendemento enerxético, facultará a resolución de concesión de axuda aos beneficiarios.

4. No devandito informe figurarán de forma individualizada os solicitantes propostos para obter a subvención, ordenados segundo a puntuación acadada tras aplicar os criterios de selección do artigo 15, e o importe que lle corresponda a cada un deles facendo constar, de ser o caso, a condición a que se refire o punto anterior.

Establecerase, ademais, unha lista de reserva con aquelas solicitudes que, reunindo os requisitos, non acadaran a puntuación necesaria por falta de crédito.

5. No caso de que o crédito da convocatoria fose abondo para atender as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos para a concesión das axudas poderase prescindir do requisito de fixar unha orde de prelación entre aquelas, non sendo necesario que figure a avaliación individualizada de cada expediente. Neste caso poderanse realizar varias comisións de selección ao non ser necesario realizar unha análise comparativa das solicitudes.

6. A composición da comisión avaliadora será a seguinte:

a) Presidente: subdirectora xeral de Innovación Tecnolóxica.

b) Vogais: a xefatura do Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota e os xefes de servizo de Competitividade e Innovación Tecnolóxica de cada un dos departamentos territoriais. Un dos vogais da comisión actuará como secretario.

7. En caso de imposibilidade de asistir a algunha das sesións, os membros do órgano colexiado poderán ser substituídos pola persoa que designe o presidente.

O órgano colexiado precisará de, polo menos, a metade dos membros para a realización da avaliación.

8. A comisión de avaliación poderá traballar asistida dos asesores que considere conveniente, así como solicitar informes a expertos técnicos na materia.

9. O presidente da comisión de avaliación elevará a proposta de resolución desta ao órgano concedente, que ditará a correspondente resolución de concesión logo da preceptiva fiscalización do gasto.

Artigo 15. Criterios de selección

1. Os criterios de selección poderán modificarse en cada convocatoria durante a vixencia do FEP.

2. Para o ano 2015 os investimentos subvencionables valoraranse segundo o seguinte baremo, e tendo en conta o tipo de frota:

A) Frota de artes menores.

1º. Investimentos na mellora das medidas de seguridade: 80 puntos.

2º. Investimentos na mellora das condicións de hixiene ou na mellora da calidade dos produtos:

i) Substitución de madeira naquelas partes da embarcación ou noutros elementos que estean en contacto cos produtos da pesca por material impermeable e adecuado para o contacto cos produtos da pesca: 70 puntos.

ii) Sistemas que melloren a conservación dos produtos da pesca a bordo (no caso do peixe, habilitación da embarcación mediante un sistema non portátil para asegurar temperaturas próximas á fusión do xeo ou, no caso do marisco, que non afecte negativamente a súa inocuidade ou viabilidade): 70 puntos.

iii) Sistema de mellora da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros a bordo e outros investimentos distintos dos anteriores: 70 puntos.

3º. Mellora do rendemento enerxético, distinta da mera substitución do motor auxiliar, que acade optimizar á xeración de enerxía en relación coa súa demanda no buque, aproveitar a enerxía residual ou que reduza o consumo de combustible no buque: 61 puntos.

4º. Investimentos na mellora das condicións de traballo: 60 puntos.

5º. Investimentos do artigo 6.2 desta orde reguladora: 40 puntos.

6º. Investimentos na mellora da selectividade ou substitución das artes de pesca: 32 puntos.

7º. Substitución do motor: 12 puntos.

8º. Mera substitución do motor auxiliar como mellora do rendemento enerxético: 4 puntos.

B) Frota de cerco.

1º. Investimentos na mellora das medidas de seguridade: 80 puntos.

2º. Investimentos na mellora das condicións de hixiene ou na mellora da calidade dos produtos:

i) Substitución de madeira naquelas partes da embarcación ou noutros elementos que estean en contacto cos produtos da pesca por material impermeable e adecuado para o contacto cos produtos da pesca: 70 puntos.

ii) Sistemas que melloren a conservación dos produtos da pesca a bordo: 70 puntos.

iii) Sistema de mellora da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros a bordo e outros investimentos distintos dos anteriores: 70 puntos.

3º. Mellora do rendemento enerxético, distinta da mera substitución do motor auxiliar, que acade optimizar á xeración de enerxía en relación coa súa demanda no buque, aproveitar a enerxía residual ou que reduzan o consumo de combustible no buque: 61 puntos.

4º. Investimentos na mellora das condicións de traballo: 60 puntos.

5º. Investimentos do artigo 6.2 desta orde: 40 puntos.

6º. Investimentos na mellora da selectividade ou substitución das artes de pesca: 32 puntos.

7º. Substitución do motor: 10 puntos.

8º. Mera substitución do motor auxiliar como mellora do rendemento enerxético: 4 puntos.

C) Frota de arrastre litoral e arrastre en augas de Portugal.

1º. Investimentos na mellora das medidas de seguridade: 80 puntos.

2º. Investimentos na mellora das condicións de hixiene ou na mellora da calidade dos produtos pesqueiros: 70 puntos

3º. Investimentos na mellora da selectividade ou substitución das artes de pesca: 65 puntos.

4º. Investimentos do artigo 6.2 desta orde: 64 puntos.

5º. Mellora do rendemento enerxético, distinta da mera substitución do motor auxiliar, que acade optimizar á xeración de enerxía en relación coa súa demanda no buque: 63 puntos.

6º. Mellora do rendemento enerxético, distinta da mera substitución do motor auxiliar, que acade o aproveitamento da enerxía residual: 62 puntos.

7º. Mellora do rendemento enerxético, distinta da mera substitución do motor auxiliar, que reduza o consumo de combustible no buque: 61 puntos.

8º. Investimentos na mellora das condicións de traballo: 60 puntos.

9º. Mera substitución do motor auxiliar como mellora do rendemento enerxético: 12 puntos.

10º. Substitución do motor: 8 puntos.

D) Frota do caladoiro Cantábrico Noroeste distinta das anteriores.

1º. Investimentos na mellora das medidas de seguridade: 80 puntos.

2º. Investimentos na mellora das condicións de hixiene ou na mellora da calidade dos produtos pesqueiros: 70 puntos.

3º. Mellora do rendemento enerxético, distinta da mera substitución do motor auxiliar, que acade optimizar a xeración de enerxía en relación coa súa demanda no buque, aproveitar a enerxía residual ou que reduza o consumo de combustible no buque: 61 puntos.

4º. Investimentos na mellora das condicións de traballo: 60 puntos.

5º. Investimentos do artigo 6.2 desta orde: 40 puntos.

6º. Investimentos na mellora da selectividade ou substitución das artes de pesca: 32 puntos.

7º. Substitución do motor: 10 puntos.

8º. Mera substitución do motor auxiliar como mellora do rendemento enerxético: 4 puntos.

E) Frota de altura (pesqueira comunitaria).

1º. Investimentos na mellora das medidas de seguridade: 80 puntos.

2º. Investimentos na mellora das condicións de hixiene ou na mellora da calidade dos produtos: 70 puntos.

3º. Investimentos na mellora da selectividade ou substitución das artes de pesca: 65 puntos.

4º. Investimentos do artigo 6.2 desta orde: 64 puntos.

5º. Mellora do rendemento enerxético, distinta da mera substitución do motor auxiliar, que acade optimizar a xeración de enerxía en relación coa súa demanda no buque: 63 puntos.

6º. Mellora do rendemento enerxético, distinta da mera substitución do motor auxiliar, que acade o aproveitamento da enerxía residual: 62 puntos.

7º. Mellora do rendemento enerxético, distinta da mera substitución do motor auxiliar, que reduza o consumo de combustible no buque: 61 puntos.

8º. Investimentos na mellora das condicións de traballo: 60 puntos.

9º. Mera substitución do motor auxiliar como mellora do rendemento enerxético: 12 puntos.

10º. Substitución do motor: 8 puntos.

F) Frota de grande altura (pesqueira internacional).

1º. Investimentos na mellora das condicións de hixiene ou na mellora da calidade dos produtos: 70 puntos.

2º. Investimentos na mellora da selectividade ou substitución das artes de pesca: 65 puntos.

3º. Investimentos do artigo 6.2 desta orde: 64 puntos.

4º. Mellora do rendemento enerxético, distinta da mera substitución do motor auxiliar, que acade optimizar á xeración de enerxía en relación coa súa demanda no buque: 63 puntos.

5º. Mellora do rendemento enerxético, distinta da mera substitución do motor auxiliar, que acade o aproveitamento da enerxía residual: 62 puntos.

6º. Mellora do rendemento enerxético, distinta da mera substitución do motor auxiliar, que reduza o consumo de combustible no buque: 61 puntos.

7º. Investimentos na mellora das condicións de traballo: 60 puntos.

8º. Investimentos na mellora das medidas de seguridade: 50 puntos.

9º. Mera substitución do motor auxiliar como mellora do rendemento enerxético: 12 puntos.

10º. Substitución do motor: 8 puntos.

3. Ademais, engadiranse 5 puntos por cada un dos aspectos que a continuación se indican, para o cal deberán cubrir o anexo V co que proceda:

I. Naquelas frotas en que proceda, o buque é provedor habitual da marca de calidade «pescadeRías».

II. O armador ou propietario do buque ten acordos con outros armadores para a redución de custos de, polo menos, o buque para o cal solicita axuda.

III. O buque ten mulleres enroladas desde, polo menos, a data da presentación da solicitude.

IV. O buque ten asinado un convenio colectivo ou está adherido a algún existente.

V. O buque pertence a unha organización de produtores.

VI. O buque pertence a algunha organización promotora dalgunha medida de autorregulación (norma de extensión, etc.) nos últimos 3 anos.

VII. O buque ten implantado un sistema de xestión da calidade, seguridade alimentaria ou de xestión ambiental.

VIII. Polo menos nunha parte, o buque intervén na comercialización dos seus produtos pesqueiros.

IX. A empresa solicitante da axuda favorece a inserción laboral de discapacitados ou persoas en situación de exclusión social.

A Administración poderá requirir de oficio ao interesado a documentación que considere oportuna para a verificación destes feitos.

4. No caso de empate terá preferencia o buque de menor antigüidade. De seguir o empate, terán preferencia os que presentasen antes a solicitude de axuda.

En calquera caso, terán prioridade sobre o resto da frota os barcos de artes menores.

5. Terase en conta o Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia para a inclusión dos buques nas epígrafes indicadas no punto 2 deste artigo.

6. Para a concesión dunha axuda en que o investimento estea relacionado coa mellora do rendemento enerxético cómpre que o interesado presente unha auditoría ou estudo enerxético que xustifique a mellora do rendemento enerxético que supón o devandito investimento.

Artigo 16. Resolución e aceptación

1. A resolución das solicitudes correspóndelle á persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, que poderá delegar a dita competencia na persoa titular da Secretaría Xeral do Mar.

2. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución da axuda será de sete meses desde a data de publicación desta orde de convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Unha vez notificada a devandita resolución, o interesado terá un prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ao da súa notificación para a aceptación desta. Transcorrido este prazo sen producirse manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a axuda.

Artigo 17. Recursos

1. Contra a resolución expresa que se dite, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

2. Se transcorrido o prazo para resolver establecido no artigo 16 ao interesado non lle é notificada a resolución, entenderase desestimada por silencio negativo e caberá interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar no prazo de tres (3) meses ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis (6) meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte a que se produza o acto presunto.

3. Sen prexuízo do anterior, os interesados poderán exercer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Artigo 18. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención relativa á obtención concorrente de subvencións e axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou incumprimento dos prazos de realización das obras, variación do orzamento, cambio de beneficiario nos termos establecidos no punto 2 deste artigo ou calquera outro aspecto que se considere que afecta un aspecto substancial da resolución de concesión, poderá dar lugar á súa modificación ou á súa revogación.

2. Non se admitirá a subrogación dun novo propietario na condición de solicitante ou beneficiario das axudas, agás nos casos de enfermidade que dificulte ou imposibilite a realización desta actividade, sucesión mortis causa, adquisición da propiedade como consecuencia de procesos de disolución e liquidación de persoas xurídicas, operacións de fusión ou escisión parcial ou total de sociedades ou naqueloutros casos en que, a xuízo do órgano competente para a concesión das axudas, a transmisión da propiedade do buque e a subrogación do novo propietario na posición do solicitante ou beneficiario non desvirtúe a finalidade das axudas e non produza enriquecemento. En calquera caso, o novo beneficiario deberá cumprir os requisitos desta orde e asumir as obrigas derivadas da concesión.

Artigo 19. Actas de fin de obra

1. A realización do investimento xustificarase mediante a oportuna acta de fin de obra realizada polos servizos da consellería, logo de petición do beneficiario ante o Servizo de Competitividade e Innovación Tecnolóxica das xefaturas territoriais, que deberá formularse, polo menos, con 15 días de antelación á realización da acta.

2. Se as obras se realizan noutra comunidade autónoma ou no estranxeiro, ou o buque se atopa fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, no momento de realización da acta, aplicarase o establecido no artigo 9, punto 4, desta orde.

3. Para a realización das actas de fin de obra poderanse realizar convocatorias colectivas nos termos establecidos no artigo 9, punto 2, desta orde.

4. Exceptúanse dos puntos anteriores aqueles investimentos en que o importe da subvención sexa inferior a 9.000 €. Neste caso a realización do investimento xustificarase coas facturas e certificación bancaria dos pagamentos correspondentes ás ditas facturas, así como cunha declaración xurada do interesado de que o dito investimento foi realizado segundo a resolución de concesión.

5. A consellería poderá, en calquera momento, realizar as comprobacións que considere oportunas para verificar a efectiva e correcta realización dos investimentos antes mencionados.

6. Sen prexuízo da obriga de reintegro se, como consecuencia dunha comprobación posterior ou de calquera outra verificación, se constatar falsidade na declaración mencionada no punto 4, serán de aplicación as infraccións e sancións establecidas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

7. Con carácter excepcional e logo de solicitude do interesado, debidamente motivada, o secretario Xeral do Mar poderá autorizar a expedición da acta de fin de obra antes de que o interesado estea en posesión da resolución de concesión de axudas e precise realizar a obra.

Esta autorización non suporá ningún dereito nin ningunha prioridade para ser beneficiario da axuda.

Artigo 20. Prazos de execución, xustificación e pagamento

1. O prazo para a xustificación material e documental dos investimentos será o 31 de xullo de 2015. Este prazo será improrrogable. A realización dos investimentos fóra de prazo implicará a perda do dereito de cobramento das axudas concedidas.

2. Transcorrido o prazo indicado sen que o beneficiario presentase a documentación xustificativa, declararase decaído do seu dereito ao cobramento.

3. Para o pagamento da axuda é imprescindible o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o investimento obxecto da axuda estea realizado de conformidade coa resolución de concesión, integramente rematado e totalmente pagado. A acreditación da realización do investimento realizarase segundo o establecido no artigo 19 desta orde.

b) Que os beneficiarios estean ao día das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

4. Para o pagamento, o beneficiario deberá presentar, en orixinal e dúas copias, nas delegacións territoriais da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas a que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a seguinte documentación:

I) Anexo II, relativo á declaración doutras axudas e financiamento.

II) Facturas orixinais do investimento realizado, que poderán ser devoltas por pedimento do interesado, unha vez tomada razón de que foron usadas para xustificar a percepción de axudas do Fondo Europeo da Pesca. As facturas que, se é o caso, se entreguen ao beneficiario serán marcadas cun cuño no cal se indique o financiamento do FEP.

III) Certificación bancaria acreditativa dos pagamentos realizados correspondentes ás mencionadas facturas. Os certificados bancarios indicarán a factura ou facturas que soportan. Non se admitirán pagamentos en efectivo.

IV) Para a xustificación da substitución de artes de pesca, acreditación do depósito das artes substituídas para a súa retirada emitida por persoa competente do ente público Portos de Galicia ou por un xestor de residuos autorizado.

V) Se o importe da subvención é inferior a 9.000 €, declaración xurada nos termos establecidos no artigo 19, punto 4.

5. No caso de que o investimento fose xustificado por menor contía que a considerada como elixible inicialmente, minorarase a axuda na mesma proporción, sempre que esta minoración na xustificación da axuda non afecte aspectos fundamentais do proxecto e non supoña unha execución deficiente deste.

6. No suposto de falta de xustificación documental ou material, o beneficiario perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, segundo os casos.

Artigo 21. Reintegro das axudas

1. Procederá o reintegro total ou parcial da subvención concedida, así como os xuros de mora correspondentes desde o momento do pagamento da subvención e ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Ademais, será tamén causa de reintegro de acordo coas directrices comunitarias para o exame das axudas estatais no sector da pesca e da acuicultura (2008/C84/06) a comisión de infracción ao dereito comunitario polo beneficiario e, en especial, ás normas da política pesqueira común durante o período cuberto pola subvención. O reembolso das axudas será proporcional á gravidade da infracción cometida.

3. Para este procedemento de reintegro terase en conta o establecido no capítulo II do título II da Lei de subvencións de Galicia.

4. O beneficiario poderá devolver total ou parcialmente a subvención concedida sen o requirimento previo da Administración mediante o seu ingreso na conta de Abanca ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención. Neste caso, o beneficiario deberá presentar ante o órgano concedente unha copia xustificativa da devolución realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida

Artigo 22. Infraccións e sancións

Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, aos beneficiarios das axudas reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 24. Publicidade

En aplicación do establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención, coas excepcións previstas no dito artigo, de ser o caso.

Artigo 25. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación é autorizado polas persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a
secretariaxeraltecnica.cmrm@xunta.es.

Disposición adicional única

A competencia para resolver o procedemento de concesión das axudas está delegada na persoa titular da Secretaría Xeral do Mar de acordo co artigo 2, terceiro, da Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 30 de marzo de 2012 (DOG do 12 de abril) sobre delegación de competencias.

Disposición transitoria primeira

Unicamente para a convocatoria do ano 2015 terán validez as actas de non inicio realizadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2014, salvo no caso de renuncia expresa á solicitude ou concesión da axuda, non aceptación dela ou que se declarase decaído no dereito de cobramento.

Disposición transitoria segunda

Aqueles solicitantes aos que se lles conceda a axuda na convocatoria do ano 2014 e renuncien, non acepten ou se declaren decaídos no seu dereito de cobramento, serán inadmitidos na seguinte convocatoria.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a Secretaría Xeral do Mar para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira terceira

No non previsto nesta orde observarase o que establece o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e posteriores modificacións; o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os do seu regulamento de execución; no Regulamento 1198/2006, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira cuarta

Quedan sen efecto as bases reguladoras das axudas aos investimentos a bordo de buques pesqueiros, selectividade e rendemento enerxético aprobadas pola Orde do 28 de marzo de 2014 (DOG do 4 de xuño). Non obstante, seranlles aplicables as súas disposicións aos procedementos derivados de solicitudes presentadas ao abeiro da citada orde.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2014

P.A. (Decreto 161/2014, do 26 de decembro; DOG núm. 249, do 30 de decembro)
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file