Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4211

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2015 pola que se modifica a Resolución do 30 de decembro de 2014 pola que se acorda a publicación do orzamento para o exercicio do ano 2015.

Unha vez detectados erros na Resolución do 30 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 12, do 20 de xaneiro de 2015), pola que se acorda a publicación do orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio do ano 2015, e tendo en conta o establecido no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1998, do 13 de xaneiro, que dispón que as administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos, existentes nos seus actos, procede realizar a seguinte modificación:

Na páxina 2917, onde di: «O Consello Social da Universidade de Vigo, na reunión que tivo lugar o día 24 de decembro de 2014...», debe dicir: «O Consello Social da Universidade de Vigo, na reunión que tivo lugar o día 29 de decembro de 2014...».

Vigo, 22 de xaneiro de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo