Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4195

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de xaneiro de 2015 pola que se acepta a doazón efectuada por Graham Gussin á Comunidade Autónoma de Galicia para a súa exhibición e integración na colección do Centro Galego de Arte Contemporánea.

O 13 de marzo de 2014 recibiuse na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proposta asinada por Graham Gussin, coñecido polo nome artístico de Graham Gussin, mediante a cal formula unha oferta de doazón da obra titulada Intoxicated Boardroom, 2013, co fin de garantir a conservación, estudo e divulgación do dito ben.

Obxecto da doazón:

Obra en papel titulada Intoxicated Boardroom.

Ano: 2013.

Técnica: fotografía branco e negro. 100 ml. De vodka Moskovskaya e 50 ml de perfume La Fumeé dispersos polo cuarto, CGAC, 2013.

Medidas: 6 elementos de 43 × 30 cm c/u.

Edición: 1/3.

Número de arquivo do artista: sen numeración.

O 20 de marzo de 2014 o Centro Galego de Arte Contemporánea emitiu ditame valorativo da obra referida.

A proposta de doazón foi informada favorablemente por acordo do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia na sesión que tivo lugar o 9 de abril de 2014.

Na súa virtude, de acordo co disposto no artigo 56 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único

1. Aceptar, nos termos establecidos polo doador, a doazón dos bens relacionados.

2. Os bens depositaranse no Centro Galego de Arte Contemporánea de Galicia e será parte integrante da súa colección.

Disposición derradeira

A Secretaría Xeral de Cultura levará a cabo todos os trámites necesarios para a efectividade desta orde.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria