Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4197

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de xaneiro de 2015 pola que se acepta a doazón efectuada por Fernando Casás á Comunidade Autónoma de Galicia para a súa exhibición e integración na colección do Centro Galego de Arte Contemporánea.

O 26 de outubro de 2012 recibiuse na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proposta asinada por Fernando Estarque Casás, coñecido polo nome artístico de Fernando Casás, mediante o que formula unha proposta de doazón da obra titulada Minha Idade (primeira e derradeira folla da serie), 2004-2012 co fin de garantir a conservación, estudo e divulgación do dito ben.

Obxecto da doazón:

Obra en papel titulada Minha Idade (primeira e derradeira folla da serie).

Ano: 2004-2012.

Técnica: follas de papel offset A3 plus de 240 g/m2.

Medidas: dous elementos de 33 × 48,3 cm c/u.

Edición: única.

Número de arquivo do artista: sen numeración.

O 21 de marzo de 2013 o Centro Galego de Arte Contemporánea emitiu ditame valorativo da obra referida.

A proposta de doazón foi informada favorablemente por acordo do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia na sesión que tivo lugar o 6 de maio de 2014.

Na súa virtude, de acordo co disposto no artigo 56 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único

1. Aceptar, nos termos establecidos polo doador, a doazón dos bens relacionados.

2. Os bens depositaranse no Centro Galego de Arte Contemporánea de Galicia, e serán parte integrante da súa colección.

Disposición derradeira

A Secretaría General de Cultura levará a cabo todos os trámites necesarios para a efectividade desta orde.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria